Economía. Os sectores de actividade Definicións e conceptos teóricos
A Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) é unha clasificación que permite categorizar as empresas e institucións de acordo coa actividade económica que desempeñan. Esta clasificación é moi útil para facer estatísticas relacionadas coa participación das unidades produtivas no proceso económico.
A partir do día 1 de xaneiro de 2009 aplícase a CNAE-2009
Dentro do sector da agricultura inclúense as seguintes actividades económicas: agricultura, gandaría, caza, silvicultura e explotación forestal. Dentro do sector pesqueiro está incluída, ademais da pesca, a acuicultura.
Na seguinte táboa móstrase a evolución da poboación ocupada galega segundo os sectores de actividade económica nos que desempeñan a súa labor:
Poboación ocupada en Galicia segundo os sectores de actividade Miles de persoas
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa
A partir da táboa anterior podemos calcular a distribución da poboación ocupada no sector primario para eses anos:
Poboación ocupada en Galicia segundo os sectores de actividade Miles de persoas e porcentaxes
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa
Evolución da poboación ocupada na agricultura e pesca en Galicia Miles de persoas
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa
Se queres acceder a datos máis actuais preme na seguinte ligazón
Como se pode observar na gráfica anterior, a poboación ocupada no sector primario diminuíu drasticamente os seus efectivos nestas tres décadas. De feito, no ano 1980, o 41,6% dos ocupados galegos desenvolvían a súa actividade no sector da agricultura e pesca, pero esta porcentaxe foi decrecendo progresivamente e no ano 2024 non chegaba ao 10% (6,4%).
Unha das causas desta diminución foi o éxodo rural. Moita da poboación que vivía no medio rural emigrou aos núcleos urbanos das cidades galegas ou a outras partes de España e ao estranxeiro. Podes completar esta información no apartado de movementos migratorios
Segundo se desprende dos datos publicados pola Consellería do Medio Rural, no ano 2023 aproximadamente o 60% da superficie de Galicia era forestal. O 16,1% da superficie estaba dedicada a prados e pasteiros.
Distribución das terras. Galicia. Ano 2023 Hectáreas
Fonte: Consellería do Medio Rural
Distribución dos grupos de cultivos. Galicia. Ano 2023 Hectáreas
Fonte: Consellería do Medio Rural
En Galicia no ano 2023 dedicáronse un total de 289.310 hectáreas a cultivos forraxeiros. O seguinte grupo de cultivo en importancia é o das froiteiras ao que se dedicou 38,148 hectáreas de superficie.
No tocante aos cultivos leñosos, en 2023, había un total de 26.424 de castiñeiros e a superficie total de viñedo chegou ás 24.517 hectáreas.
Porcentaxe de superficie forestal sobre o total da superficie da comarca. Ano 2023
Fonte: Consellería do Medio Rural
Na seguinte ligazón podes acceder aos últimos datos dispoñibles sobre a distribución xeral das terras nas nosas comarcas. Simplemente con premer "Ver mapa dinámico" podes representalo nun mapa. Se queres calcular algunha porcentaxe e representala no mapa poder empregar a ferramenta "Columna calculada".
Nesta táboa preséntase o produto interior bruto de Galicia no ano 2024 e a prezos correntes por ramas de actividade:
Produto interior bruto (PIB) de Galicia por ramas de actividade. Ano 2024 Datos avance Miles de euros e porcentaxes
Fonte: IGE. Contabilidade trimestral de Galicia. Revisión Estatística 2019
A agricultura, gandaría, silvicultura e pesca supuxo en 2024 un 4,7% do PIB do total da economía galega. A contribución do sector primario ao PIB nos últimos 20 anos sufriu un descenso bastante pronunciado, pasando do 12% no ano 1986 ao 4,7% en 2024, debido a que Galicia pasou de ser unha comunidade agraria e pesqueira a ser unha comunidade onde o peso da economía recae no sector servizos.
Na seguinte ligazón tes acceso a datos máis actuais para facer a túa propia análise
O sector industrial (incluída a enerxía) agrupa as seguintes actividades económicas (segundo a CNAE 2009):
- Industrias extractivas
- Industrias manufactureiras
- Industria da alimentación
- Fabricación de bebidas
- Industria do tabaco
- Industria téxtil
- Confección de roupa de vestir
- Industria do coiro e do calzado
- Industria da madeira e da cortiza, agás mobles; cestaría e espartaría
- Industria do papel
- Artes gráficas e reprodución de soportes gravados
- Coquerías e refinación de petróleo
- Industria química
- Fabricación de produtos farmacéuticos
- Fabricación de produtos de caucho e plásticos
- Fabricación doutros produtos minerais non metálicos
- Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes
- Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento
- Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos
- Fabricación de material e equipamento eléctrico
- Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.n.
- Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques
- Fabricación doutro material de transporte
- Fabricación de mobles
- Outras industrias manufactureiras
- Reparación e instalación de maquinaria e equipamento
- Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado
- Fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
No ano 2024 había en Galicia 183.300 ocupados na industria, o que supón o 16,0% do total de traballadores galegos. Esta porcentaxe, en Galicia, non é moi distinta da que se observaba hai 30 anos, cando arredor do 17% dos ocupados galegos traballaban na industria.
Se queres acceder a datos máis actuais preme na seguinte ligazón
Na seguinte táboa móstrase o número de empresas con sede social en Galicia segundo a súa actividade principal para o ano 2023.
Número de empresas segundo a actividade principal. Galicia. Ano 2023
Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais
No ano 2023 había un total de 11.900 empresas dedicadas á industria (incluída a enerxía) que tiñan a sede social en Galicia. O groso destas industrias son a fabricación de produtos metálicos (2.094), a industria da alimentación (2.064) e a reparación e instalación de maquinaria e equipamento (1.217).
Para obter datos máis actuais premer aquí.
O Instituto Nacional de Estadística (INE) elabora o Índice de produción industrial (IPI). Este índice mensual mide a evolución da produción das ramas industriais. Trata, polo tanto, de medir a cantidade e a calidade, eliminando a influencia dos prezos.
Se tes dúbidas ou non sabes o que é un número índice, podes consultar a actividade: Porcentaxes, taxas, variacións e números índice.
Índice de produción industrial base 2021. Galicia e España
Fonte: INE. Índice de produción industrial
No gráfico anterior móstrase a evolución da produción das ramas industriais tomando como ano de referencia ou ano base o 2015.
Os produtos que elaboran as industrias poden clasificarse segundo o seu destino en:
- Bens de consumo: son aqueles bens que se consideran propios do consumo das familias. Poden ser alimentarios ou non alimentarios.
- Bens de equipo: son bens que se utilizan como medios de produción (por exemplo máquinas) no proceso produtivo de bens e servizos.
- Bens intermedios: son bens destinados a formar parte do consumo intermedio da produción de bens e servizos. Por exemplo, unha fábrica que se dedique a confeccionar roupa, consume bens intermedios como a tea, botóns, fío, etc.
Se queres ver datos máis recentes do índice preme aquí
No ano 2024 o valor engadido bruto da industria ascendeu aos 12.779 millóns de euros (datos avance), polo que a contribución desta rama ao total da economía galega situouse no 15,7%.
No seguinte ligazón tes acceso a datos máis actuais para facer a túa propia análise
Tradicionalmente o sector da construción agrupábase dentro da industria no denominado sector secundario. Na actualidade este sector cobrou a suficiente importancia, tanto no número de ocupados como en contribución ao PIB, para ser contabilizado a parte.
Evolución da poboación ocupada no sector da construción en Galicia Miles de persoas
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa
Dende o ano 1994 ata ano 2007 produciuse un repunte da poboación ocupada no sector da construción. No ano 2007, en Galicia existían preto de 146.300 traballadores ocupados neste sector (o 12,3% do total de ocupados). A partir deste ano obsérvase unha caída no número de ocupados neste sector ata chegar aos 82.300 traballadores no ano 2024 (7.2% da poboación ocupada)
Para consultar datos máis actuais sobre a evolución do sector da construción preme na seguinte táboa
A partir das licenzas de obra maior que conceden os concellos para a construción, rehabilitación ou demolición de edificios, podemos coñecer ou estimar o número de vivendas que se van crear.
Vivendas a crear de nova planta. Galicia
Fonte: IGE, Ministerio de Fomento. Estatística de construción de edificios
Un claro indicador da evolución do sector da construción en Galicia é a evolución do número de vivendas a crear. Como se pode ver na táboa anterior, ata o ano 2007 o número de vivendas a crear de nova planta incrementouse notablemente, pero a partir deste ano co estalido da burbulla inmobiliaria o número de vivendas a crear desplomouse.
Se queres obter máis información sobre este tema preme aquí
O sector servizos agrupa as seguintes actividades económicas segundo a CNAE 2009:
- Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas
- Transporte e almacenamento
- Hostalaría
- Información e comunicacións
- Actividades financeiras e de seguros
- Actividades inmobiliarias
- Actividades profesionais, científicas e técnicas
- Actividades administrativas e servizos auxiliares
- Administración pública e defensa; seguranza social obrigatoria
- Educación
- Actividades sanitarias e de servizos sociais
- Actividades artísticas, recreativas e de entretemento
- Outros servizos
- Actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico; actividades dos fogares como produtores de bens e servizos para uso propio
- Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais
Evolución da poboación ocupada no sector servizos en Galicia Miles de persoas
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa
O total de ocupados no ano 2024 no sector servizos era 805.700 traballadores. Tendo en conta que neste ano existían un total de 1.144.000 ocupados, podemos concluír que o 70,4% dos traballadores galegos desempeñaban a súa labor no sector servizos.
En termos porcentuais o sector servizos pasou de dar traballo a pouco máis do 30% dos ocupados a comezos dos anos oitenta, a ocupar máis do 70% dos traballadores en 2024.
Para consultar datos máis actuais sobre a evolución do sector servizos preme na seguinte táboa
Establecementos hoteleiros e de turismo rural. Ano 2023
En 2023 (media anual) existían en Galicia un total de 1.459 establecementos hoteleiros (estrelas de ouro e estrelas de prata) e 380 establecementos de turismo rural, cunha capacidade total de 65.953 prazas.
Podes obter datos máis actuais sobre o número de establecementos e a súa capacidade en:
Viaxeiros entrados en establecementos hoteleiros. Ano 2023
Viaxeiros entrados en establecementos de turismo rural. Ano 2023
Grado de ocupación dos establecementos hoteleiros e casas de turismo rural. Ano 2023
Durante o ano 2023 un total de 4,98 millóns de viaxeiros (entrados) aloxáronse nalgún establecemento hoteleiro (estrelas de ouro e estrelas de prata) de Galicia. Como aclaración, considéranse viaxeiros entrados aquelas persoas que realizan unha ou máis pernoitas seguidas nun mesmo establecemento. Polo tanto se unha persoa durante a súa estancia en Galicia pasa as noites en 3 establecementos hoteleiros distintos, por exemplo, estaría contabilizado 3 veces.
No tocante ás casas de turismo rural, o volume de viaxeiros entrados neste tipo de establecementos foi de 200.933 persoas.
Podes obter datos máis actuais sobre os viaxeiros entrados e sobre o grao de ocupación por prazas en:
No ano 2024 (datos avance) o valor engadido bruto do sector servizos foi de aproximadamente 52.309 millóns de euros, o 64% do PIB galego.
No seguinte ligazón tes acceso a datos máis actuais para facer a túa propia análise
|