Panorama dos sete grandes concellos. Pensións contributivas da Seguridade Social
Pensionistas
A continuación móstrase o número de pensionistas que perciben
pensións contributivas da Seguridade Social segundo o concello de residencia
do pensionista correspondente ao 31 de decembro de 2020 (ver nota metodolóxica).
Segundo esta información, Vigo é o concello no que reside un maior número
de pensionistas (64.094), seguido da Coruña (54.029).
Nos concellos das sete cidades galegas reside o 32,1% dos pensionistas galegos
que perciben pensións contributivas da Seguridade Social.
Ao comezo do 2021, case 1 de cada 4 persoas residentes en Galicia
percibe pensións contributivas da Seguridade Social.
Nos sete grandes concellos o número de pensionistas por 1.000 habitantes
é inferior ao valor de Galicia. Os que presentan un maior valor do indicador
son Ourense e Ferrol, con 245,4 e 236,2 pensionistas por cada 1.000 habitantes.
Pola contra, Pontevedra, onde 1 de cada 6 residentes no concello é pensionista,
é o concello dos sete grandes no que se rexistra o valor máis baixo do indicador.
|
Número de pensionistas. Ano 2021
Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social. INE. Padrón continuo
|
Número de pensionistas por 1.000 habitantes. Ano 2021
Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social. INE. Padrón continuo
|
Importe medio
O importe medio calcúlase como a media da suma dos importes percibidos
en pensións contributivas da Seguridade Social por cada pensionista.
En Galicia, ao comezo do 2021, este importe situouse en 988,41 euros.
Nos sete grandes concellos, o importe medio que perciben os pensionistas
en termos de pensións contributivas é superior ao dato de Galicia.
O concello de Ferrol é no que se rexistra o valor más alto deste importe,
que é un 26,8% superior ao dato de Galicia.
|
Importe medio segundo o sexo. Ano 2021 Euros
Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social
|
Importe medio. Ano 2021 Euros
Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social
|
O importe medio que perciben os homes galegos en pensións contributivas
(1.131,01 euros) é un 33,5% superior ao que perciben as mulleres (847,22 euros).
O importe medio en pensións contributivas dos homes supera
nos sete grandes concellos os 1.000 euros, mentres que no caso das mulleres
só alcanza esa cifra nos concellos de A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.
|
Importe medio segundo o sexo. Ano 2021 Euros
Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social
|
Información inframunicipal
Nas seguintes ligazóns están dispoñibles, para os sete grandes concellos de Galicia,
os datos de número de pensionistas e importe medio por distritos e seccións censuais.
Ademais, pódese acceder a unha aplicación que permite representar os datos
de cada un dos concellos en mapas de distritos e seccións.
|
Nota metodolóxica
A data de referencia dos datos contidos no ficheiro de pensións
contributivas do sistema da Seguridade Social é o 31 de decembro de 2020.
Para calcular os indicadores pertinentes e construír os mapas
por seccións e distritos consideráronse a poboación e os mapas
de distritos e seccións a 1 de xaneiro de 2021, de ahí que
as táboas e os resultados finais teñan ano de referencia o 2021.
|
|