Fonte: INE. Encuesta sobre generación de residuos en el sector industrial Nota: están excluídos os establecementos industriais de menos de 10 asalariados. Medra a cantidade de residuos xerados pola industriaDurante o ano 2010, o sector industrial xerou en Galicia 2.763 miles de toneladas de residuos, o que supón o 5,5% do total nacional. Os residuos non perigosos supoñen o 98,1% do total de residuos xerados pola industria en Galicia. Volume de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) á atmosfera. Galicia
|
As emisións á atmosfera de gases de efecto invernadorio dende a Comunidade Autónoma galega aumentaron de forma continuada (con algún período intercalado de lixeira diminución) ata 2004, ano no que se acada o valor máis elevado da serie (cun volume de emisións de 37.299 kt, expresadas como CO2 equivalente). A partir de entón, o volume de emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro dende Galicia comezou a diminuír, con breves períodos de repunte das emisións, como en 2007 e en 2012. No último ano no que se dispón de información (2020) rexistrouse unha diminución interanual do 13,8%.
En 2020 distribuíronse preto de 177,9 hectómetros cúbicos de auga nas redes públicas de abastecemento urbano de Galicia. O 72,1% do total de auga distribuída destinouse aos fogares, que consumiron unha media de 130 litros por persoa e día.
En 2020 o custo unitario da auga en Galicia situouse en 1,24 euros por metro cúbico, o que supón unha diminución do 3,1% respecto ao ano 2018. En comparación co custo unitario para o conxunto de España, o metro cúbico é 68 céntimos máis barato en Galicia.
O custo unitario de subministro de auga na Comunidade Autónoma de Galicia situouse nos 69 céntimos por metro cúbico, mentres que o de saneamento foi de 55 céntimos.
Segundo o módulo de características e medio da Enquisa estrutural a fogares, o 84,84% das vivendas familiares principais de Galicia dispón de conexión pública de augas residuais (rede de sumidoiros).
Ao facer a comparación por provincias, obsérvase que Ourense é a provincia con maior porcentaxe de vivendas que dispoñen destas instalacións (96,09%) mentres que en Lugo esta porcentaxe sitúase no 69,23%.
En 2019 os establecementos industriais galegos gastaron 260,8 millóns de euros en protección ambiental, un 35% máis que no ano anterior. Os investimentos totais en protección ao medio aumentaron un 84,9% e os gastos correntes destinados á protección do medio diminuíron un 0,8%.