Datos Básicos. Saúde

Custo da prestación farmacéutica en Galicia
Miles de euros

Fonte: Sistema Público de Saúde de Galicia. Memorias anuais e Información subministrada directamente

No ano 2020 a prestación farmacéutica aumentou un 8,8%

No ano 2020 o custo total da prestación farmacéutica foi 842 millóns de euros, un 8,8% máis que no ano 2019. Por provincias, os valores máis altos alcánzanse nas provincias da Coruña e Pontevedra, que representan o 40,2% e o 32,6% do custo total, respectivamente.

Esperanza de vida ao nacemento. Galicia
Anos

Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade

A esperanza de vida ao nacemento dos galegos no ano 2020 situouse en 83,4

No ano 2020, a esperanza de vida ao nacemento dos galegos situouse en 83,4 anos, lixeiramente inferior á rexistrada no ano anterior (83,6).

En Galicia, a esperanza de vida ao nacemento das mulleres alcanza no ano 2020 o valor de 86,3 e supera en 5,8 anos á dos homes, que se situou en 80,5 anos.

Defuncións segundo as principais causas de morte. Galicia. Ano 2020


Fonte: INE. Defunciones según la causa de muerte

En 2020, máis da metade das defuncións son por enfermidades do sistema circulatorio e por tumores

No ano 2020, o 54,8% das defuncións rexistradas en Galicia foron por enfermidades do sistema circulatorio e por tumores.

Entre as mulleres, a principal causa de morte foron as enfermidades do sistema circulatorio, que representaron no 2020 o 30,8% das defuncións femininas.

Nos homes, son os tumores a principal causa de morte e supuxeron no ano 2020 o 30,7% das defuncións masculinas. Dentro deste grupo, os tumores da tráquea, dos bronquios e do pulmón son os máis frecuentes. O 7,1% das defuncións de homes ocorridas en 2020 debéronse a esta causa.

Enfermos dados de alta segundo a diagnose. Galicia. Ano 2020


Fonte: INE. Encuesta de morbilidad hospitalaria
Nota: datos relativos a enfermos con residencia en Galicia.

En 2020 producíronse 255.712 altas hospitalarias de residentes en Galicia

No ano 2020, máis da metade das altas hospitalarias (50,54%) corresponden a mulleres, aínda que si se exclúen as producidas polo embarazo, parto e puerperio, a porcentaxe de altas suporía o 43,23%.

As enfermidades do aparello circulatorio foron o motivo máis frecuente de ingreso (13,7 de cada 100 altas), seguidas das enfermidades do aparello respiratorio (12,9 de cada 100) e dixestivo (12,5 de cada 100).

Profesionais sanitarios colexiados. Galicia. Ano 2020


Fonte: INE. Estadística de profesionales sanitarios colegiados

Recursos materiais do Servizo Galego de Saúde. Ano 2020


Fonte: Consellería de Sanidade. Información subministrada directamente

Interrupcións voluntarias do embarazo segundo o grupo de idade da muller. Ano 2019

Fonte: Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Xunta de Galicia. Extraído de http://dxsp.sergas.es

Principais causas de morte segundo o sexo. Galicia. Ano 2020


Fonte: INE. Defunciones según la causa de muerte


Principais enfermidades de declaración obrigatoria. Galicia. Ano 2019


Fonte: Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de innovación e xestión da Saúde Pública. Enfermidades de declaración obligatoria. Extraído de http://dxsp.sergas.es


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
   Compartir: