Contas económicas de Galicia
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2019. Nota: Os datos son provisionais Prezos correntes en miles de euros
A economía galega creceu un 5,2%, en termos reais, no ano 2021
En Galicia, o produto interior bruto (PIB) a prezos de mercado en 2021 estímase en 63.119 millóns de euros, un 7,74% superior ao ano 2020.
O crecemento real da economía galega (taxa de variación interanual do PIB en volume) con respecto ao 2020 sitúase no 5,2%.
Evolución do PIB en termos reais Porcentaxe
Fonte: IGE. Contas económicas de Galicia. Revisión Estatística 2019 INE, Eurostat. National accounts (ESA 2010)
Evolución das compoñentes do PIB desde a perspectiva da demanda. Galicia. Ano 2021
IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2019. Nota: Datos provisionais (*) Achega ao crecemento do PIB no caso de taxas de variación
PIB desde a perspectiva da oferta e da demanda
Desde a perspectiva da oferta, é de resaltar a suba do VEB da rama dos servizos (creceu un 6,6% en relación ao 2020 en termos reais) .
Atendendo á estimación do PIB dende a perspectiva da demanda, as rúbricas que experimentaron maior subida con respecto ao 2020 foron a exportación de bens e servizos (9,9% en termos reais) e a importación de bens e servizos (6,5%).
Situación do emprego no 2021
A evolución do emprego, medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo, rexistrou en 2021 unha aumento con respecto ao ano anterior de 68.887 postos de traballo, o que en termos relativos supón unha suba do 7,24%.
Por ramas de actividade, o sector máis beneficiado foi o sector servizos, onde se incorporaron 53.735 postos (8,0%).
O 71,4% dos postos de traballo equivalentes a tempo completo corresponden ao sector servizos. O peso desta rama aumentou un 0,5% no 2021 con respecto ao ano anterior.
Postos de traballo equivalentes a tempo completo. Galicia
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais.Revisión Estatística 2019. Nota: Datos provisionais
|
|
Estrutura do PIBpm por ramas. Galicia Porcentaxes
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais.Revisión Estatística 2019. Nota: Datos provisionais
Evolución do VEB en termos reais por ramas. Galicia Porcentaxes
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais.Revisión Estatística 2019. Nota: Datos provisionais
Evolución do PIB per cápita en paridades de poder adquisitivo(PPS) considerando a UE27=100 España e Galicia
Fonte: EUROSTAT, INE. National accounts (ESA 2010) Nota: Datos provisionais
En termos de paridade de poder adquisitivo (PPS), o PIB por habitante en Galicia en 2020 foi un 22,1% inferior á media dos 27 estados que compoñen a UE desde o ano 2020.
|