ÍNDICE


Estudo de salarios / O mercado de traballo en Galicia / Poboación asalariada segundo a rama de actividade

Poboación asalariada segundo a rama de actividade

As 918.500 persoas asalariadas en Galicia do ano 2023, repártense entre as ramas “O_Q Administración pública e defensa; seguridad social obligatoria; educación; actividades sanitarias e de servizos sociais” cun 26,01%; “G_I Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas; transporte e almacenamento; hostalaría” cun 25,93%; “B.E. Industria e enerxía” cun 16,83%; o resto das ramas aglutinan o 31,22% restante da poboación asalariada. Moi similar foi a distribución no caso de España.

Segundo o sexo, en Galicia do total de mulleres asalariadas o 34,70% traballaba na rama “O_Q Administración pública e defensa; seguridad social obligatoria; educación; actividades sanitarias e de servizos sociais”, mentres que para os homes as porcentaxes máis altas corresponden á rama “G_I Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas; transporte e almacenamento; hostalaría” (25,59%) e a rama “B.E. Industria e enerxía” (23,15%).

En Galicia atópanse o 5,11% do total de poboación asalariada de España. Por ramas de actividade, as ramas con máis peso respecto a España foron a da “A. Agricultura, gandería, silvicultura e pesca” cun 6,31% e a da “B.E. Industria e enerxía” cun 5,97%.

Poboación asalariada por rama de actividade e sexo. Galicia e España. Ano 2023
Unidade: Miles de persoas e porcentaxes
España
Galicia
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Mulleres Galicia % Galicia % España Peso Galicia
Total 17.963,0 9.310,0 8.652,9 918,5 459,1 459,3 50,01 100,00 100,00 5,11
A. Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 472,1 362,5 109,6 29,8 24,0 5,9 19,80 3,24 2,63 6,31
B.E. Industria e enerxía 2.588,3 1.860,3 727,9 154,6 106,3 48,3 31,24 16,83 14,41 5,97
F. Construción 1.046,5 949,8 96,6 53,3 48,6 4,7 8,82 5,80 5,83 5,09
G_I Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas; transporte e almacenamento; hostalaría 4.885,7 2.565,8 2.319,9 238,2 117,5 120,7 50,67 25,93 27,20 4,88
J Información e comunicacións 677,3 466,8 210,4 26,8 18,6 8,2 30,60 2,92 3,77 3,96
K Actividades financieras e de seguros 437,1 208,2 228,9 16,3 7,4 8,8 53,99 1,77 2,43 3,73
L_M_N Actividades inmobiliarias, actividades profesionais, científicas e técnicas; actividades administrativas e servizos auxiliares 1.912,5 860,7 1.051,9 91,4 38,7 52,8 57,77 9,95 10,65 4,78
O_Q Administración pública e defensa; seguridad social obligatoria; educación; actividades sanitarias e de servizos sociais 4.684,2 1.666,9 3.017,2 238,9 79,6 159,4 66,72 26,01 26,08 5,10
R_U Actividades artísticas, recreativas e de entretemento; reparación de artículos de uso doméstico e outros servizos 1.259,3 368,9 890,4 69,0 18,5 50,5 73,19 7,51 7,01 5,48


Distribución da poboación asalariada por ramas de actividade e sexo. Galicia. Ano 2023
Unidade: Porcentaxes


Distribución da poboación asalariada por ramas de actividade. Galicia e España. Ano 2023
Unidade: Porcentaxes


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE-INE. Enquisa de poboación activa