Fonte: Consellería de Facenda. Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia No tocante á procedencia dos ingresos, aproximadamente o 46,6% da previsión inicial do orzamento ten orixe tributaria, o 14,2% son ingresos por activos e pasivos financeiros e o 38,9% son recursos transferidos. No que respecta aos gastos, o 71,4% do orzamento consolidado vai destinado a gastos relacionados coa xestión directa, o 18,4% a transferencias ao sector privado (familias, empresas e entidades sen ánimo de lucro) e o 10,2% restante a transferencias ao sector público. Ingresos tributarios da Comunidade Autónoma de Galicia. Criterio de caixa
|
Durante o ano 2021 a Xunta de Galicia, xunto cos seus organismos autónomos, recadaron 2.724,2 millóns de euros en impostos directos, 3.349 millóns en impostos indirectos e 196,9 en taxas e outros ingresos.
Respecto ao ano anterior a recadación pola tarifa autonómica sobre o IRPF diminuíu un 1% e a recadación polo imposto sobre o valor engadido (IVE) un 5,6%.
En 2020 o Estado recaudou na Comunidade Autónoma de Galicia case 4.075,9 millóns de euros en impostos directos, procedentes na súa maior parte do IRPF (77,4%) e do Imposto sobre sociedades (20,1%). Por impostos indirectos ingresou 3.153,3 millóns de euros (o 93% procedente do IVE) e por taxas e outros ingresos 45,7 millóns.
Respecto ao ano 2019 produciuse unha diminución do 11,9% da recadación de impostos directos por parte do Estado en Galicia e do 3,5% para os impostos indirectos.
Segundo a distribución funcional do orzamento consolidado de gastos de 2022, o 35% irá destinado a sanidade e o 20,6% a educación.
A débeda pública suporá un 10,1% do orzamento mentres que á protección e promoción social destinarase o 10,6%.
No ano 2020 os concellos galegos recadaron arredor de 860 millóns de euros en impostos directos, un -0,5% menos que en 2019. A recadación de impostos indirectos diminuíu un 15,1% ata acadar os 52,3 millóns de euros e, finalmente, por taxas e outros ingresos a recadación diminuíu un 11,8% ata situarse nos 385,5 millóns de euros.
No tocante ás deputacións, en 2020 aumentou a recadación por impostos directos un 0,3%, diminuíu a recadación por impostos indirectos un 5,2% e os ingresos por taxas aumentaron un 7,5%.