Índice de prezos de consumo (IPC). Medias anuais. Galicia. Ano 2021 Porcentaxes
Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Base 2021
Suben os prezos dos bens e servizos de consumo
No ano 2021 en Galicia a taxa de variación media anual dos prezos dos bens e servizos de consumo situouse no 3,5%.
Se se atende aos doce grandes grupos de bens e servizos de consumo, as maiores subas déronse na vivenda (13,1%), no transporte (7,7%), na alimentación e bebidas non alcohólicas (2,2%), na medicina (1,7%), no ensino (1,5%) e nos hoteis, cafés e restaurantes (1,4%). Pola contra, produciuse unha caída de prezos nas comunicacións (-3,0%) e nas bebidas alcohólicas e tabaco (-0,3%).
No tocante ás rúbricas, as que máis subiron en 2021 foron a calefacción, iluminación e distribución de auga; os aceites e graxas; a auga mineral, refrescos e zumes e o transporte persoal. As que máis baixaron de prezo en 2021 foron as comunicacións; as bebidas alcohólicas; o transporte público interurbano; os artigos non duradeiros para o fogar e os artigos de uso persoal.
Prezos dos produtos (rúbricas) da cesta da compra que máis subiron e baixaron. Galicia. Ano 2021 Porcentaxes
O que máis subiu
|
|
|
|
O que máis baixou
|
Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Base 2021
Principais países que intercambian mercadorías con Galicia. Ano 2021 Miles de euros e porcentaxes
Exportacións/expedicións
|
|
|
|
Importacións/introducións
|
Fonte: elaboración do IGE a partir dos ficheiros facilitados polo Departamento de Aduanas da Agencia Estatal de Administración Tributaria Nota: datos provisionais
O 33,5% das exportacións galegas ten como destino Francia ou Portugal
No ano 2021 Galicia exportou mercadorías por un valor de 25.274,5 millóns de euros (un 20,6% máis que en 2020). O 33,5% das expedicións galegas ten como destino Francia ou Portugal. As principais mercadorías que se exportan dende a nosa Comunidade Autónoma son material de transporte (30,1%) e materias téxtiles (22,6%).
O valor das importacións/introducións acadou os 20.171,1 millóns de euros (un 20,1% máis que en 2020). Os países dos que Galicia importa maior número de mercadorías son, ao igual que no caso das vendas, Francia e Portugal. Estes dous países suman o 36,1% das compras ao exterior. As mercadorías máis importadas foron o material de transporte (27,2% do valor total das importacións/introducións) e os produtos minerais (14,2%).
Comercio exterior e intracomunitario de Galicia segundo as principais seccións TARIC. Ano 2021 Miles de euros e porcentaxes
Exportacións/expedicións
|
|
|
|
Importacións/introducións
|
Fonte: elaboración do IGE a partir dos ficheiros facilitados polo Departamento de Aduanas da Agencia Estatal de Administración Tributaria Nota: datos provisionais
|
|
Evolución anual do IPC Taxas de variación interanuais (%)
Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Base 2021
Evolución anual do Índice de prezos da vivenda Taxas de variación interanuais (%)
Fonte: INE. Índice de precios de la vivienda. Base 2015
O Índice de prezos da vivenda trata de medir a evolución dos prezos de compravenda das vivendas de prezo libre, tanto novas como de segunda man.
No terceiro trimestre de 2021, o Índice de prezos da vivenda aumentou en Galicia un 5,8% con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. Para o conxunto de España este incremento foi do 4,2%.
Evolución do comercio exterior de Galicia Miles de euros, taxas de variación interanuais (%)
Exportacións/expedicións
Importacións/introducións
Fonte: Elaboración do IGE a partir dos ficheiros facilitados polo Departamento de Aduanas da Agencia Estatal de Administración Tributaria Nota: os datos do ano 2021 son provisionais
Nas gráficas de arriba observamos o crecemento do comercio exterior en Galicia nos últimos anos agás no 2020, cunha forte caída provocada pola pandemia da COVID-19. Na gráfica inferior obsérvase a evolución do índices de valor unitario para o comercio exterior. Estes índices aproximan aos verdadeiros índices de prezos das operacións de exportación e/ou expedición e importación e/ou introdución de mercadorías con orixe/destino en Galicia, excluído o comercio co resto de España.
Evolución dos índices de valor unitario para comercio exterior Taxas de variación interanuais (%)
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior Nota: os datos a partires de 2020 son provisionais
|