 |
O Instituto Galego de Estatística xunto co Instituto Nacional de Estatística iniciaron no ano 1995 a elaboración do anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal. Como resultado desta cooperación publicáronse seis edicións en papel do anuario correspondentes aos anos 1995, 1996, 1998, 2000-2001, 2002 e 2003 e dúas edicións en CD-ROM (1997 e 1999). A publicación das edicións 2010, 2011 e 2012 do anuario, encadrada dentro do Programa Operativo de Cooperación Territorial España-Portugal (POCTEP), é froito da colaboración entre a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, o Instituto Galego de Estatística e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal a través do seu Observatorio das Dinámicas Rexionais.
Na web están dispoñibles os anuarios dende o exemplar do 1995, en formato Html/Excel ou pdf.
Os exemplares publicados poden solicitalos
ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles. |
|
Consulta do Anuario
Neste apartado pódense consultar os distintos exemplares do anuario Galicia-Norte de Portugal.
Ademais, a información pódese ampliar nos diferentes apartados das actividades
estatísticas na nosa páxina web.
Anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal
|