Catálogo de publicacións


Publicacións sobre "Sector exterior"   6 publicación(s) atopada(s)
1.- Índices de valor unitario encadeados
Nesta publicación preséntase a metodoloxía empregada para o cálculo de índices encadeados dos índices de valor unitario do comercio exterior de Galicia, que substitúen aos índices en base 2000.
 
2.- Índices de valor unitario. Base 2000. Metodoloxía e primeiros resultados
O obxectivo desta operación é obter unha aproximación aos verdadeiros índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe/destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.
 
3.- Intercambio de mercadorías co Norte de Portugal. 1994-1999
Nesta publicación, antes cos títulos "Intercambios comerciais Galicia-Norte de Portugal" e "Trocos comerciais Galicia-Norte de Portugal", preséntanse as transaccións intracomunitarias de bens con orixe e destino na eurorrexión para o período 1994-1999.

NOTA: Os datos correspondentes ao período 1994-2000 publícanse directamente na páxina web do IGE.
 
4.- Comercio exterior de Galicia. Índices de valor unitario: metodoloxía e series históricas
Nesta publicación preséntanse o informe final do proxecto " A elaboración de deflactores para o comercio exterior e intracomunitario", a metodoloxía aplicable, o detalle do proceso de construción do sistema e as series históricas.
 
5.- O comercio intracomunitario da eurorrexión Galicia e Norte de Portugal: 1995-1997
Nsta publicación preséntanse as liñas xerais do comercio conxunto entre a Eurorrexión e o resto da Unión Europea sen considerar Portugal e España, analízase o crecemento do comercio intraindustrial e, finalmente, ofrécese unha visión do comercio entre as dúas rexións con Portugal e España.
 
6.- Comercio exterior de Galicia. Ano  
Nesta obra, que no período 1988-1998 editouse como "Estatística de comercio exterior: Galicia", preséntanse o comercio intracomunitario e o comercio exterior da comunidade autónoma desglosados por áreas xeográficas, países e produtos segundo as nomenclaturas oficiais aplicables.

NOTA: A partir do ano 1999 publícanse directamente na páxina web do IGE.
 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo