Panorama dos sete grandes concellos. Mortalidade

Información para os sete grandes concellos

A taxa de mortalidade defínese como o número defuncións por cada mil habitantes. Ao comparar distintas poboacións, a taxa de mortalidade verase influenciada pola proporción de individuos en cada grupo de idade de cada poboación. A taxa estandarizada de mortalidade elimina o efecto da estrutura por idades.

En Galicia a taxa de mortalidade sitúase no ano 2020 en 12,2 defuncións por cada mil habitantes. Neste ano dos sete grandes concellos de Galicia, Lugo é o que ten maior taxa estandarizada (12,3), a menor taxa estandarizada dáse en A Coruña e Pontevedra con 11 defuncións por cada mil habitantes.

Polo que respecta á mortalidade segundo o sexo, agás en Pontevedra os homes presentan taxas superiores ás das mulleres.

Taxas estandarizadas de mortalidade segundo o sexo

Taxas estandarizadas de mortalidade. Ano 2020

Fonte: INE. Padrón continuo IGE, INE. Movemento natural da poboación
Nota: datos provisionais.

Información inframunicipal

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles, para os sete grandes concellos de Galicia, os datos da taxa estandarizada de mortalidade por distritos e sección censuais. Ademais, pódese acceder a unha aplicación que permite representar os datos de cada un dos concellos en mapas de distritos e seccións.


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
   Compartir: