O Instituto Galego de Estatística xunto co Instituto Nacional de Estatística iniciaron no ano 1995 a elaboración do anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal. Como resultado desta cooperación publicáronse seis edicións en papel do anuario correspondentes aos anos 1995, 1996, 1998, 2000-2001, 2002 e 2003 e dúas edicións en CD-ROM (1997 e 1999). A publicación das edicións 2010, 2011 e 2012 do anuario, encadrada dentro do Programa Operativo de Cooperación Territorial España-Portugal (POCTEP), é froito da colaboración entre a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, o Instituto Galego de Estatística e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal a través do seu Observatorio das Dinámicas Rexionais. Na web están dispoñibles os anuarios dende o exemplar do 1995, en formato Html/Excel ou pdf. Os exemplares publicados poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles. |
Consulta do Anuario Neste apartado pódense consultar os distintos exemplares do anuario Galicia-Norte de Portugal. Ademais, a información pódese ampliar nos diferentes apartados das actividades estatísticas na nosa páxina web. Anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal |
No atlas preséntanse datos sobre a localización e estrutura das sociedades con sede na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, o que permite un maior coñecemento do tecido empresarial de ambas as dúas rexións. Na web están dispoñibles os atlas con ano de referencia 1994 e 1996 en formato pdf. Os exemplares publicados poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles. |
Consulta do Atlas Neste apartado pódense consultar os distintos exemplares do atlas de empresas Galicia - Norte de Portugal Atlas de empresas Galicia - Norte de Portugal |
Esta publicación proporciona unha caracterización dos espazos correspondentes ás tres comunidades territoriais de cooperación transfronteiriza creadas no ámbito da comunidade de traballo Galicia - Norte de Portugal: Val do Miño, Val do Limia e Val do Támega, que integran a 84 concellos. A información presentada abarca sete dominios: territorio, poboación, vivenda, saúde, educación, mercado de traballo e tecido empresarial. Na web está dispoñible a publicación editada no ano 2005 en formato pdf. Os exemplares publicados poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles. |
Consulta da publicación No seguinte enlace pode consultar a publicación en formato pdf Caracterización da área de fronteira Galicia - Norte de Portugal |
A publicación do estudo sobre comercio intracomunitario da Eurrexión Galicia-Norte de Portugal, 1995-1997 é froito da cooperación entre o INE de Portugal e o Instituto Galego de Estatística. Nesta publicación preséntanse as liñas xerais do comercio conxunto entre a Eurorrexión e o resto da Unión Europea sen considerar Portugal e España, analízase o crecemento do comercio intraindustrial e, finalmente, ofrécese unha visión do comercio entre as dúas rexións con Portugal e España. Na web está dispoñible a publicación en formato pdf. Os exemplares publicados poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles. |
Consulta da publicación No seguinte enlace pode consultar a publicación en formato pdf Comercio Intracomunitario da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal |
Nesta publicación recóllense unha serie de indicadores demográficos, educativos, laborais e sanitarios de Galicia e a Rexión Norte de Portugal que permiten ter unha visión conxunta e comparada de ambas as dúas rexións. Na web está dispoñible a publicación en formato pdf. Os exemplares publicados poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles. |
Consulta da publicación No seguinte enlace pode consultar a publicación en formato pdf |
Esta publicación ten por obxectivo dar un conxunto de instrumentos que permitan de forma obxectiva, comparar os concelhos do Norte de Portugal e as comarcas de Galicia en tanto ao respectivo grao de desenvolvemento. Na web está dispoñible a publicación en formato pdf. Os exemplares publicados poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles. |
Consulta da publicación No seguinte enlace pode consultar a publicación en formato pdf |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies