Definicións

Débeda

Débeda pública/débeda viva

É o valor nominal total das obrigas brutas do sector Administracións Públicas pendentes a final de ano, agás as obrigas representadas por activos financeiros que estean en mans do propio sector.
O concepto de débeda está elaborado segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE), no que se distingue:

  • Efectivo e depósitos (emisión de moeda metálica)
  • Valores distintos de accións
  • Préstamos e créditos
O concepto de débeda elaborado segundo o PDE diferénciase do concepto de "pasivos totais" en que non inclúe os pasivos das AA.PP. en poder doutras AA.PP. nin os créditos comerciais e outras contas pendentes de pago.


Produto interior bruto (PIB)

É o resultado da actividade produtiva das unidades de produción residentes.Nas contas económicas estímase por tres vías: oferta, demanda e rendas.

  • Suma do valor engadido bruto (VEB) das ramas de actividade, máis os impostos netos de subvencións sobre os produtos (oferta).
  • Suma da demanda final de bens e servizos das unidades institucionais residentes máis o saldo exterior de bens e servizos (demanda)
  • Suma de remuneración de asalariados, impostos sobre a produción e as importacións netos de subvencións, renda mixta e excedente de explotación bruto (rendas).



Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
   Compartir: