Electricidade dispoñible para o consumo final en Galicia segundo a súa procedencia. Ano 2020 ktep (miles de toneladas equivalentes de cru)
Fonte: Instituto Enerxético de Galicia Balance Enerxético de Galicia
Galicia xera o 99,04% da electricidade dispoñible para o consumo final en Galicia
No ano 2020 a electricidade dispoñible para o consumo final en Galicia ascendeu a 2.395 ktep, da que un 0,96% importouse e a restante (2.372 ktep) xerouse en Galicia.
Distribución de enerxía eléctrica por sectores de uso. Ano 2016
Fonte: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Estadística de la industria de energía eléctrica
No ano 2016 a industria absorbeu o 51,92% da enerxía eléctrica consumida en Galicia
En Galicia, no ano 2016, a industria é o sector que acada a maior porcentaxe de enerxía eléctrica consumida (51,92% do total). En España esta porcentaxe acada só o 32,06%.
Principais indicadores de actividade na industria. Galicia. Ano 2019 Miles de euros, persoas
Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial. Extraído de http://www.ine.es
As manufacturas concentran o 85,6% da cifra de negocio do sector Industrial
En Galicia, no ano 2019, a cifra de negocios no sector industrial situouse en 42.954 millóns de euros e o persoal ocupado ascendeu a 143.792 persoas.
O 85,6% da cifra de negocios do sector industrial en 2019 correspondeu á Industria manufactureira e, dentro desta, a maior contribución á cifra de negocios da industria é a actividade da "Alimentación" (20,4%) seguida de "Vehículos de motor, remolques e semirremolques" (16,8%).
Cifra de negocios por agrupacións de actividade. Galicia. Ano 2019 Miles de euros
Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial .Extraído de http://www.ine.es
|
|
Consumo de gasolinas e gasóleos. Galicia Toneladas
Fonte: Ministerio de Industria, Energía y Turismo. CORES. Extraído de http://www.cores.es
Electricidade neta xerada. Galicia Ano 2020
Fonte: INEGA. Balance enerxético de Galicia
No ano 2020, dos 2.372 ktep de enerxía eléctrica xerados en Galicia, o 76,3% procedía de enerxías renovables e o 13,6% do gas natural.
Distribución dos ocupados na industria por ramas de actividade Galicia Ano 2019
Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial. Extraído de http://www.ine.es
As manufacturas ocupan a 132.505 persoas, o que supon o 92,2% de toda a ocupación na industria.
Persoas ocupadas na industria por agrupacións de actividade Galicia Ano 2019
Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial. Extraído de http://www.ine.es
As ramas con maior presenza de ocupados son a de "Alimentación" (21,5% do total), seguida da "Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipo" (11,7%) e de "Vehículos de motor, remolques e semirremolques" (10,1%).
|