Proxeccións de fogares
Resumo de resultados 23/12/2016 Datos correspondentes ao período 2016-2031
Introdución
As proxeccións de fogares fan posible anticipar os cambios que se producirán no seu número, tamaño e composición, e repercuten nos estudos derivados que se poidan obter, por exemplo, no ámbito das políticas públicas de planeamento e toma de decisións. O IGE elabora cada dous anos a operación estatística Proxeccións de fogares, que proporciona unha estimación da evolución futura dos fogares galegos, en base ás condicións demográficas observadas no momento actual.
|
Número de fogares en Galicia
Segundo os resultados desta operación, vinculada ás Proxeccións de poboación do IGE, Galicia presentaría nos próximos anos un descenso continuado do número de fogares en todo o período que abarca a proxección. Por provincias, sería a de Pontevedra a única que incrementaría o número de fogares no período 2016-2031, nun 1%, mentres que o resto de provincias perderían fogares no período considerado.
|
|
Número de fogares
|
|
Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: Datos referidos ao 1 de xaneiro
|
|
Taxa de variación anual do número de fogares Porcentaxes
|
|
Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: Datos referidos ao 1 de xaneiro
|
|
Das 20 áreas (agrupacións de comarcas) galegas consideradas, increméntase no período 2016-2031 o número de fogares en seis: Área de Pontevedra (5,8%), Área da Coruña (3,3%), Área de Santiago (3,1%), Área de Vigo (2,9%), Área de Ourense (1,7%) e Caldas-O Salnés (0,1%). O maior decrecemento no número de fogares no período 2016-2031 estaría nas áreas de Ourense sur, cun descenso do 21,3%, na de Lugo oriental, cun decrecemento do 17,2%, e na do Carballiño-O Ribeiro, cunha diminución do 15,7% en todo o período.
|
|
Número de fogares. Áreas xeográficas
|
|
Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: Datos referidos ao 1 de xaneiro
|
|
Tamaño dos fogares
En canto á evolución dos fogares segundo o seu tamaño, no período 2016-2031 estímase un incremento do número de fogares de maior tamaño (6 ou máis persoas), do 3,0%, e dos máis pequenos, os de unha e dúas persoas, que se incrementarían no 0,4% e no 2,3% respectivamente; pola contra, diminuiría en Galicia o número de fogares de 3, de 4 e de 5 persoas, nun 6,8% en total.
En 2031 a porcentaxe de fogares unipersoais acadará máis do 20% dos fogares galegos.
|
|
Número de fogares segundo o seu tamaño. Ano 2016
|
|
Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: Datos referidos ao 1 de xaneiro
|
|
Número de fogares segundo o seu tamaño. Ano 2031
|
|
Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: Datos referidos ao 1 de xaneiro
|
|
Distribución dos fogares segundo o seu tamaño. Galicia Porcentaxes
|
|
|
Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: Datos referidos ao 1 de xaneiro
|
Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: Datos referidos ao 1 de xaneiro
|
|
|
|
Tamaño medio dos fogares
|
O tamaño medio dos fogares galegos experimentará un continuo crecemento no período 2016-2031, pasando de 2,61 a 2,70; incrementarase en todas as provincias agás en Pontevedra, onde se manterá nos niveis actuais.
|
|
|
Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: Datos referidos ao 1 de xaneiro
|
Composición dos fogares galegos
Segundo a clasificación utilizada nestas proxeccións, no período 2016-2031 os fogares unipersoais aumentarían un 0,4% e os formados por unha parella sen fillos un 2,3%; por outra banda diminuirían as parellas con fillos un 6,2%, as unidades monoparentais un 3,5% e o resto de fogares un 3,7%.
|
|
Número de fogares segundo a súa estrutura. Ano 2016
|
|
Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: Datos referidos ao 1 de xaneiro
|
|
Número de fogares segundo a súa estrutura. Ano 2031
|
|
Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: Datos referidos ao 1 de xaneiro
|
Anexo
Comarcas que compoñen cada área xeográfica considerada:
- A Coruña suroriental: comprende as comarcas de Arzúa, Ordes e Terra de Melide.
- Ferrol-Eume-Ortegal: comprende as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
- Área da Costa da morte: comprende as comarcas de Bergantiños, Fisterra, Muros, Terra de Soneira e Xallas.
- A Barbanza-Noia: comprende as comarcas da Barbanza e Noia.
- Área da Coruña: comprende as comarcas da Coruña e Betanzos.
- Área de Santiago: comprende as comarcas da Barcala, O Sar e Santiago.
- Lugo sur: comprende as comarcas de Chantada, Quiroga e Terra de Lemos.
- Lugo oriental: comprende as comarcas da Fonsagrada, Os Ancares e Sarria.
- Lugo central: comprende as comarcas da Ulloa, Lugo, Meira e A Terra Chá.
- A Mariña: comprende as comarcas da Mariña Central, A Mariña Oriental e A Mariña Occidental.
- O Carballiño-O Ribeiro: comprende as comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
- Ourense central: comprende as comarcas de Allariz e Maceda, Terra de Caldelas, Terra de Trives e Valdeorras.
- Ourense sur: comprende as comarcas da Limia, Baixa Limia, Terra de Celanova, Verín e Viana.
- Área de Ourense: comprende a comarca de Ourense.
- Pontevedra nororiental: comprende as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.
- Pontevedra sur: comprende as comarcas da Paradanta, O Baixo Miño e O Condado.
- Caldas-O Salnés: comprende as comarcas de Caldas e O Salnés.
- O Morrazo: comprende a comarca do Morrazo.
- Área de Pontevedra: comprende a comarca de Pontevedra.
- Área de Vigo: comprende a comarca de Vigo.
|
Definicións e máis información
|