Definicións
Turismo
Apartamento turístico
|
Enténdese por establecemento de apartamentos turísticos toda unidade produtora cuxa actividade principal é a de aloxamento. Defínese un apartamento turístico (unidade) como o inmoble cuxo uso se cede en aluguer de modo habitual para hospedaxe ocasional.
|
|
Campamento de turismo
|
Enténdese por campamentos de Turismo, tamén denominados "Cámpings", aqueles espazos de terreo debidamente delimitados, dotados e acondicionados, destinados a facilitar ás persoas, de modo habitual e mediante o pagamento dun prezo estipulado, un lugar para facer vida ao aire libre durante tempo limitado con fins vacacionais ou turísticos e utilizando como residencia, albergues móbiles, caravanas, tendas de campaña ou outros elementos similares facilmente transportables. Os campamentos de turismo clasifícanse de acordo coas súas instalacións e servizos, nas catro categorías seguintes: luxo, primeira, segunda e terceira.
|
|
Destinos turísticos
|
Constitúen unha agrupación dos concellos de Galicia en áreas turísticas, tendo en conta a intensidade turística que soporta cada un. Esta clasificación utilízase na actividade Indicadores da intensidade da demanda turística. Defínense 18 destinos: - A Coruña e As Mariñas
- Ancares-Courel
- Celanova-Limia
- Costa da Morte
- Deza-Tabeirós
- Ferrolterra
- Lugo e a Terra Chá
- Manzaneda-Trevinca
- Mariña Lucense
- O Ribeiro
- Ría de Arousa
- Ría de Muros e Noia
- Ría de Vigo e Baixo Miño
- Ría e Terras de Pontevedra
- Ribeira Sacra
- Terras de Ourense e Allariz
- Terras de Santiago
- Verín-Viana
Deles, oito defínense como destinos costeiros, xa que teñen unha liña de costa significativa: A Coruña e As Mariñas, Costa da Morte, Ferrolterra, Mariña Lucense, Ría de Arousa, Ría de Muros e Noia, Ría de Vigo e Baixo Miño e Ría e Terras de Pontevedra. A táboa cos concellos que forman parte de cada destino pode consultarse na metodoloxía da actividade.
|
|
Establecemento de turismo rural
|
Considéranse establecementos de turismo rural, aqueles establecementos ou vivendas destinadas ao aloxamento turístico mediante prezo, con ou sen outros servizos complementarios e que estean inscritos no correspondente Rexistro de Aloxamentos Turísticos de cada Comunidade Autónoma. Estes establecementos adoitan presentar unhas características determinadas: - están situados nun medio rural,
- son edificacións cunha tipoloxía arquitectónica propia da zona ou están situados en terreos que manteñen activas explotacións agropecuarias (agroturismo), e
- ofrecen un número de prazas e cuartos para o aloxamento de hóspedes limitado, ademais de reunir certos requisitos de infraestrutura e dotacións básicas.
Os aloxamentos de turismo rural poden adoptar unha destas dúas modalidades de aluguer ou ambas as dúas:- defínese modalidade de aluguer de uso completo como a contratación íntegra do inmoble para uso exclusivo do contratante,
- defínese modalidade de aluguer de uso compartido como a contratación individualizada de cuartos dentro da propia vivenda familiar.
|
|
Establecemento hoteleiro
|
Son establecementos hoteleiros aqueles establecementos que prestan servizos de aloxamento colectivo mediante prezo con ou sen outros servizos complementarios (hotel, hotel-apartamento ou apartahotel, motel, hostal, pensión, etc.).
|
|
Establecemento turístico aberto estimado
|
Enténdese por establecemento turístico abertos de tempada, aquel no que o mes de referencia está comprendido dentro do seu período de apertura.
|
|
Estadía media
|
Esta variable é unha aproximación ao número de días que, por termo medio, os viaxeiros permanecen nos establecementos e calcúlase como cociente entre as noites e o número de viaxeiros.
|
|
Grao de ocupación por prazas
|
Relación, en porcentaxe, entre o total das noites e o produto das prazas, incluíndo as camas supletorias, polos días a que se refiren as noites. Enténdense por camas supletorias todas aquelas que non teñan carácter fixo e que non estean nas prazas declaradas oficialmente polo establecemento e que constan no directorio.
|
|
Hotel
|
É aquel establecemento que, ofrecendo aloxamento con ou sen comedor e outros servizos complementarios, ocupe a totalidade dun ou varios edificios ou unha parte independizada deles, constituíndo as súas dependencias un todo homoxéneo, con accesos, escaleiras e ascensores de uso exclusivo, e que reúna os requisitos técnicos mínimos en función da súa categoría, determinados regulamentariamente.
|
|
Noites ou prazas ocupadas
|
Enténdese por noite cada noite que un viaxeiro se aloxa no establecemento.
|
|
Parcelas estimadas (campamentos turísticos)
|
O número total de parcelas estimadas nun cámping defínese como a suma de: parcelas estimadas, bungalows estimados, caravanas en propiedade do cámping estimadas e a zona non parcelada destinada á acampada libre estimada dos establecementos abertos de tempada. Defínese parcela como a superficie, numerada e perfectamente delimitada, destinada a acampada. Defínese bungalow como unha construción fixa dentro do cámping destinada a unidade de aloxamento. Defínese caravana en propiedade do cámping a unha unidade móbil de aloxamento cuxo uso se cede en aluguer mediante un prezo estipulado. Zona non aparcelada é unha zona sen aparcelar dentro do cámping destinada a acampada libre.
|
|
Parcelas totais ocupadas (campamentos turísticos)
|
Defínese como a suma de: parcelas ocupadas máis bungalows ocupados máis caravanas en propiedade do cámping ocupada máis a zona sen parcelar ocupada.
|
|
Persoal empregado
|
Defínese como o conxunto de persoas, remuneradas e non remuneradas, que contribúen mediante a achega do seu traballo, á produción de bens e servizos no establecemento durante o mes que inclúe o período de referencia da enquisa, aínda que traballen fóra dos locais deste.
|
|
Prazas estimadas
|
O número de prazas equivale ao número de camas fixas do establecemento. Non se inclúen, polo tanto, as supletorias, e as de matrimonio dan lugar a dúas prazas. (Hoteis e Turismo rural) En cámpings o número de prazas corresponde á súa capacidade autorizada en persoas. (Campamentos turísticos)
|
|
Punto turístico
|
Concello onde a concentración da oferta turística é significativa.
|
|
Viaxeiros entrados
|
Todas aquelas persoas que realizan unha ou máis noites seguidas no mesmo aloxamento.
|
|
Zona turística (ata 2011)
|
Conxunto de concellos nos que se localiza de forma específica a afluencia turística. En Galicia encontramos as seguintes zonas turísticas: - Costa Da Morte (A Coruña). Inclúe os concellos de: Arteixo, Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Camariñas, Muxía, Cee, Fisterra, Corcubión.
- Rías Altas (A Coruña).Inclúe os concellos de: Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Ferrol, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume, Miño, Bergondo, Sada, Oleiros, A Coruña.
- Costa A Mariña Lucense (Lugo). Inclúe os concellos de: O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo.
- Rías Baixas (Pontevedra e A Coruña). Inclúe os concellos de: Carnota, Muros, Outes, Noia, Porto do Son, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Ribadumia, Meaño, O Grove, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín, Bueu, Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda.
|
|
Zona turística (desde 2012)
|
Conxunto de municipios nos que se localiza de xeito específico a afluencia turística. En Galicia considéranse as seguintes zonas turísticas:
- Costa da Morte (A Coruña): Carnota, Coristanco, Dumbría, Mazaricos, Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Camariñas, Muxía, Cee, Fisterra, Corcubión, Vimianzo, Zas
- Rías Altas (A Coruña): Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Ferrol, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume, Miño, Bergondo, Sada, Oleiros, A Coruña, Abegondo, Aranga, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Irixoa, Oza-Cesuras, Paderne, A Capela, Cerdido, Fene, Moeche, Monferro, Narón, Neda, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Vilarmaior
- Costa A Mariña Lucense (Lugo): O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Trabada, O Valadouro
- Rías Baixas (Pontevedra e A Coruña): Muros, Outes, Noia, Porto do Son, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Ribadumia, Meaño, O Grove, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín, Bueu, Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda, Dodro, Catoira, Meis, Pontecesures, Valga, A Illa de Arousa, Lousame, Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Pazos, de Borbén, O Porriño, Ponteareas, Saceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Moraña, Portas, Ponte Caldelas
|
|
|