Fogar principal
|
Considérase fogar principal aquel no que un dos seus membros ten a titularidade da vivenda que ocupa, xa sexa en propiedade ou alugamento. No caso de que a vivenda estea cedida, o fogar principal será aquel no que estea a persoa a favor da que se fixo a cesión.
|
|
Fogar privado
|
Persoa ou conxunto de persoas que ocupan en común unha vivenda principal ou parte dela, e consomen e/ou comparten alimentos ou outros bens con cargo a un mesmo orzamento.
|
|
Nivel de satisfacción co traballo
|
Nos resultados referentes ao módulo de condición no traballo (2007) da Enquisa de Condicións de vida das familias, os ocupados clasifícanse segundo a súa puntuación en nivel de satisfacción co traballo en: - Pouco satisfeito: comprende as puntuacións 1, 2, 3 ou 4.
- Satisfeito: comprende as puntuacións 5, 6 ou 7.
- Moi satisfeito: comprende as puntuacións 8, 9 ou 10.
|
|
Vivenda familiar
|
É a vivenda destinada a ser habitada por unha ou varias persoas, xeral pero non necesariamente unidas por parentesco, e que non constitúen un colectivo. A pesar de non cumprir estritamente a definición, tamén se consideran vivendas familiares os aloxamentos.
As vivendas familiares inclúense no Censo de Vivendas, con independencia de que estean ocupadas ou non no momento censual.
|
|
Vivenda familiar principal
|
Vivenda familiar que se utiliza toda ou a maior parte do ano como residencia habitual dunha ou máis persoas.
|
|