Principais magnitudes dos servizos de mercado. Galicia. Ano 2018
Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector comercio e sector servizos
Preto do 40% dos ocupados nos servizos de mercado pertencen ao sector do comercio.
No ano 2018, un total de 131.609 locais e 448.165 ocupados dedicábanse aos servizos de mercado, segundo as enquisas estrutural de servizos e comercio que elabora o INE.
A principal agrupación de actividade nos servizos de mercado é o comercio, que ocupa o 38,8% do total de traballadores e xera o 72,7% do volume de negocio.
Distribución do persoal ocupado e do volume de negocio nos servizos de mercado por agrupacións de actividade. Galicia Ano 2018. Porcentaxes
Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector comercio e sector servizos
Datos de oferta do turismo segundo o tipo de establecemento. Galicia. Ano 2020
Fonte:INE: Encuesta de ocupación hotelera. Encuesta de ocupación en acampamientos turísticos. Encuesta de ocupación de apartamentos turísticos. Encuesta de ocupación en alojamientos de turismo rural.
Variación interanual das prazas estimadas e das noites segundo o tipo de establecemento. Galicia. Ano 2020. Porcentaxes
Fonte: INE: Encuesta de ocupación hotelera. Encuesta de ocupación en acampamientos turísticos. Encuesta de ocupación de apartamentos turísticos. Encuesta de ocupación en alojamientos de turismo rural.
Segundo as enquisas de turismo elaboradas por INE, no ano 2020 produciuse unha diminución da oferta de prazas en todos os tipos de establecementos turísticos, motivada polo impacto da pandemia da COVID-19. A maior baixada produciuse nos aloxamentos de turismo rural e nos establecementos hoteleiros, que se reduciron un 34,3% e un 32,7% respectivamente. En menor medida reducíronse as prazas correspondentes a apartamentos turísticos e a campamentos turísticos, cunha diminución do 21,1% e do 17,3% con respecto ao ano 2019.
En canto á demanda, o número de noites diminuíu con respecto ao ano anterior en todas as tipoloxías de establecementos: un 60,8% nos establecementos hoteleiros, un 56,6% nos aloxamentos de turismo rural, un 27,8% nos campamentos turísticos e un 27,6% nos apartamentos turísticos.
Demanda do turismo segundo o tipo de establecemento. Galicia. Ano 2020
Fonte: INE: Encuesta de ocupación hotelera. Encuesta de ocupación en acampamientos turísticos. Encuesta de ocupación de apartamentos turísticos. Encuesta de ocupación en alojamientos de turismo rural.
Transporte de mercadorías por estrada. Galicia Miles de toneladas
Fonte: Ministerio de Fomento. Encuesta Permanente de Transporte de Mercancías por Carretera
Transporte marítimo de mercadorías nos grandes portos. Galicia Miles de toneladas
Fonte: Puertos del Estado. Anuario Estadístico
Descende o número de mortos en accidentes de tráfico
No ano 2020, producíronse un total de 3.451 accidentes de tráfico (con vítimas), nas estradas galegas, dos cales 98 foron mortais. Estes accidentes segaron a vida de 103 persoas (24 menos que no ano anterior) e causaron 4.697 feridos.
Accidentes de tráfico con víctimas. Galicia.
Fonte: Ministerio del Interior. Dirección General de Tráfico. Anuario estadístico de accidentes Nota: O cómputo de mortos esta realizado a 30 días
Empresas por actividade principal (CNAE 2009). Galicia. Ano 2020
IGE: Explotación do directorio de empresas e unidades locais Nota: Nas empresas con sede social "España" inclúense as empresas que realizan actividades en Galicia e que teñen a súa sede social fóra de Galicia. Datos a 1 de xaneiro
Máis da metade das empresas galegas non ten asalariados
Segundo a Explotación do directorio de empresas e unidades locais, o número de empresas activas con actividade en Galicia era de 249.825 o día 1 de xaneiro de 2020, o 66,0% pertencen ao sector servizos. O 68% das empresas con sede social en Galicia non contan con ningún asalariado.
Empresas con sede social en Galicia por estrato de asalariados. Galicia. Ano 2020
Fonte: IGE. Explotación do directorio de empresas e unidades locais Nota:Empresas con sede social en Galicia. Resultados referidos ao 1 de xaneiro.
|
|
Evolución do índice da cifra de negocios do sector servizos. Taxas de variación anuais (%)
Fonte: INE. Indicadores de actividade do sector servizos
Facturación media dos hoteis por cada habitación ocupada. Galicia. Ano 2021
Fonte: INE. Indicadores de Rentabilidad del Sector Hotelero Nota: Datos provisionais
A tarifa media diaria acadou o seu valor máximo no ano 2021 no mes de agosto, onde acada os 79,41 euros por habitación ocupada. Mentres que o menor valor rexistrouse en febreiro (43,34 euros por habitación).
No ano 2021 o ingreso por habitación dispoñible tamén presenta o seu valor máximo en agosto e o seu mínimo no mes de xaneiro acadando os valores de 57,31 e 5,83 euros por habitación dispoñible respectivamente.
Ingreso por habitación dispoñible (establecementos hoteleiros). Galicia. Ano 2021
Fonte: INE. Indicadores de Rentabilidad del Sector Hotelero Nota: Datos provisionais
Noites en aloxamentos turísticos en relación ao total de Galicia segundo o destino turístico. Ano 2021 Porcentaxe (%)

Fonte: IGE
No ano 2020, o número de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros e residentes no estranxeiro diminuíu un 84,5% con respecto ao ano anterior. (A entrada en vigor da Orde SND/257/2020, do 19 de marzo, motivou a suspensión de apertura ao público de todos os aloxamentos turísticos, quedando paralizada a actividade turística a partir do 26 de marzo. A partir do 11 de maio e de acordo coa Orde SND/399/2020, os hoteis e aloxamentos turísticos puideron, de novo, abrir ao público, pero con certas restricións. Estas restricións ao turismo implementadas ao longo do ano 2020 afectan aos niveis dos distintos indicadores. Polo tanto, non é adecuado realizar a comparativa dos datos da demanda turística de 2020 cos rexistrados en 2019)
Viaxeiros en establecementos hoteleiros segundo o país de residencia. Galicia
Fonte: INE. Encuesta de ocupación hotelera.
Evolución do número de pasaxeiros nos aeroportos galegos Miles de pasaxeiros
Fonte: Ministerio de Fomento. Anuario estadístico
Evolución do número de matriculacións de vehículos. Galicia
Fonte: Ministerio del Interior. Dirección General de Tráfico
No ano 2020, matriculáronse en Galicia 46.622 vehículos, dos cales 35.036 foron turismos. Con respecto ao ano anterior, o número de vehículos matriculados diminuíu un 18,4% e o de turismos un 20,7%.
Evolución do número de mortos en accidentes de tráfico. Galicia
Fonte: Ministerio del Interior. Dirección General de Tráfico. Anuario estadístico de accidentes
Sociedades mercantís. Galicia. Ano 2021
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME).
O número de sociedades mercantís creadas en 2021 aumentou un 22,9% con respecto ao ano anterior. Pola súa banda, o número de sociedades mercantís disoltas diminuíu un 17,9%.
O número de hipotecas constituidas en Galicia no ano 2020 foi de 17.000, un 1,8% máis que no ano anterior. O importe medio destas hipotecas diminuíu un 2,6%, ata situarse nos 102.681 euros.
Número e importe medio das hipotecas constituidas. Galicia. Ano 2021 Número, euros e porcentaxes.
Fonte: INE. Estadística de hipotecas
|