GALICIA EN CIFRAS. ANUARIO 2009
Nesta publicación, de periodicidade anual, preséntanse as principais variables de contido estatístico, das diferentes fontes dispoñibles no período de referencia e sobre os diferentes ámbitos e materias da realidade socioeconómica, relativas á comunidade autónoma.
MEMORIA ANUAL DA ACTIVIDADE ESTATÍSTICA. CONSELLO GALEGO DE ESTATÍSTICA
Na presente memoria inclúese un resumo da normativa aplicable, as actividades estatísticas de produción propia executadas polo IGE, a composición do Consello Galego de Estatística e breves referencias ás actividades de difusión e xestión do IGE. A información presentada, permite facer un seguimento das actividades realizadas polo organismo e contribúe a que o seu labor sexa máis coñecido, nun intento de achegar, na medida do posible, a información estatística ao cidadán.
5.-
ANUARIO ESTATÍSTICO GALICIA-NORTE DE PORTUGAL 2010
Nesta publicación preséntase un conxunto de variables estatísticas que permiten comparar as estruturas socioeconómicas de Galicia e o Norte de Portugal.
NOTA: O anuario en formato papel está esgotado. Só hai dispoñibles tarxetas USB.
DOCUMENTOS TÉCNICOS.
Nestas publicacións recóllense distintos traballos e estudos metodolóxidos que se desenvolveron no Instituto Galego de Estatística.
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies