A representación da poboación nunha matriz que relacione a súa situación de actividade no trimestre actual con respecto a súa situación no trimestre anterior, achega información sobre o destino dos fluxos de entrada e saída dos que se falou no apartado anterior. Con esta matriz pódese saber, entre outras cousas, que porcentaxe dos que abandonaron a situación de inactividade pasou a formar parte da poboación ocupada e que porcentaxe ingresou na poboación parada; ou cantas persoas das que abandonaron a situación de paro o fixeron por atopar un emprego (pasaron a formar parte da poboación ocupada) ou por abandonar a situación de actividade (pasaron a formar parte da poboación inactiva).
Das 64.900 persoas que deixaron de formar parte da poboación inactiva de Galicia entre o primeiro trimestre de 2021 e o segundo trimestre de 2021, o 46,5% comezaron a traballar (no segundo trimestre de 2021 forman parte da poboación ocupada) e o 53,5% restante buscan emprego (forman parte da poboación parada).
Con respecto ao fluxo de saída da poboación ocupada, o 52,3% das 44.200 persoas que no primeiro trimestre de 2021 estaban traballando e no segundo trimestre de 2021 deixaron de estalo pasaron a formar parte da poboación parada; o 47,7% pasaron á situación de inactividade.
Finalmente, e como se mencionou no apartado anterior, unhas 64.000 persoas deixaron de estar en paro no segundo trimestre de 2021. Destas, o 58,8% atoparon emprego e pasaron a formar parte da poboación ocupada e o 41,3% pasaron a formar parte da poboación inactiva.
|
|
Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica no trimestre actual e a relación coa actividade económica no trimestre anterior. Galicia. Segundo trimestre de 2021 Miles de persoas
Nota: debido á metodoloxía empregada na súa elaboración, os resultados non necesariamente coinciden cos saldos netos da EPA trimestral, explicándose as diferenzas principalmente polos colectivos de "non consta" (persoas que cumpren 16 anos no paso dun trimestre a outro e as persoas que non residían en España no trimestre anterior). Fonte: IGE (descarga da táboa)
|