ÍNDICE DE CONFIANZA DO CONSUMIDOR. METODOLOXÍA E PRIMEIROS RESULTADOS
Este índice busca converterse nun instrumeno explicativo das expectativas económicas dos consumidores galegos. Permitiranos facer un seguimento ao longo do tempo das crenzas e comportamentos dos galegos no que á súa posición económica, compras, aforro, desemprego e prezos se refire.
ENQUISA ESTRUTURAL A FOGARES. RELACIÓNS FAMILIARES E SOCIAIS. ANO 2002
Nesta obra recóllense os resultados detallados das relacións familiares e sociais, aspectos como coidado de nenos e persoas dependentes, tarefas domésticas, hábitos de comportamento, illamento social e asociacionismo.
9.-
INDICADORES SOCIAIS. GALICIA NORTE DE PORTUGAL 2000
Nesta publicación recóllense unha serie de indicadores demográficos, educativos, laborais e sanitarios de Galicia e a Rexión Norte de Portugal que permiten ter unha visión conxunta e comparada de ambas as dúas rexións.
ENQUISA ESTRUTURAL A FOGARES. INGRESOS DO FOGAR. ANO
Neste folleto recóllense os resultados detallados referentes aos ingresos do fogar, á pobreza, á concentración das rendas a través do índice de gini e información referida ao substentador principal do fogar.
15.-
CONSUMO DAS FAMILIAS. ANO 2003
Neste folleto proporciónase información sobre determinados gastos do fogar, sobre todo aqueles que teñen un carácter regular e que supoñen unha carga mensual fixa para os fogares.
16.-
ÍNDICE DE CONFIANZA DO CONSUMIDOR
Nesta obra preséntase un informe onde se analizan os resultados do índice de confianza do consumidor para o ano de referencia
17.-
INDICADORES SOCIAIS 2004
Presentaranse en Internet os indicadores sociais máis relevantes de Galicia proporcionando unha información de síntese para o estudo e seguimento das condicións sociais da poboación galega.
18.-
INDICADORES DE XÉNERO 2008
Nesta publicación preséntanse un conxunto de indicadores de xénero a nivel provincial e autonómico
19.-
ESTATÍSTICA DE PENSIÓNS E OUTRAS PRESTACIÓNS
Nesta publicación recóllense o número de pensións, importe medio tanto das pensión de caracter contributivo como non, a nivel provincial e da comunidade autónoma, en vigor a 31 de decembro de cada ano.
NOTA: Os resultados do ano 2001 e posteriores publicánse directamente na páxina web
20.-
ATLAS ELECTORAL DE GALICIA
Nesta publicación preséntase a estrutura electoral por provincias, a participación e os resultados electoriais por concellos da comunidade autónoma para as diversas convocatorias ás urnas.
NOTA: Os datos das elección locais de maio de 2003 e posteriores publicánse directamente na páxina web
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies