Estrutura da renda e da poboación |
ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada |
Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización
Estrutura da renda e da poboación segundo o grao de urbanización. Galicia
No ano 2018, a ZDP acumula o 43,5% do saldo das rendas primarias de Galicia (froito principalmente das rendas derivadas do traballo remunerado e por conta propia).
Esta porcentaxe reduciuse lixeiramente dende o ano 2010 (44,8%), igual que ocorreu na ZPP; pola contra, a ZIP incrementou no período 2010-2018 a súa importancia na percepción de rendas primarias.
Na ZDP esta porcentaxe supera o seu peso poboacional, o que significa que o saldo de rendas primarias por habitante é superior á media galega nesta zona.
A estrutura da renda dispoñible bruta atópase máis próxima á estrutura poboacional grazas á redistribución de rendas, pero aínda así está lonxe da distribución poboacional.
|
|
Estrutura da renda e da poboación segundo segundo o subgrao de urbanización. Galicia. Ano 2010
|
Estrutura da renda e da poboación segundo segundo o subgrao de urbanización. Galicia. Ano 2018
|
Principais variables económicas en relación ao promedio segundo o grao de urbanización (Galicia=100). Galicia
A zona pouco poboada (ZPP) atópase por debaixo da media galega na renda dispoñible por habitante e presenta ademais un peso da remuneración de asalariados sobre o total da renda inferior á media galega.
Pola contra, o peso das prestacións sociais sobre a renda dispoñible bruta é no ano 2018 un 15,2% superior á media galega.
Como consecuencia, a cobertura das cotizacións sociais na ZPP é a inferior dos tres graos de urbanización.
|
|
Principais variables económicas en relación ao promedio segundo o grao de urbanización (Galicia=100). Galicia. Ano 2018
|
Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización
Estrutura da renda e da poboación segundo o subgrao de urbanización. Galicia
A ZDP e a ZIP alta acumulan no ano 2018 o 72,5% do saldo das rendas primarias de Galicia, e un 69,5% da renda dispoñible bruta, mentres que a poboación que reside nestas zonas é o 64,2% do total. O peso na renda dispoñible bruta das zonas con menor subgrao de urbanización, ZPP intermedia e ZPP baixa, é superior ao do saldo das rendas primarias bruto. Nestas zonas as variables de redistribución da renda como as prestacións sociais, os impostos e as transferencias contribúen a igualar a capacidade de aforro e consumo das diferentes zonas de Galicia.
|
|
Estrutura da renda e da poboación segundo o subgrao de urbanización. Galicia. Ano 2018
|
Principais variables económicas en relación ao promedio segundo o subgrao de urbanización (Galicia=100). Galicia
Principais variables ecónomicas en relación ao promedio segundo o subgrao de urbanización (Galicia=100). Galicia. Ano 2018
|
Definicións, fontes e máis información
Definicións
Máis definicións de interese
Descarga de datos
Fontes de información
IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Renda municipal do sector fogares
|