Número de fogares segundo a súa tipoloxía. Ano 2020
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro
Tamaño medio do fogar. Ano 2020 Persoas
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro
A finais de 2020 o 22,42% dos fogares galegos eran unipersoais
O día 31 de decembro de 2020 existían 1.068.754 fogares en Galicia, cun tamaño medio de 2,49 persoas por fogar.
A tipoloxía máis habitual entre os fogares galegos é a formada por unha parella con fillos (o 30,27% dos fogares). Os fogares constituídos por unha parella sen fillos supoñen o 24,37% e o 22,42% dos fogares galegos son unipersoais.
Porcentaxe de fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Ano 2020
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro
O 23,44% dos fogares galegos está composto por persoas de 65 ou máis anos
No 23,44% dos fogares galegos todos os seus membros teñen 65 ou máis anos. Esta porcentaxe sobe nas áreas de Ourense e sur de Lugo e diminúe na franxa atlántica.
Fogares segundo o intervalo de ingresos mensuais. Galicia. Ano 2020 Porcentaxe
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares Nota: os datos refírense a 31 de decembro
En 2020 os fogares galegos ingresaron de media 2.277 euros ao mes
No ano 2020 o ingreso medio mensual dos fogares galegos sitúase en 2.277 euros, un 0,57% menos que no ano anterior (2.290 euros en 2019).
Gasto medio por fogar e distribución porcentual por grupos de gasto. Galicia e España. Ano 2020 Euros e porcentaxes
Fonte: INE. Encuesta de presupuestos familiares
O gasto medio anual por fogar en 2020 foi de 24.975,7 euros
Durante o ano 2020, cada fogar galego dedicou de media 24.975,7 euros para os gastos de consumo. Esta cifra é 2.020,1 euros inferior á media española.
Por grupos de gasto, os fogares galegos destinaron o 31,81% do seu orzamento a gastos relacionados coa vivenda, o 18,50% a alimentos e bebidas non alcohólicas e o 10,58% ao transporte.
No grupo de gasto de "vivenda", ademais dos alugamentos reais, inclúense os alugamentos imputados: cando un fogar é propietario da vivenda na que reside, ou a ten cedida, estímase o valor do alugamento que se pagaría no mercado por unha vivenda similar á que ocupa.
Número de pensións contributivas da Seguridade Social e importe medio. Galicia. Ano 2020 Número de pensións e euros
Fonte: Seguridad Social: eSTADISS: Estadísticas de pensiones Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro de 2020 A suma dos datos por xénero pode non coincidir co total debido a que nalgúns casos non se coñece o xénero
En 2020 a pensión media contributiva en Galicia era de 866,94 euros ao mes
O día 31 de decembro había rexistradas en Galicia 765.880 pensións contributivas do sistema da Seguridade Social, cun importe medio de 866,94 euros ao mes (un 2,36% máis que o ano anterior)
O 62,76% das pensións contributivas da Seguridade Social en Galicia son de xubilación e o seu importe medio ascendeu aos 987,13 euros ao mes, un 2,57% máis que en 2019. As pensións de viuvez supoñen o 24,22% das pensións contributivas (o 40,55% entre as mulleres). O importe medio mensual destas pensións subiu un 1,99% respecto ao ano anterior e acadou os 615,91 euros en 2020.
Número de beneficiarios de pensións non contributivas. Galicia Número e porcentaxes
Fonte: información subministrada directamente pola Consellería de Política Social Nota: A data de referencia dos datos é o día 31 de decembro de cada ano
O número de beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social diminuíu un 1,74% en 2020
A finais de 2020 había en Galicia 37.841 beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social, un 1,74% menos que no ano anterior.
Adultos: delitos segundo o tipo. Ano 2020
Fonte: INE. Estadística de condenados Nota: Datos provisionais. O criterio xeográfico utilizado é o lugar de condena
Os delitos máis habituais son contra a seguridade colectiva
En 2020 inscribíronse en Galicia 15.575 delitos cometidos. Segundo a tipoloxía, os que tiveron unha maior incidencia foron os delitos contra a seguridade colectiva (32,35%), os delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica (27,92%) e os delitos por lesións (17,52%).
|
|
Mozos que viven cos pais segundo a idade. Galicia. Ano 2020 Número e porcentaxes
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares Nota: porcentaxe dos mozos que viven cos pais sobre o total da poboación de mozos de cada grupo de idade. A data de referencia dos datos é o día 31 de decembro
O 64,1% dos mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 18 e os 34 anos vive cos pais.
Mozos que viven cos pais segundo a tipoloxía de ingresos e a idade. Galicia. Ano 2020 Porcentaxe
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro. Outros ingresos inclúe: "ingresos de prestacións", "ingresos de traballo e prestacións" e "outros ingresos".
Dos mozos e mozas que viven cos pais e que teñen entre 25 e 34 anos, o 61,10% ten ingresos procedentes só do traballo. Entre os que teñen de 18 a 24 anos, o 49,32% non ten ingresos.
Estrutura de ingresos dos fogares. Ano 2020 Porcentaxe
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
O 59,17% dos ingresos dos fogares galegos procede do traballo: o 49,63% do traballo por conta allea e o 9,54% do traballo por conta propia. O 38,14% provén das prestación e o 2,70% das rendas e outros ingresos. A Coruña e Pontevedra son as provincias con maiores porcentaxes de ingresos procedentes do traballo, mentres que Lugo e Ourense son as que teñen maiores porcentaxes de ingresos procedentes das prestacións.
Fogares segundo o grao de dificultade para chegar a fin de mes. Galicia. Ano 2020 Porcentaxe
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares Nota: a data de referencia dos datos é o 31 de decembro
En 2020 a porcentaxe de fogares galegos que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumenta 2,20 puntos, ata o 61,50%. A porcentaxe dos que chega con dificultade diminúe 2,88 puntos, e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade aumenta 0,67 puntos ata situarse no 7,46%
Fogares que tiveron algún retraso no pago de recibos de obrigado cumprimento nos últimos tres meses. Galicia Porcentaxe
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares Nota: considéranse recibos de obrigado cumprimento o da hipoteca ou aluguer da vivenda principal, préstamos, gas, auga...
Segundo a enquisa conxuntural a fogares elaborada polo IGE, no terceiro trimestre de 2021, o 4,22% dos fogares galegos tivo algún retraso no pago de recibos de obrigado cumprimento nos últimos tres meses.
Evolución do número de beneficiarios de prestacións por desemprego. Galicia
Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Anuario de estadísticas
No ano 2020 contabilizáronse en Galicia unha media de 143.334 beneficiarios e beneficiarias de prestacións por desemprego, un 62,54% máis que en 2019.
Fogares segundo o número de persoas perceptoras de ingresos procedentes de prestacións. Ano 2020 Porcentaxe
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares Nota: os datos refírense a 31 de decembro.Os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos
A finais de 2020, no 72,84% dos fogares galegos había polo menos unha persoa que percibía ingresos procedentes de prestacións.
Condenados en Galicia segundo o sexo e a nacionalidade. Galicia. Ano 2020 Porcentaxe
Fonte: INE. Estadística de condenados
O 89,98% das persoas condenadas en Galicia no ano 2020 tiña nacionalidade española.
Menores condenados en Galicia segundo o sexo e a idade. Galicia. Ano 2020
Fonte: INE. Estadística de menores Nota: idade á comisión da primeira infracción penal
|