Enquisa de poboación activa. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica. Resumo de resultados
Resumo de resultados 02/11/2018 Datos correspondentes ao ano 2018
Introdución
A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (persoas ocupadas, paradas, activas e inactivas) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.
O obxectivo da estatística de mobilidade laboral e xeográfica é investigar a relación entre a empregabilidade das persoas e a súa disposición a cambiar de residencia, a través do estudo conxunto das características laborais e o tempo que levan vivindo no municipio, en colaboración co INE.
A Estatística de mobilidade laboral e xeográfica toma como base a mostra da EPA do primeiro trimestre do ano e incorpora información do último movemento do Padrón municipal de habitantes que supoña un cambio no municipio de residencia.
|
Mobilidade da poboación ocupada
No primeiro trimestre de 2018 residían en Galicia 1.050.100 persoas ocupadas, das cales o 1,87% cambiara de municipio de residencia facía menos dun ano. Por outra banda o 10,74% levaba vivindo no mesmo municipio entre 1 e 5 anos e o 87,39% restante 5 ou máis anos.
Ao considerar a idade dos traballadores e das traballadoras, obsérvase como a mobilidade é maior entre a poboación ocupada máis nova. O 4,19% dos mozos e mozas menores de 25 anos levaba residindo no mesmo municipio menos dun ano e para a poboación ocupada de entre 25 e 34 anos (ambos inclusive) esta porcentaxe era do 3,48%. No outro extremo atopábanse os traballadores e traballadoras de 45 ou máis anos. Para este colectivo, a porcentaxe de persoas que cambiaran de municipio de residencia facía menos dun ano apenas superaba o 0,68% no primeiro trimestre de 2018.
|
Persoas ocupadas segundo a idade e o tempo de residencia no municipio. Galicia. Ano 2018 Miles de persoas
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
|
Distribución da poboación ocupada segundo o tempo de residencia no municipio. Galicia. Ano 2018 Porcentaxes
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
A mobilidade da poboación ocupada de Galicia diminuíu lixeiramente con respecto ao acontecido hai un ano. Así, a porcentaxe de persoas ocupadas que cambiou de residencia nos últimos doce meses pasou do 2,05% en 2017 ao 1,87% en 2018.
Distribución da poboación ocupada segundo o tempo de residencia no concello. Anos 2017 e 2018 Porcentaxes
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Cabe destacar que o 41,72% da poboación ocupada residente en Galicia no primeiro trimestre de 2018 non mudara nunca de concello de residencia e o 36,48% si cambiara de municipio de residencia pero non de provincia.
Entre os ocupados e as ocupadas que no primeiro trimestre do ano 2018 levaba residindo no mesmo concello menos dun ano, o 63,78% cambiara a súa residencia a outro municipio da mesma provincia.
Poboación ocupada segundo o tempo de residencia no municipio e a relación entre o municipio de residencia actual e anterior. Galicia. Ano 2018 Miles de persoas
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Mobilidade da poboación parada
A mobilidade da poboación desempregada é superior á da poboación ocupada. Para o 3,81% dos galegos e das galegas que no primeiro trimestre de 2018 se atopaba en paro, transcorrera menos dun ano desde o último cambio de municipio de residencia.
|
Poboación parada segundo o sexo e o tempo de residencia no municipio. Galicia. Ano 2018 Miles de persoas
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
|
Distribución da poboación parada segundo o tempo de residencia no municipio. Galicia. Ano 2018 Porcentaxes
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Respecto ao ano 2017, aumenta levemente a porcentaxe de poboación parada que cambiou de domicilio nos últimos doce meses: pasa de representar o 3,73% en 2017 ao 3,81% de 2018.
Distribución da poboación parada segundo o tempo de residencia no concello. Anos 2017 e 2018 Porcentaxes
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
O 40,64% da poboación parada existente en Galicia no primeiro trimestre do ano 2018 non variara de concello de residencia desde o nacemento. Entre as persoas que cambiaran de residencia no último ano, o 43,66% mudara de municipio de residencia pero dentro da mesma provincia.
Poboación parada segundo o tempo de residencia no municipio e a relación entre o municipio de residencia actual e anterior. Galicia. Ano 2018 Miles de persoas
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
Definicións e máis información
|