As Táboas de mortalidade son elaboradas por practicamente todos os institutos de estatística oficial para medir a incidencia da mortalidade, sen ter en conta a influencia da estrutura de idades da poboación en estudo. Constitúen un instrumento idóneo para a comparación de grupos diferentes, resaltando as súas diferenzas e as súas semellanzas. Están formadas por un conxunto de funcións biométricas aplicadas a unha xeración ficticia de individuos sometidos a un patrón de mortalidade similar ao observado na poboación de estudo durante o período de referencia. Entre as funcións que recolle unha táboa de mortalidade están as probabilidades de morte e supervivencia a cada idade x e, a máis coñecida destas funcións, a esperanza de vida en cada idade x, que vén a representar o número medio de anos que lle restarían por vivir a un individuo de idade x, de manterse as condicións de mortalidade existentes no período de referencia. As Táboas de mortalidade aquí presentadas están elaboradas para a Comunidade Autónoma de Galicia e as catro provincias galegas, por sexo e por idades simples ("táboas completas"), ata o grupo final aberto de 100 anos ou máis. |
Aínda que as táboas de mortalidade aquí presentadas están referidas ao ano 2015 e teñen carácter definitivo, tamén se inclúe nesta operación estatística o avance do dato provisional de esperanza de vida correspondente ao ano 2016. |
||
Esperanza de vida ao nacemento. Ano 2015 Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade |
Esperanza de vida ao nacemento. Ano 2016 Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade |
|
No ano 2015 a esperanza de vida ao nacemento en Galicia rompe a tendencia alcista que presentaba na última década. Acada os 82,70 anos, cando na edición anterior foi de 82,92 anos. No 2016 o dato provisional cifra o aumento da esperanza de vida ao nacemento para Galicia en 0,08 anos, e sitúase en 82,78. Tamén aumenta o diferencial entre homes e mulleres, situándose próximo aos 6,5 anos. |
||
Evolución da esperanza de vida ao nacemento. Galicia Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga da táboa) |
||
A esperanza de vida aos 65 e aos 80 anos tamén se incrementan en 2016 con respecto ás do 2015, pero aínda resultan inferiores ás recollidas en 2014. |
||
Esperanza de vida aos 65 anos. Galicia Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade |
Esperanza de vida aos 80 anos. Galicia Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade |
Definicións
|
Acceso ás táboas de datos: |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies