Enquisa estrutural a fogares. Módulo xeral. Resumo de resultados
Resumo de resultados 29/12/2017 Datos correspondentes ao ano 2016
Introdución
A Enquisa estrutural a fogares é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dous módulos: un primeiro de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñado para recoller información sobre variables básicas, e un segundo de carácter específico.
Os principais obxectivos do módulo xeral da Enquisa estrutural a fogares son:
- Analizar e describir as características principais dos fogares galegos e as diferenzas existentes entre as distintas áreas territoriais galegas.
- Coñecer a contía dos ingresos dos fogares galegos e a súa tipoloxía, proporcionando información significativa sobre aqueles fogares cuns ingresos monetarios menores.
- Coñecer a contía dos gastos comúns dos fogares galegos e a súa relación con diversas variables socioeconómicas.
|
Composición dos fogares 
Información para Galicia e provincias
|
O día 31 de decembro de 2016 existían en Galicia 1.060.086 fogares, dos cales o 21,17% correspondían a persoas que vivían soas. A tipoloxía máis habitual é a formada por unha parella con fillos (32,34% do total de fogares). Por provincias, Lugo e Ourense son as que contan cunha menor porcentaxe de fogares desta tipoloxía, mentres que é onde a porcentaxe de fogares unipersoais é maior.
|
|
Fogares segundo a tipoloxía do fogar. Ano 2016 Porcentaxe (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
En Galicia existen 236.935 fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos, o que supón o 22,35% do total de fogares galegos. Con respecto ao ano anterior, o número de fogares deste tipo aumentou un 0,38%. Por provincias, Pontevedra é a que conta cunha menor porcentaxe de fogares deste tipo (19,24%) e no outro extremo atópase Ourense, onde o 29,76% dos fogares está formado por persoas de 65 ou máis anos.
|
Fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Ano 2016 Número de fogares, peso no total de fogares da provincia/Galicia (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
|
Fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Ano 2016 Peso no total de fogares da provincia/Galicia (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
En 815.721 fogares galegos, o 76,95% do total, non reside ningún mozo ou neno menor de 16 anos. A porcentaxe máis alta de fogares sen persoas menores de 16 anos dáse na provincia de Ourense (81,73%) e a máis baixa en Pontevedra (73,46%). Por outra banda, o 91,69% dos fogares da comunidade autónoma non conta con ningún neno menor de 5 anos.
|
Fogares segundo o número de persoas menores de 16 anos. Ano 2016 Porcentaxe (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
|
Fogares con algún menor de 5 anos. Ano 2016 Porcentaxe (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
O 63,79% dos mozos galegos de entre 18 e 34 anos vive cos pais. Dos mozos de 25 a 34 anos que viven cos pais, o 26,9% non ten ningún tipo de ingreso. Esta porcentaxe sobe ata o 56,53% entre os mozos de 18 a 24 anos.
|
Mozos que viven cos pais segundo a tipoloxía de ingresos. Galicia. Ano 2016 Persoas
Fonte: IGE (descarga da táboa)
Nota: "Outros ingresos" inclúe: "Ingresos de prestacións", "Ingresos de traballo e prestacións" e "Outros ingresos".
|
|
Mozos que viven cos pais. Galicia. Ano 2016 Porcentaxe (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Información para os sete grandes concellos galegos e por áreas
|
Dos sete grandes concellos de Galicia, Lugo é o que presenta unha maior porcentaxe de fogares formados por unha parella con fillos (un 35,76%).
Por outra banda, en Ferrol o 26,91% dos fogares está composto por persoas de 65 ou máis anos. No outro extremo atópase o concello de Pontevedra, onde esta porcentaxe é do 17,29%.
|
Situación demográfica nos grandes concellos. Ano 2016
Fonte: IGE (descarga da táboa)
Nota: a categoría "outro tipo" inclúe: "sen núcleo", "un núcleo e outros" e "varios núcleos".
|
Por áreas xeográficas, na área do sur de Ourense o 34,10% dos fogares está composto por persoas de 65 ou máis anos. No extremo oposto sitúase a área do Morrazo cun 17,07% de fogares desta tipoloxía. A área de Vigo é a que conta cunha maior porcentaxe de fogares con polo menos algún menor de 16 anos (27,73%).
|
Fogares con algún menor de 16 anos. Áreas. Ano 2016 Porcentaxe (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Áreas. Ano 2016 Porcentaxe (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Situación económica 
Información para Galicia e provincias
|
No ano 2016 o ingreso medio mensual dos fogares galegos situouse en 2.007 euros por fogar; aumenta un 3,99% respecto ao ano anterior. As catro provincias galegas rexistraron incrementos neste indicador económico entre 2015 e 2016, por riba dos catro puntos porcentuais en Ourense e en Pontevedra (neste último caso o ingreso medio mensual aumentou un 5,52%). Nas provincias da Coruña e de Lugo os aumentos interanuais situáronse por debaixo da taxa de crecemento media de Galicia: no 3,04% en Lugo e no 2,9% na Coruña.
A metade dos fogares galegos ingresa menos de 1.750 euros ao mes. Con respecto ao ano 2015, a mediana de ingresos rexistrou un aumento do 6,06%.
|
Media e mediana de ingresos mensuais. Ano 2016 Euros, porcentaxes (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Estrutura de ingresos dos fogares. Ano 2016 Porcentaxes (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
|
O 50,47% dos ingresos dos fogares galegos procede do traballo por conta allea, o 10,49% do traballo por conta propia, o 36,02% de prestacións e o 3,02% restante de rendas e outros ingresos. A Coruña e Pontevedra son as provincias con maiores porcentaxes de ingresos procedentes do traballo (62,42% e 62,59%, respectivamente) mentres que Lugo e Ourense son as que contan con maiores porcentaxes de ingresos procedentes de prestacións (39,43% e 43,08%).
|
Estrutura de ingresos dos fogares. Galicia Porcentaxes (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
|
A estrutura de ingresos dos fogares no ano 2016 é similar á do ano anterior. Con respecto ao ano 2015 produciuse unha lixeira diminución na porcentaxe de ingresos procedentes do traballo por conta allea (-0,37 puntos). A porcentaxe de ingresos procedentes do traballo por conta propia aumentou, pola contra, seis décimas (de 9,89% a 10,49% entre 2015 e 2016) e a porcentaxe de ingresos procedentes de prestacións diminuíu 0,33 puntos.
|
No 30,83% dos fogares galegos o 100% dos seus ingresos provén das prestacións. Na provincia de Ourense esta porcentaxe acada o 40,79%. Ademais, para o 43,53% dos fogares galegos as prestacións representan máis da metade dos seus ingresos.
|
Fogares nos que os ingresos por prestacións representan máis do 50%, 75% ou o 100% do total dos seus ingresos. Ano 2016 Porcentaxes (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
|
Fogares nos que os ingresos por prestacións representan o 100% do total dos seus ingresos. Ano 2016 Porcentaxes (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Limiar monetario de pobreza segundo a composición do fogar. Galicia. Ano 2016 Euros por fogar
Fonte: IGE (descarga da táboa)
No ano 2016 a taxa de risco de pobreza de Galicia diminuíu 0,89 puntos ata situarse no 16,06%. Esta taxa calcúlase como a porcentaxe de persoas cun ingreso equivalente inferior ao limiar de risco de pobreza, que se establece no 60% da mediana de ingresos equivalentes. Ao tomar ingresos equivalentes1 corríxese o efecto que produce o número de persoas do fogar no volume de ingresos. Para calcular as unidades de consumo asígnase un 1 ao primeiro adulto do fogar, 0,5 ao resto de adultos (persoas de 14 ou máis anos dese fogar) e 0,3 a cada neno do fogar (menores de 14 anos).
O limiar depende, polo tanto, do número de persoas que compoñen o fogar, así como da idade desas persoas. Para un fogar unipersoal o limiar en 2016 é de 638,68 euros/mes, mentres que para un fogar composto por dous adultos (1,5 unidades de consumo) o limiar é de 958,02 euros/mes (1,5*638,68).
Por provincias, a taxa máis alta corresponde a Ourense (19,35%) e a máis baixa á Coruña (13,39%). Con respecto ao ano 2016, diminúe a taxa de risco de pobreza nas provincias da Coruña e Pontevedra (en 0,23 puntos no primeiro caso e en 2,82 puntos no segundo), e aumenta nas provincias de Lugo e Ourense (na provincia de Lugo aumenta en 0,22 puntos porcentuais e na de Ourense en 1,37 puntos).
1Os ingresos equivalentes obtéñense dividindo os ingresos totais do fogar entre as unidades de consumo do fogar.
|
|
Taxa de risco de pobreza. Galicia e provincias. Ano 2016 Porcentaxes (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
Evolución da taxa de risco de pobreza. Galicia Porcentaxes (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Taxa de risco de pobreza ou exclusión social (Estratexia Europa 2020). Galicia Porcentaxes (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
|
A poboación en risco de pobreza ou exclusión social é a que se atopa nalgunha das seguintes situacións:
- En risco de pobreza
- En carencia material severa
- Persoas menores de 60 anos que viven en fogares sen ingresos de traballo ou con baixa intensidade de ingresos de traballo; é dicir, onde o número de días que os adultos de 18 a 59 anos dese fogar tiveron ingresos por traballo supón ata o 20% do número total de días que poderían telos durante o ano natural anterior á realización da enquisa
En 2016 o 20,33% da poboación residente en Galicia está en risco de pobreza ou exclusión social, o que supón unha diminución de 2,22 puntos respecto ao ano anterior. Por idades, este indicador diminuíu en todos os grupos, correspondendo as maiores baixadas aos grupos de 16 a 24 anos (a taxa de risco de pobreza ou exclusión social deste grupo diminuíu 3,85 puntos entre 2015 e 2016) e de 25 a 49 anos (menos 3,37 puntos porcentuais).
|
Fogares segundo o grado de dificultade para chegar a fin de mes. Galicia. Ano 2016 Porcentaxes (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
|
En 2016 a porcentaxe de fogares galegos que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumenta 3,2 puntos, ata o 50,52%. A porcentaxe dos que chegan con dificultade diminúe 2,09 puntos, mentres que a porcentaxe de fogares que chegan con moita dificultade diminúe 1,12 puntos ata situarse no 10,68%.
|
Información para os sete grandes concellos galegos e por áreas
|
Para os sete grandes concellos, Lugo e Santiago de Compostela, con 2.243 e 2.382 euros, son os que presentan o maior ingreso medio mensual por fogar, mentres que o máis baixo corresponde a Ferrol (1.951 euros).
Por outra banda, o 69,3% dos ingresos dos fogares residentes no concello de Lugo proceden do traballo. No concello de Ferrol esta porcentaxe sitúase no 54,32%. Neste concello o 43,38% dos ingresos dos fogares proceden de prestacións.
|
Ingresos dos fogares. Grandes concellos. Ano 2016
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Ingreso medio mensual por fogar. Áreas. Ano 2016 Euros por fogar
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Fogares con ingresos procedentes unicamente de prestacións. Áreas. Ano 2016 Porcentaxe sobre o total de fogares da área (%)
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Gastos dos fogares
Información para Galicia e provincias
|
O 18,76% dos fogares galegos ten gasto en hipoteca da vivenda principal, cun gasto medio de 394,67 euros ao mes. Por provincias, A Coruña é a que conta cunha maior porcentaxe de fogares con gasto en hipoteca (20,31%). O maior gasto medio mensual en hipoteca da vivenda principal rexístrase tamén na provincia da Coruña, con 406,59 euros mensuais.
No tocante ao aluguer, o 12,83% dos fogares ten gasto en aluguer da vivenda principal e o gasto medio mensual sitúase en 303,06 euros ao mes, unha vez incluídas as axudas públicas e descontados os gastos correntes que aparezan incluídos no recibo (comunidade, auga...). Por provincias, de novo A Coruña é a que presenta unha maior porcentaxe de fogares con gasto en aluguer (13,90%) e a que rexistra un maior gasto medio mensual neste concepto (313,05 euros/mes).
|
Gasto dos fogares en aluguer e hipoteca da vivenda principal. Galicia e provincias. Ano 2016 Porcentaxes (%), euros por fogar
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Información para os sete grandes concellos galegos e por áreas
|
Dentro dos sete grandes concellos galegos, Lugo é o que conta cunha maior porcentaxe de fogares con gasto en hipoteca da vivenda principal (27,83%). O maior gasto medio en hipoteca rexístrase en Santiago de Compostela (522,94 euros/mes).
Respecto ao aluguer da vivenda principal, a maior porcentaxe de fogares con este gasto dáse no concello da Coruña (26,67%) e o gasto medio mensual máis elevado en Santiago de Compostela (366,72 euros/mes).
|
Gasto dos fogares en aluguer e hipoteca da vivenda principal. Grandes concellos. Ano 2016 Porcentaxes (%), euros por fogar
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Fogares con aforro en alimentos 
Fogares con aforro en alimentos segundo o tamaño do municipio. Galicia Porcentaxes
Fonte: IGE (descarga da táboa)
Nota: o aforro en alimentación refírese a produtos que produciu o fogar ou ben que llos regalou algún familiar ou amigo
|
|
En 2016, o 42,59% dos fogares galegos manifestou ter aforro en alimentos, xa sexa porque os produciu o propio fogar ou ben porque llos regalou algún familiar ou amigo. Nos municipios de menos de 10.000 habitantes esta porcentaxe sobe ata o 64,72%, mentres que nos municipios de máis de 50.000 habitantes sitúase no 25,53%.
|
|