Resumo de resultados


Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME)


Principais resultados

  • En abril de 2025, rexistráronse en Galicia 411 constitucións de sociedades mercantís, 45 máis que no mes anterior.

  • Este mes, rexistráronse en Galicia 88 disolucións de sociedades mercantís, 37 menos que no mes anterior.

Introdución

A Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con carácter mensual. Como indica o seu nome, a información difundida mediante esta estatística procede da explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (máis coñecido polas súas siglas BORME), atendendo para facer os cálculos á data de publicación de cada incidencia.

O obxectivo desta operación é medir a demografía das sociedades mercantís en Galicia, ofrecendo información sobre os seguintes puntos:

  • As empresas creadas, as que amplían e reducen capital, e as que desembolsan dividendos pasivos.
  • Información sobre as empresas en situación concursal e as quebras, disolucións, extincións e transformación de sociedades ocorridas no mes de estudo.
  • Información sobre o número de socios fundadores das sociedades constituídas cada mes, así como da súa distribución por sexo.

Constitucións e ampliacións

En abril de 2025 constituíronse en Galicia 411 sociedades mercantís. Este mes rexistráronse 45 constitucións máis que no mes anterior e 26 menos que no mesmo mes do ano anterior. O capital medio1 subscrito polas sociedades constituídas en abril de 2025 ascendeu a 29.247,18 euros por sociedade.

Número de sociedades mercantís constituídas e que amplían capital. Galicia. Abril de 2025
Unidade: Número
Dato do Mes Variación absoluta mensual Variación absoluta interanual
Sociedades constituídas 411 45 -26
Sociedades que amplían capital 93 -25 -17
Fonte: IGE (descarga da táboa)

   

Capital suscrito e capital ampliado. Galicia. Abril de 2025
Unidade: Capital (en euros)
Dato do Mes Taxa de variación mensual (%) Taxa de variación interanual (%)
Sociedades constituídas 12.020.593 10,19 -36,26
Sociedades que amplían capital 110.350.196 82,03 242,77

Por outra banda, en abril de 2025 ampliaron o seu capital social 93 sociedades mercantís. O capital ampliado por estas sociedades ascendeu a 110,35 millóns de euros. Con respecto ao mesmo mes do ano pasado, en abril de 2025 ampliaron capital 17 sociedades menos que as rexistradas hai 12 meses.

Como en meses precedentes, en abril de 2025 as provincias de A Coruña e Pontevedra rexistraron o maior número de constitucións, co 37,71% das sociedades mercantís creadas no primeiro caso e o 43,55% no segundo. O 11,92% das novas empresas constituídas fixou a súa sede na provincia de Lugo e o outro 6,81% restante na provincia de Ourense.

Sociedades mercantís constituídas segundo a provincia de inscrición. Galicia. Abril de 2025
Unidade: Número, Porcentaxe
Espazo Número Porcentaxe
Galicia 411 100,00
A Coruña 155 37,71
Lugo 49 11,92
Ourense 28 6,81
Pontevedra 179 43,55
Fonte: IGE (descarga da táboa)

Demografía das empresas constituídas

Case todas as empresas constituídas en abril de 2025 en Galicia adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada. O capital medio subscrito por este tipo de sociedades foi de 29.445,68 euros por empresa.

Sociedades mercantís constituídas segundo a forma xurídica. Galicia. Abril de 2025
Unidade: Número, Euros
Número Capital