Definicións
Proxeccións de fogares
Áreas (Enquisa estrutural a fogares)
|
As áreas definidas a partir da edición 2008 da Enquisa estrutural a fogares son: - Provincia da Coruña
- Ferrol-Eume-Ortegal: comprende as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
- Área da Coruña: comprende as comarcas da Coruña e Betanzos.
- Área da Costa da morte: comprende as comarcas de Bergantiños, Fisterra, Muros, Terra de Soneira e Xallas.
- A Coruña suroriental: comprende as comarcas de Arzúa, Ordes e Terra de Melide.
- Área de Santiago: comprende as comarcas da Barcala, O Sar e Santiago.
- A Barbanza-Noia: comprende as comarcas da Barbanza e Noia.
- Provincia de Lugo
- Lugo oriental: comprende as comarcas da Fonsagrada, Os Ancares e Sarria.
- Lugo sur: comprende as comarcas de Chantada, Quiroga e Terra de Lemos.
- Lugo central: comprende as comarcas da Ulloa, Lugo, Meira e A Terra Chá.
- A Mariña: comprende as comarcas da Mariña Central, A Mariña Oriental e A Mariña Occidental.
- Provincia de Ourense
- O Carballiño-O Ribeiro: comprende as comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
- Ourense central: comprende as comarcas de Allariz e Maceda, Terra de Caldelas, Terra de Trives e Valdeorras.
- Ourense sur: comprende as comarcas da Limia, Baixa Limia, Terra de Celanova, Verín e Viana.
- Área de Ourense: comprende a comarca de Ourense.
- Provincia de Pontevedra
- Pontevedra nororiental: comprende as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.
- Pontevedra sur: comprende as comarcas da Paradanta, O Baixo Miño e O Condado.
- Área de Pontevedra: comprende a comarca de Pontevedra.
- Caldas-O Salnés: comprende as comarcas de Caldas e O Salnés.
- Área de Vigo: comprende a comarca de Vigo.
- O Morrazo: comprende a comarca do Morrazo.
|
|
Fogar
|
É o conxunto de persoas que, residindo na mesma vivenda, comparten gastos comúns ocasionados pola utilización da vivenda e/ou gastos de alimentación. Nos Censos de 2001 exclúese a condición de que compartan gastos comúns.
|
|
Persoa de referencia
|
Na Enquisa estrutural a fogares a persoa de referencia é aquela persoa de 16 ou máis anos que é considerada polos membros do fogar como o cabeza de familia. Se nun fogar non é posible determinar a persoa de referencia, establecerase que esta sexa a que proporciona a información sobre o resto das persoas do fogar. En Emprego do tempo considérase persoa de referencia a aquel membro do fogar que sexa designado polo fogar como tal. No censo de 2011 a persoa de referencia do fogar é a que ocupa o número 1 da lista que se inclúe nos cuestionarios de persoas da vivenda.
|
|
|