Resumo de resultados


Construción de edificios


Principais resultados

  • En febreiro concedéronse licenzas para construir 186 edificacións de nova planta (residenciais e non residenciais).
  • O número de lincenzas concedidas para rehabilitación de edificios foi de 157 e 16 para demolición.
  • A variación neta do parque de vivendas no mes de febreiro foi de 478.

1 Introdución

A operación estatística Construción de edificios ofrece información sobre as licenzas de obra maior que conceden os concellos de Galicia. O colectivo de informantes constitúeo o conxunto dos promotores inmobiliarios e/ou técnicos colexiados que asinan os proxectos de edificación.

A estatística ofrece información sobre o número de edificacións de nova planta a construír (con distinción de se se trata de edificios residencias ou non residencias), a rehabilitar e a demoler. Tamén informa sobre as vivendas de nova planta ás que darán lugar as novas edificacións, o número de vivendas creadas en rehabilitación e a demoler, así como da variación neta do parque de vivendas.

2 Licenzas para edificios

No mes de febreiro de 2025 concedéronse licenzas para construír 186 edificacións de nova planta: 125 residenciais e 61 non residenciais.

Sobre edificacións xa existentes, concedéronse licenzas para 157 obras de rehabilitación e 16 para obras de demolición de edificios.

En relación ao acontecido doce meses antes, o número de edificios a construír de nova planta aumentou en 5 unidades: 186 en febreiro de 2025 fronte aos 181 de febreiro de 2024.

O número de edificios a rehabilitar é maior que o rexistrado doce meses antes: 157 en febreiro de 2025 fronte aos 152 de febreiro de 2024.

3 Vivendas

As licenzas concedidas en febreiro de 2025 permitirán crear 418 vivendas en nova planta, o que supón un incremento de 129 unidades en relación ao rexistrado hai un ano.

O número de vivendas que se permitirían crear en rehabilitación sería de 67 e as vivendas a demoler serían 7.

A variación neta do parque de vivendas1 este mes sería, por tanto, positiva, 478 novas vivendas coas licenzas concedidas.

Número de edificios e vivendas a construír, rehabilitar e demoler. Galicia
Edificos
Vivendas
De nova planta A rehabilitar A demoler De nova planta A rehabilitar A demoler
2024/Febreiro 181 152 19 289 55 19
2024/Marzo 141 136 20 283 32 16
2024/Abril 170 151 33 351 56 23
2024/Maio 180 161 26 240 54 68
2024/Xuño 158 138 17 350 49 31
2024/Xullo 166 160 40 345 74 21
2024/Agosto 132 135 21 315 59 9
2024/Setembro 167 150 17 421 79 10
2024/Outubro 206 209 12 314 106 16
2024/Novembro 171 147 16 196 74 30
2024/Decembro 178 151 23 352 64 20
2025/Xaneiro 129 134 18 219 130 21
2025/Febreiro 186 157 16 418 67 7
Fonte: IGE (descarga da táboa)



     Gráfico coa evolución da variación neta do parque de vivendas

Fonte: IGE (descarga da táboa)

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Construción de Edificios.


  1. variación neta do parque de vivendas calcúlase como a suma do número de vivendas a crear en nova planta e o de vivendas a crear en rehabilitación, menos o número de demolicións.↩︎

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo