Rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta |
ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada |
As rendas mixtas son xeradas polas empresas non constituídas en sociedade. Trátase de remuneración do traballo non asalariado (traballadores por conta propia) e denomínase renda mixta porque inclúe tanto a remuneración do seu traballo como o beneficio como empresario individual. |
Rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta segundo o subgrao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2018 |
O indicador das rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta ten unha evolución no tempo sen grandes variacións, e presenta os valores máis elevados nas subzonas ZPP intermedia e ZPP baixa, mentres que na subzona ZDP é onde este indicador é máis reducido. Cabe resaltar, non obstante, que o indicador diminúe en maior ou menor medida en todas as subzonas de urbanización entre 2010 e 2015, coa excepción da ZDP. A partir deste ano, o peso das rendas mixtas na renda dispoñible bruta comeza a ascender en case todas as subzonas. |
Rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta segundo o subgrao de urbanización. Galicia |
IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Renda municipal do sector fogares
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies