O conxunto de Indicadores da intensidade da demanda turística ofrece información sobre a demanda turística de Galicia segundo o destino do viaxeiro. Ofrecen, por tanto, información cunha maior desagregación territorial da que provén outras fontes de información. A orixe dos datos para a elaboración deste conxunto de indicadores procede de catro enquisas mensuais que realiza o Instituto Nacional de Estadística (INE): A poboación obxecto de estudo son os establecementos turísticos de Galicia (hoteis, cámpings, apartamentos turísticos e aloxamentos de turismo rural). Coa información ofrecida por estes establecementos e cedida polo INE ao IGE, elabóranse un conxunto indicadores que teñen por finalidade medir o impacto do turismo no territorio galego. Estes indicadores ofrécense para o conxunto de Galicia e unha agregación dos concellos en 18 grandes destinos turísticos. Ademais, realízase un tratamento específico do litoral galego por tratarse dun foco de especial atracción turística. A finalidade destes indicadores é axudar a planificar os recursos e as políticas encamiñadas a potenciar a actividade turística con criterios de sostibilidade. |
|
|||
|
|||
|
As zonas litorais son, dende hai anos, un foco de atracción turístico moi importante de Galicia. De feito, entre os cinco primeiros postos do ranking de noites sitúanse catro destinos que agrupan concellos costeiros. Se se concreta a análise para estes municipios, obsérvase que o 60,2% das noites rexistradas en 2016 (unhas 6.051.562) tiveron lugar en aloxamentos turísticos situados en concellos costeiros. A poboación dos concellos costeiros soporta unha presión turística media de 1,07 viaxeiros por cada 100 residentes. Agora ben, este índice varía considerablemente dunhas zonas a outras. Os concellos da Ría de Arousa (exceptuando os de Meis e Pontecesures, que non teñen costa) experimentan incrementos poboacionais da orde de 2,91 habitantes por cada 100 residentes habituais por mor do turismo e os concellos costeiros da Mariña Lucense do 1,71%. Indicadores de noites por destinos turísticos nos concellos costeiros. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: Indicador poboación (1) = ((Número de noites/Número de días no ano)/Poboación do destino)*100
|
Indicador de poboación (1)2 segundo o destino turístico nos concellos costeiros. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: Indicador poboación (1) = ((Número de noites/Número de días no ano)/Poboación do destino)*100 |
Nesta estatística tamén se analiza a procedencia dos viaxeiros que se aloxaron nos distintos establecementos turísticos de Galicia. O 71% das noites rexistradas en 2016 corresponderon a turistas de fóra de Galicia. Na meirande parte dos destinos considerados o peso do turismo foráneo superou ao galego. Así, en Santiago e nos concellos limítrofes supérase en 18,7 puntos a porcentaxe media galega: aquí o 89,7% das noites corresponderon a non residentes. Nos Ancares-Courel, Lugo e Terra Chá, a Mariña Lucense e na Coruña e as Mariñas tamén se supera a porcentaxe media de Galicia. Non obstante, noutros destinos, coma nos concellos da Ría de Muros e Noia, a proporción entre residentes en Galicia e non residentes está bastante máis igualada (o 49,5% corresponden a viaxeiros de fóra de Galicia). Na zona de Manzaneda-Trevinca, a porcentaxe de viaxeiros galegos supera amplamente á de non residentes na Comunidade Autónoma. Neste último destino o 74,8% dos turistas residen en Galicia. |
Noites en aloxamentos turísticos segundo o destino turístico e a procedencia do viaxeiro. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Definicións |
Acceso ás táboas de datos: |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies