Resumo de resultados


Enquisa de poboación activa. Variables de submostra. Resumo de resultados

Resumo de resultados 02/06/2017
Datos correspondentes ao ano 2016

Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos e inactivos) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Cada trimestre, os fogares que rematan a súa colaboración coa EPA (os que están na sexta entrevista) responden a unha serie de variables adicionais ás investigadas en cada trimestre. A utilización desta submostra, distribuída durante todo o ano, ten por finalidade proporcionar datos anuais de variables estruturais.

Na submostra recóllense as variables estruturais específicas para as que foi deseñada xunto coas demais variables trimestrais da EPA. Polo tanto, a submostra pode ofrecer, para algúns indicadores, resultados diferentes dos que se obteñen como media anual dos datos trimestrais da EPA. Para paliar este problema, a elevación dos resultados da submostra realízase de modo que as estimacións sexan coherentes coa media trimestral para os ocupados, parados e inactivos por sexo e grupos decenais de idade a nivel de España e para o total de ocupados, parados e inactivos para as comunidade autónomas.

Educación

En 2016, o 64,2% dos galegos e galegas contaba cun nivel de formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais. Dentro desta categoría inclúense as persoas que acadaron, como máximo, a ensinanza secundaria obrigatoria ou o bacharelato.

Entre a poboación ocupada, a porcentaxe dos que tiñan programas de formación básica roldaba o 47%. O resto dos ocupados contaba con algunha especialidade, entre as que caben destacar os estudos en negocios, administración e dereito (12,4%); mecánica, electrónica e outra formación técnica, industria e construción (11,2%) e saúde e servizos sociais (8%).

Poboación de 16 e máis anos por relación coa actividade económica e nivel de formación alcanzado. Galicia. Ano 2016
Miles de persoas e porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Taxas de actividade por nivel de formación alcanzado e sexo. Galicia. Ano 2016
Porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Taxas de ocupación por nivel de formación alcanzado e sexo. Galicia. Ano 2016
Porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

As taxas de actividade, ocupación e paro varían en función do nivel de formación alcanzado. As maiores taxas de actividade en 2016 acadáronse entre a poboación formada en tecnoloxías da información e as comunicacións (88,8%), nas ciencias sociais, periodismo e documentación (84,8%) e nos servizos (84,3%). Aprécianse algunhas diferenzas nas taxas de actividade por sexo: a maior taxa de actividade feminina presentouse no grupo especializado nas ciencias sociais, periodismo e documentación (86,9%), mentres que entre os homes a taxa de actividade máis elevada rexistrouse no sector das TIC (89,5%).

No referente á taxa de ocupación, esta situouse no 32,1% para o grupo de poboación sen especialidade académica en 2016. As taxas de ocupación máis elevadas observáronse, ao igual que sucede coas taxas de actividade, entre os ocupados con formación en tecnoloxías da información e as comunicacións (80,6% para os homes e 73% para as mulleres) e aqueles con formación en ciencias sociais, periodismo e documentación (77,1% para os homes e 79,1% para as mulleres).

Por último, a taxa de paro varía entre o 22,2% da poboación especializada en artes, humanidades e linguas (o sector de formación coa taxa de paro máis alta, por riba do nivel de formación básico) ao 7,6% da poboación especializada en agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria.

Taxas de paro por nivel de formación alcanzado e sexo. Galicia. Ano 2016
Porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Condicións de traballo

En 2016 o 68,2% dos ocupados e das ocupadas de Galicia contaba con xefes pero non tiña ningún subordinado, aínda que a porcentaxe era maior entre as mulleres (73,8%) que entre os homes (63,1%). A seguinte categoría en importancia era a de ocupado independente, isto é, sen xefes e sen subordinados, na que se atopaba o 13,6% dos traballadores galegos.

O 56,9% dos ocupados e ocupadas de Galicia non traballou ningún sábado en 2016, o 7,9% traballou só un sábado ao mes e o 31,9% traballou polo menos dous sábados ao mes. Por outra banda, o 75,4% non traballou ningún domingo ao mes durante o ano 2016.

No tocante ao tipo de xornada, algo máis da metade dos ocupados (53,2%) tiña xornada continuada. Entre as mulleres esta porcentaxe subía ao 62,7%, 18 puntos por riba da masculina.

Ocupados por tipo de posto laboral e sexo. Galicia. Ano 2016
Miles de persoas

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Ocupados por frecuencia coa que traballan o sábado. Galicia. Ano 2016
Porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Ocupados por frecuencia coa que traballan o domingo. Galicia. Ano 2016
Porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Dos 823.200 asalariados residentes en Galicia no ano 2016, 21.900 foron contratados a través dunha empresa de traballo temporal e 15.200 obtiveron o seu emprego actual coa mediación dunha oficina de emprego pública.

Asalariados por contratación a traves dunha empresa de traballo temporal. Galicia. Ano 2016
Miles de persoas

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Asalariados por participación dunha oficina de emprego pública na obtención do seu emprego actual. Galicia. Ano 2016
Miles de persoas

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Experiencia laboral e búsqueda de emprego

Parados por situación anterior á búsqueda de emprego e sexo. Galicia. Ano 2016
Porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

O 73,6% dos 215.400 parados residentes en Galicia no ano 2016 tiña un traballo antes de atoparse na situación de desemprego, o 13,1% estaba estudando, o 9,7% desempeñaba tarefas do fogar ou outras responsabilidades familiares e o 3,6% restante encontrábase noutra situación distinta ás descritas.

O motivo principal polo cal os parados que traballaron anteriormente deixaron o último emprego foi por finalizar o contrato (48,5% dos casos). Por outra banda, o 30,6% dos parados deixara o seu último emprego facía tres ou máis anos.

Parados que traballaron anteriormente segundo a causa para deixar o último emprego e sexo. Galicia. Ano 2016
Miles de persoas

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo