Resumo de resultados


Datos Básicos. Benestar

Número de fogares segundo a súa tipoloxía. Ano 2021

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro

Tamaño medio do fogar. Ano 2021
Persoas

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro

A finais de 2021 o 23,07% dos fogares galegos eran unipersoais

O día 31 de decembro de 2021 existían 1.073.031 fogares en Galicia, cun tamaño medio de 2,49 persoas por fogar.

A tipoloxía máis habitual entre os fogares galegos é a formada por unha parella con fillos (o 30,37% dos fogares). Os fogares constituídos por unha parella sen fillos supoñen o 23,97% e o 23,07% dos fogares galegos son unipersoais.



Porcentaxe de fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Ano 2021

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro

O 23,58% dos fogares galegos está composto por persoas de 65 ou máis anos

No 23,58% dos fogares galegos todos os seus membros teñen 65 ou máis anos. Esta porcentaxe sobe nas áreas de Ourense e sur de Lugo e diminúe na franxa atlántica.



Fogares segundo o intervalo de ingresos mensuais. Galicia. Ano 2021
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: os datos refírense a 31 de decembro

En 2021 os fogares galegos ingresaron de media 2.416 euros ao mes

No ano 2021 o ingreso medio mensual dos fogares galegos sitúase en 2.416 euros, un 6,1% máis que no ano anterior (2.277 euros en 2020).



Gasto medio por fogar e distribución porcentual por grupos de gasto. Galicia e España. Ano 2021
Euros e porcentaxes

Fonte: INE. Encuesta de presupuestos familiares

O gasto medio anual por fogar en 2021 foi de 28.429,6 euros

Durante o ano 2021, cada fogar galego dedicou de media 28.429,6 euros para os gastos de consumo. Esta cifra é 814 euros inferior á media española.

Por grupos de gasto, os fogares galegos destinaron o 29,80% do seu orzamento a gastos relacionados coa vivenda, o 18,49% a alimentos e bebidas non alcohólicas e o 12,62% ao transporte.

No grupo de gasto de "vivenda", ademais dos alugamentos reais, inclúense os alugamentos imputados: cando un fogar é propietario da vivenda na que reside, ou a ten cedida, estímase o valor do alugamento que se pagaría no mercado por unha vivenda similar á que ocupa.



Número de pensións contributivas da Seguridade Social e importe medio. Galicia. Ano 2021
Número de pensións e euros

Fonte: Seguridad Social: eSTADISS: Estadísticas de pensiones
Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro de 2020
A suma dos datos por xénero pode non coincidir co total debido a que nalgúns casos non se coñece o xénero

En 2021 a pensión media contributiva en Galicia era de 886,68 euros ao mes

O día 31 de decembro había rexistradas en Galicia 769.285 pensións contributivas do sistema da Seguridade Social, cun importe medio de 886,68 euros ao mes (un 2,28% máis que o ano anterior)

O 62,49% das pensións contributivas da Seguridade Social en Galicia son de xubilación e o seu importe medio ascendeu aos 1011,91 euros ao mes, un 2,51% máis que en 2020. As pensións de viuvez supoñen o 24,11% das pensións contributivas (o 89,97% entre as mulleres). O importe medio mensual destas pensións subiu un 1,81% respecto ao ano anterior e acadou os 627,06 euros en 2021.



Número de beneficiarios de pensións non contributivas. Galicia
Número e porcentaxes

Fonte: información subministrada directamente pola Consellería de Política Social
Nota: A data de referencia dos datos é o día 31 de decembro de cada ano

O número de beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social diminuíu un 1,66% en 2021

A finais de 2021 había en Galicia 37.213 beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social, un 1,66% menos que no ano anterior.



Adultos: delitos segundo o tipo. Ano 2021

Fonte: INE. Estadística de condenados
Nota: Datos provisionais.
O criterio xeográfico utilizado é o lugar de condena

Os delitos máis habituais son contra a seguridade colectiva

En 2021 inscribíronse en Galicia 20.500 delitos cometidos. Segundo a tipoloxía, os que tiveron unha maior incidencia foron os delitos contra a seguridade colectiva (30,9%), os delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica (28,1%) e os delitos por lesións (18,29%).

Mozos que viven cos pais segundo a idade. Galicia. Ano 2021
Número e porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: porcentaxe dos mozos que viven cos pais sobre o total da poboación de mozos de cada grupo de idade. A data de referencia dos datos é o día 31 de decembro


O 63,1% dos mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 18 e os 34 anos vive cos pais.



Mozos que viven cos pais segundo a tipoloxía de ingresos e a idade. Galicia. Ano 2021
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro. Outros ingresos inclúe: "ingresos de prestacións", "ingresos de traballo e prestacións" e "outros ingresos".


Dos mozos e mozas que viven cos pais e que teñen entre 25 e 34 anos, o 72,28% ten ingresos procedentes só do traballo. Entre os que teñen de 18 a 24 anos, o 44,61% non ten ingresos.



Estrutura de ingresos dos fogares. Ano 2021
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares


O 61,55% dos ingresos dos fogares galegos procede do traballo: o 51,55% do traballo por conta allea e o 10% do traballo por conta propia. O 35,93% provén das prestación e o 2,52% das rendas e outros ingresos. A Coruña e Pontevedra son as provincias con maiores porcentaxes de ingresos procedentes do traballo, mentres que Lugo e Ourense son as que teñen maiores porcentaxes de ingresos procedentes das prestacións.



Fogares segundo o grao de dificultade para chegar a fin de mes. Galicia. Ano 2021
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: a data de referencia dos datos é o 31 de decembro


En 2021 a porcentaxe de fogares galegos que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes dimin�e 4,47 puntos, ata o 57,03%. A porcentaxe dos que chega con dificultade aumenta 3,93 puntos, e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade aumenta 0,54 puntos ata situarse no 7,46%



Fogares que tiveron algún retraso no pago de recibos de obrigado cumprimento nos últimos tres meses. Galicia
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares
Nota: considéranse recibos de obrigado cumprimento o da hipoteca ou aluguer da vivenda principal, préstamos, gas, auga...


Segundo a enquisa conxuntural a fogares elaborada polo IGE, no cuarto trimestre de 2022, o 3,13% dos fogares galegos tivo algún retraso no pago de recibos de obrigado cumprimento nos últimos tres meses.



Evolución do número de beneficiarios de prestacións por desemprego. Galicia

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Anuario de estadísticas


No ano 2021 contabilizáronse en Galicia unha media de 96.584 beneficiarios e beneficiarias de prestacións por desemprego, un 32,6% menos que en 2020.



Fogares segundo o número de persoas perceptoras de ingresos procedentes de prestacións. Ano 2021
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: os datos refírense a 31 de decembro.Os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos


A finais de 2021, no 79,07% dos fogares galegos había polo menos unha persoa que percibía ingresos procedentes de prestacións.



Condenados en Galicia segundo o sexo e a nacionalidade. Galicia. Ano 2021
Porcentaxe

Fonte: INE. Estadística de condenados


O 89,6% das persoas condenadas en Galicia no ano 2021 tiña nacionalidade española.



Menores condenados en Galicia segundo o sexo e a idade. Galicia. Ano 2021

Fonte: INE. Estadística de menores
Nota: idade á comisión da primeira infracción penal

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo