Panorama dos sete grandes concellos. Territorio

Información para os sete grandes concellos

Dos sete grandes concellos de Galicia, Lugo é o de maior extensión, con preto de 33.000 hectáreas de superficie. No outro extremo atópase A Coruña, con 3.783 hectáreas.

No tocante á densidade de poboación, A Coruña, con 6.489 habitantes por quilómetro cadrado, é o que presenta unha maior densidade mentres que en Lugo a densidade non acada os 300 habitantes por quilómetro cadrado.

Superficie (hectáreas) e densidade de
poboación (habitantes/10.000 m2). Ano 2021

Densidade de poboación (habitantes/10.000 m2). Ano 2021

Fonte: IGE. Indicadores demográficos

Fonte: IGE. Indicadores demográficos

Información inframunicipal

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles, para os sete grandes concellos de Galicia, os datos de superficie e densidade por distritos e sección censuais. Ademais, pódese acceder a unha aplicación que permite representar os datos de cada un dos concellos en mapas de distritos e seccións.


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
   Compartir: