ÍNDICE


Estudo de salarios / O mercado de traballo en Galicia / Poboación asalariada segundo o tipo de xornada e o tipo de contrato

Poboación asalariada segundo o tipo de xornada

No ano 2022, en Galicia, o 85,00% da poboación asalariada traballaron a xornada completa. Segundo o sexo, o 6,09% dos homes tiña xornada parcial, mentres que para as mulleres esta porcentaxe foi do 24,09%. A taxa de parcialidade incrementouse 1,10 puntos respecto á rexistrada fai dez anos. No ano 2022, a taxa de parcialidade en Galicia situouse en 15%, moi similar á media española.


Poboación asalariada por tipo de xornada e sexo. Galicia e España. Ano 2022
Unidade: Miles de persoas e porcentaxes
España
Galicia
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Mulleres Galicia Homes Galicia % Galicia % España
Total 17.251,8 8.938,1 8.313,7 900,4 454,9 445,4 100,00 100,00 100 100,00
Completa 14.770,3 8.332,6 6.437,7 765,3 427,2 338,1 75,91 93,91 85 85,62
Parcial 2.481,5 605,5 1.876,0 135,1 27,7 107,3 24,09 6,09 15 14,38


Taxa de parcialidade da poboación asalariada por sexo. Galicia e España
Unidade: Porcentaxes

   

Poboación asalariada por tipo de xornada. Galicia. Ano 2022
Unidade: Porcentaxes




A gráfica da dereita mostra a evolución da taxa de parcialidade da poboación asalariada segundo a idade en Galicia. Nos últimos anos, produciuse un aumento na taxa, especialmente no grupo de idade de 16 a 24 anos, onde pasou do 15,04% no ano 2005 ao 34,46% no ano 2022. É dicir, no ano 2022 da poboación asalariada galega de 16 a 24 anos, o 34,46% tiña xornada parcial. Aínda que en menor medida, tamén experimenta un aumento a taxa no grupo de idade de 25 a 54 anos, que sobe 4,36 puntos porcentuais no período 2005-2022, e acadou o 14,51% no ano 2022. Por último o grupo de idade de máis de 55 anos non experimenta moitas variacións, o 12,98% da poboación asalariada de máis de 55 anos tiñan xornada parcial no ano 2022.

   

Taxa de parcialidade da poboación asalariada por grupos de idade. Galicia
Unidade: Porcentaxes



Poboación asalariada segundo o tipo de contrato

No ano 2022, o 80,64% da poboación asalariada teñen contrato indefinido (España 78,87%). Por sexo, o 16,66% dos homes tiña contrato temporal, mentres que para as mulleres esta porcentaxe foi do 22,11%.

Poboación asalariada por tipo de contrato e sexo. Galicia e España. Ano 2022
Unidade: Miles de persoas e porcentaxes
España
Galicia
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Mulleres Galicia Homes Galicia % Galicia % España
Total 17.251,8 8.938,1 8.313,7 900,4 454,9 445,4 100,00 100,00 100,00 100,00
Contrato indefinido 13.606,0 7.257,6 6.348,4 726,1 379,2 346,9 77,89 83,36 80,64 78,87
Contrato temporal 3.645,8 1.680,5 1.965,3 174,3 75,8 98,5 22,11 16,66 19,36 21,13


Taxa de temporalidade por sexo. Galicia e España
Unidade: Porcentaxes

   

Poboación asalariada por tipo de contrato. Galicia. Ano 2022
Unidade: Porcentaxes






A taxa de temporalidade tamén presenta disparidades segundo a idade. O grupo de idade de 16 a 24 anos é o que ten a taxa máis alta, no ano 2022 situouse no 62,99%. É dicir, no ano 2022 da poboación asalariada galega de 16 a 24 anos, o 62,99% tiña un contrato temporal. O grupo de idade de 55 e máis anos ten a menor taxa, así no ano 2022, da poboación asalariada deste grupo de idade, o 9,48% tiñan contrato temporal. Por último o grupo de idade de 25 a 54 anos tiña unha taxa de temporalidade no ano 2022 do 19,64%.

   


Taxa de temporalidade da poboación asalariada por grupos de idade. Galicia
Unidade: Porcentaxes


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE-INE. Enquisa de poboación activa