Resumo de resultados


Observatorio transfronteirizo / Observatório transfronteiriço Galicia - Norte de Portugal


Principais resultados

  • No ano 2023 residían 6,4 millóns de habitantes na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, cunha densidade de poboación de 125,3 habitantes por quilómetro cadrado.

  • No ano 2024, O número de persoas ocupadas na Eurorrexión situouse en 2,9 millóns de persoas.

  • O sector da industria ocupa en Galicia ao 16% de ocupados, mentres que na Rexión Norte de Portugal este dato se sitúa no 24,7%.

  • O PIB xerado na Eurorrexión situose no 2023 en 155.854,1 millóns de €. O PIB per cápita acadou os 28.640€ en Galicia e 21.510€ na Rexión Norte.

  • No ano 2024, os principais destinos e proveedores das mercadorías exportadas e importadas por Galicia son Francia e Portugal, mentres que na Rexión Norte son España, Francia e Alemaña.

  • No ano 2024 a esperanza de vida foi de 83,95 anos en Galicia e de 81,82 na Rexión Norte de Portugal.

1 Introdución

O Observatorio transfronteirizo Galicia–Norte de Portugal é o resultado das relacións de traballo entre o Instituto Galego de Estatística (IGE) e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, a través do seu Observatório das Dinâmicas Regionais, que conta coa colaboración do Instituto Nacional de Estatística de Portugal.

Tendo en conta as diferenzas existentes entre os sistemas estatísticos dos respectivos países, tratouse de seleccionar as variables para as cales é posible asegurar a necesaria harmonización. Só a comparabilidade da información permite a lectura conxunta das dúas rexións e, en consecuencia, o afondamento no estudo das relacións transfronteirizas.

A Eurrorexión está formada pola Comunidade Autónoma de Galicia e a Rexión Norte de Portugal, que comprende as seguintes áreas: Alto Minho, Cávado, Ave, Área Metropolitana do Porto, Alto Tâmega, Tâmega e Sousa, Douro e Terras de Trás-os-Montes (NUTS-2024). Estas áreas da Rexión Norte e as catro provincias galegas (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) correspóndense coa desagregación territorial de NUTS III utilizada por EUROSTAT.

2 Poboación

No ano 2023 residían aproximadamente 6,4 millóns de habitantes nos 50.862,6 quilómetros cadrados que ocupa a Eurorrexión. Galicia presenta unha maior dispersión da poboación, con 91,3 habitantes por quilómetro cadrado, mentres que na Rexión Norte a densidade de poboación é de 172,6 habitantes por quilómetro cadrado.

Neste ano produciuse unha subida no número de habitantes do 0,33% en Galicia e unha subida do 0,92% na Rexión Norte.

Superficie, poboación e densidade. Ano 2023
Portugal Norte España Galicia Eurorrexión/ Eurorregião
Poboación 10.639.726 3.673.861 48.085.361 2.699.424 6.373.285
Superficie (Km2) 92.225,2 21.285,9 505.968,4 29.576,7 50.862,6
Densidade (Hab./Km2) 115,4 172,6 95,0 91,3 125,3
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte


Crecemento da poboación en Galicia e na Rexión Norte de Portugal

Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

No que se refire á estrutura por idades, a poboación de Galicia presenta un maior grado de envellecemento que a da Rexión Norte. En 2023, o 26,3% da poboación residente en Galicia tiña 65 ou máis anos, fronte ao 23,8% da Rexión Norte de Portugal. Na mesma dirección, o índice de envellecemento mostra que na Comunidade Autónoma de Galicia residen 235,2 persoas de 65 ou máis anos por cada 100 mozos menores de 15 anos. Para a Rexión Norte a relación é de 197,4 maiores de 65 ou máis anos por cada 100 menores de 15.

A pesar de que Galicia mostra un índice de envellecemento moi superior, nos últimos 7 anos este indicador subiu en maior medida na Rexión Norte (42,5 puntos) que en Galicia (29,5 puntos).


Poboación segundo grupos de idade. Galicia. Ano 2023

Poboación segundo grupos de idade. Rexión Norte. Ano 2023

Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte
 

No ano 2023, tanto Galicia como o Norte de Portugal rexistraron saldos vexetativos negativos, é dicir, que nas dúas rexións o número de defuncións superou ao de nacementos. En Galicia, o saldo vexetativo foi de -18.778 e no Norte de Portugal foi de -11.031.

A taxa bruta de natalidade no 2023, calculada como o número de nacementos por cada mil habitantes, presenta valores máis elevados na Rexión Norte de Portugal: 7,20 fronte 5,18 en Galicia. A taxa bruta de mortalidade (número de defuncións por cada mil habitantes), é 1,9 puntos maior en Galicia que no Norte de Portugal.
Movemento natural da poboación 2023
Portugal Norte España Galicia Eurorrexión/ Eurorregião
Nacementos 85.699 26.173 320.656 14.004 40.177
Defuncións 118.295 37.204 436.124 32.782 69.986
Taxa bruta de natalidade 8,10 7,20 6,61 5,18 ..
Taxa bruta de mortalidade 11,20 10,20 8,96 12,13 ..
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

3 O mercado laboral

Aproximadamente 5,6 millóns de persoas constitúen, en 2024, a poboación en idade laboral da Eurorrexión, das cales preto 3,2 millóns están clasificadas como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 57,1%.

A taxa de actividade no Norte é maior que en Galicia: 59,4% fronte o 54,2%. A taxa de paro acada en Galicia o 9,1% mentres que na Rexión Norte de Portugal é do 6,5%.
Poboación segundo a relación coa actividade económica 2024
Unidade: Miles de persoas
Portugal Norte España Galicia Eurorrexión/ Eurorregião
Poboación de 16 ou máis anos / População com 16 ou mais anos 9.206,0 3.208,1 41.565,8 2.372,0 5.580,1
Activos 5.463,4 1.894,1 24.424,6 1.262,3 3.156,4
Ocupados / Empregados 5.112,3 1.770,3 21.653,9 1.144,0 2.914,3
Parados / Desempregados 351,1 123,8 2.770,7 118,3 242,1
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte




Taxas de paro en Galicia e na Rexión Norte de Portugal

Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

No tocante á poboación ocupada, obsérvanse diferenzas estruturais na clasificación segundo o sector de actividade económica.

O sector servizos é o que conta cun maior peso nas dúas rexións, pero en porcentaxes diferentes: o 70,4% das persoas ocupadas galegas traballan neste sector, fronte o 65,4% dos traballadores da Rexión Norte. En contraposición, a industria ten unha maior importancia na Rexión Norte, cun 24,7% das persoas ocupadas totais, mentres que en Galicia a porcentaxe de persoas ocupadas na industria é do 16%. Pola súa banda, o sector primario dá traballo ao 2,6% das persoas ocupadas da Rexión Norte de Portugal e ao 6,4% de Galicia.


Poboación ocupada por sectores de actividade. Galicia. Ano 2024

Poboación ocupada por sectores de actividade. Rexión Norte. Ano 2024

Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

Por último, nas seguintes táboas recóllese a información sobre os fluxos laborais transfronteirizos entre Galicia e o norte de Portugal. A primeira mostra o número de traballadores portugueses afiliados á Seguridade Social que desenvolven a súa actividade en Galicia, segundo o seu lugar de residencia. No 4º trimestre de 2024 traballaban en Galicia 9.217 persoas de nacionalidade portuguesa, o 85,9% residentes en España. A segunda recolle a situación inversa: traballadores españois que exercen a súa actividade na Rexión Norte de Portugal. No 4º trimestre de 2024 traballaban en Portugal 3.034 persoas de nacionalidade portuguesa, o 45,7% seguían residindo en España.

Persoas afiliadas á Seguridade Social de nacionalidade portuguesa que traballan en Galicia segundo o país de residencia
Unidade: persoas no último día do trimestre
País de residencia
Total España/Espanha Portugal Outros países
2015/IV 6.396 5.384 1.006 6
2016/IV 6.641 5.614 1.024 3
2017/IV 6.953 5.930 1.022 1
2018/IV 7.461 6.356 1.103 2
2019/IV 7.732 6.589 1.139 4
2020/IV 7.506 6.427 1.077 2
2021/IV 7.942 6.810 1.131 1
2022/IV 8.208 7.066 1.141 1
2023/IV 8.701 7.464 1.236 1
2024/IV 9.217 7.917 1.299 1
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte
Persoas afiliadas á Seguridade Social de nacionalidade española que traballan na Rexión Norte de Portugal segundo o país de residencia
Unidade: valores medios mensuais por trimestre
País de residencia
Total España/Espanha Portugal Outros países
2015/IV 1.675 696 977 3
2016/IV 1.928 869 1.055 4
2017/IV 2.494 1.332 1.155 6
2018/IV 2.850 1.576 1.271 3
2019/IV 2.992 1.597 1.392 3
2020/IV 2.954 1.520 1.431 3
2021/IV 3.033 1.454 1.572 7
2022/IV 3.219 1.570 1.641 8
2023/IV 3.139 1.497 1.632 10
2024/IV 3.034 1.387 1.636 11
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

4 O comercio intracomunitario

No ano 2024, Galicia exportou con destino á UE-27 (excluíndo o resto de España) mercadorías por valor de 21.952,3 millóns de euros, mentres que o valor das mercadorías introducidas foi de 7.324,8 millóns. Como resultado, a balanza comercial coa UE-27 presenta un superávit de 14.627,5 millóns de euros. Francia e Portugal son os principais destinos das mercadorías expedidas por Galicia e os principais provedores.

Na Rexión Norte de Portugal, o valor das expedicións con destino á UE-27 (excluíndo o resto de Portugal) superou en 1.588,8 millóns de euros o valor das introducións. Os produtos exportados por esta rexión teñen como destino principal España e Francia mentres que no tocante as importacións, España e Alemaña son os principais clientes da Rexión Norte.

Comercio intracomunitario. Expedicións por destino e introdución por orixe. Ano 2024
Unidade: Millóns de euros
Norte
Galicia
Eurorrexión/Eurorregião
Expedicións / Expedições Introducións / Chegadas Expedicións / Expedições Introducións / Chegadas Expedicións / Expedições Introducións / Chegadas
Total 20.055,7 18.466,9 21.952,3 7.324,8 42.008,0 25.791,7
Alemaña / Alemanha 3.811,3 2.704,3 1.897,6 804,6 5.708,9 3.509,0
Austria / Áustria 228,7 183,3 166,5 111,1 395,2 294,4
Bélxica / Bélgica 486,9 1.040,1 1.253,8 348,4 1.740,7 1.388,5
Bulgaria / Bulgária 37,3 21,1 81,0 41,5 118,4 62,6
Chipre / Chipre 18,4 1,7 79,1 0,3 97,5 2,0
Croacia / Croacia 32,6 17,2 197,5 24,1 230,1 41,3
Dinamarca / Dinamarca 239,7 97,4 99,9 82,5 339,5 179,9
Eslovaquia / Eslováquia 298,6 57,3 160,8 143,4 459,3 200,7
Eslovenia / Eslovénia 35,4 36,0 71,2 23,6 106,7 59,6
España / Espanha 6.910,7 9.015,0 .. .. .. ..
Estonia / Estónia 31,4 13,2 53,9 1,9 85,3 15,1
Finlandia / Finlândia 70,8 82,7 64,2 58,0 135,0 140,7
Francia / França 4.146,0 1.573,6 5.141,0 1.175,9 9.286,9 2.749,5
Grecia / Grécia 68,6 44,1 682,0 44,4 750,5 88,5
Hungría / Hungria 128,6 68,1 122,2 31,9 250,8 99,9
Irlanda / Irlanda 140,7 140,7 309,6 40,1 450,3 180,8
Italia / Itália 1.084,1 1.435,0 3.331,0 785,8 4.415,0 2.220,7
Letonia / Letónia 18,7 12,3 27,2 15,6 45,9 27,9
Lituania / Lituânia 41,1 9,1 52,2 19,4 93,3 28,5
Luxemburgo / Luxemburgo 38,1 39,7 44,9 16,3 83,1 55,9
Malta / Malta 10,6 1,5 71,8 0,2 82,4 1,7
Países Baixos / Países Baixos 933,9 999,7 1.254,7 395,1 2.188,6 1.394,8
Polonia / Polónia 378,2 349,8 1.768,7 189,7 2.147,0 539,4
Portugal / Portugal .. .. 4.309,0 2.721,7 .. ..
República Checa / República Checa 235,3 162,8 170,3 48,5 405,6 211,2
Romanía / Roménia 177,8 87,0 375,7 58,4 553,5 145,3
Suecia / Suécia 449,3 273,8 166,6 142,7 615,9 416,6
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte
Nota: Non se ten en conta o comercio entre Galicia e España nin o da Rexión Norte de Portugal con Portugal

En Galicia, os produtos máis exportados á UE-27, atendendo as seccións arancelarias da clasificación TARIC, son: material de transporte (23,9% do valor total das expedicións) e as materias téxtiles e as súas manufacturas (27,6%); os produtos máis importados son o material de transporte (17,2%) e os metais comúns e manufacturas deses metais (18,7%).

En 2024, o 15,4% do valor das mercadorías exportadas pola Rexión Norte e con destino a UE-27 eran materias téxtiles e as súas manufacturas. No que se refire ás introducións, o Norte de Portugal importa máquinas, aparellos e material eléctrico (22,3% do valor total das introducións) e metais comúns e as súas manufacturas (12,1%).

5 Contas rexionais

O Produto interior bruto (PIB) da Eurorrexión situose no 2023 en 155.854,1 millóns de euros. O PIB xerado pola economía galega no ano 2023 acadou os 77.194,56 millóns de euros, o que supón un PIB per cápita a prezos correntes de aproximadamente 28.640 euros. Neste ano o PIB aumentou en Galicia un 2,2% con respecto ao ano anterior en termos de índices de volume. Na Rexión Norte, o PIB para 2023 estímase en 78.659,54 millóns de euros e o PIB per cápita a prezos correntes en 21.510 euros. O PIB medido en índices de volume subiu, neste ano, un 2,3%.
Produto interior bruto a prezos de mercado. Ano 2023
Portugal Norte (NUTS-2024) España Galicia Eurorrexión/ Eurorregião
PIBpm (millóns de euros) / PIB (milhões de euros) 267.384,33 78.659,54 1.498.324,00 77.194,56 155.854,10
PIBpm per cápita (miles de euros) / PIB per capita (milhares de euros) 25,28 21,51 30,97 28,64 ..
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

Taxas de variación interanuais en índices de volume do PIB

Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

Na estrutura do valor engadido bruto por sectores de actividade económica, a rama agraria e pesqueira ten un maior peso en Galicia que na Rexión Norte de Portugal (un 4,4% fronte a un 1,6%), mentres que o peso da industria é maior na Rexión Norte (23,5% na Rexión Norte e 18,2% en Galicia). O sector da construción é similar nas dúas rexións, o 6,6% en Galicia e o 6% na Rexión Norte.

Valor engadido bruto a prezos básicos por ramas de actividade CNAE09 2023
Unidade: Millons de euros
Norte Galicia Eurorrexión/ Eurorregião
Total 68.431 70.780 139.212
Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca / Agricultura, produção animal, caça, floresta e pesca 1.123 3.096 4.218
Industria / Indústrias extrativas; indústrias transformadoras; produção e distribuição de electricidade, gás, vapor e ar frio; captação, tratamento e distribuição de água; saneamento, gestão de resíduos e despoluição 16.057 12.887 28.944
Construción / Construção 4.112 4.702 8.814
Comercio, transporte e hostalería / Comércio por grosso e a retalho; reparação de veículos automóveis e motociclos; transportes e armazenagem; atividades de alojamento e restauração 14.390 16.292 30.682
Información e comunicacións / Informação e comunicação 2.522 1.930 4.452
Actividades financeiras e de seguros / Atividades financeiras e de seguros 3.829 3.428 7.257
Actividades inmobiliarias / Atividades imobiliarias 6.964 7.789 14.753
Actividades profesionais (actividades de consultoría, científicas, técnicas e similares; actividades administrativas e dos servizos de apoio)/ Atividades de consultoria, cientificas, técnicas e similares; actividades administrativas e dos serviços de apoio 5.750 4.943 10.693
Administración pública, sanidade e educación / Administração pública e defesa; segurança social obrigatória; educação, saúde humana e ação social 11.849 12.849 24.698
Actividades artísticas, recreativas e outros servizos / Atividades artísticas e de espetáculos; reparação de bens de uso doméstico e outros serviços 1.836 2.865 4.701
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

6 O sector turístico

Un total de 4.112 establecementos (incluíndo establecementos hoteleiros, de turismo rural, campamentos e apartamentos turísticos) forman a oferta turística da Comunidade Autónoma de Galicia e poñen a disposición das persoas viaxeiras un total de 92.964 prazas. En 2023, un total de 5.796.897 viaxeiros aloxáronse nestes establecementos.

Na Rexión Norte de Portugal, a oferta turística está constituída por 2.097 establecementos, cunha capacidade de aloxamento de 87.252 prazas. O número de persoas viaxeiras que en 2023 se aloxaron nalgún establecemento de turismo da Rexión Norte situouse en 6.941.647.

Número de establecementos de turismo e prazas. Ano 2023
Establecementos / Estabelecimentos
Prazas / Capacidade de alojamento
Norte Galicia Eurorrexión/ Eurorregião Norte Galicia Eurorrexión/ Eurorregião
Total 2.097 4.112 6.209 87.252 92.964 180.216
Estrelas de ouro / Hotéis 455 635 1.090 51.991 45.044 97.035
Estrelas de prata / Pensões 1590 824 2.414 31.200 15.848 47.048
Outros establecementos / Outros estabelecimentos 52 2.653 2.705 4.061 32.072 36.133
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte
Número de viaxeiros nos establecementos de turismo. Ano 2023
Norte Galicia Eurorrexión/ Eurorregião
Total 6.941.647 5.796.897 12.738.544
Estrelas de ouro / Hotéis 5.053.872 3.929.220 8.983.092
Estrelas de prata / Pensões 1.603.297 1.051.127 2.654.424
Outros establecementos / Outros estabelecimentos 284.478 816.550 1.101.028
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

7 Indicadores sociais

No que a saúde se refire, en 2023 a ratio de médicos por 1.000 habitantes foi similar en ambos territorios: 6,03 no caso galego e 6 na Rexión Norte. No referente ao indicador de número de camas por mil habitantes, tamén foi similar para as dúas rexións, 3,3 para a Rexión Norte e 3,1 para Galicia.

A esperanza de vida, indicador que permite realizar comparacións sobre a mortalidade e as condicións de saúde en distintas poboacións, é superior en Galicia. A esperanza de vida para os residentes en Galicia é de 83,95 anos, fronte os 81,82 anos da rexión Norte de Portugal. É de salientar que o indicador é superior para as mulleres en ambas as dúas rexións. Para Galicia a diferenza entre a esperanza de vida masculina e feminina no momento do nacemento é de 6 anos (a favor das mulleres). Na Rexión Norte de Portugal os homes viven de media 5 anos menos que as mulleres.
Indicadores de saúde. Ano 2023
Portugal Norte España Galicia
Camas por 1.000 habitantes 3,4 3,3 2,8 3,1
Médicos por 1.000 habitantes 5,8 6 6,3 6,0
Taxa de mortalidade infantil (tanto por mil / Permilagem) 2,5 2,0 2,6 3,3
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte
Esperanza de vida. Ano 2023
Portugal Norte España Galicia
Total 81,17 81,82 83,77 83,95
Homes / Homens 78,37 79,16 81,11 80,92
Mulleres / Mulheres 83,67 84,16 86,34 86,89
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

O abandono educativo temperán permite comparacións entre os niveis educativos da poboación a un lado e outro da fronteira galaico portuguesa. Este indicador defínese como a porcentaxe de mozos entre 18 e 24 anos (ambos inclusive) que non completou o nivel de educación secundaria segunda etapa, e tampouco segue ningún tipo de formación (regrada ou non regrada). En 2024 esta porcentaxe foi do 9,1% en Galicia e do 6,1% na Rexión Norte de Portugal.

Outro indicador utilizado para analizar o estado do sistema educativo en ambas as dúas rexións é a porcentaxe de persoas de 30 a 34 anos que alcanzaron a educación superior: en Galicia é do 53,8%, mentres que na Rexión Norte de Portugal sitúase no 38,8%.

Abandono educativo temperán


Persoas de 30 a 34 anos con educación superior

Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte


8 Definicións e máis información

8.1 Definicións

8.2 Acceso ás táboas de datos:

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo