Principais resultados

1 Introdución

O coñecemento do número e as características das vivendas familiares en Galicia é fundamental para levar a cabo políticas públicas que teñan como destino os inmobles/vivendas nas que habitan os residentes en Galicia.

A información do Catastro Inmobiliario, que utiliza a Referencia Catastral (RC) como identificador único, non permite distinguir se unha vivenda é principal, secundaria ou baleira, nin vincular os inmobles coa poboación residente. Ademais, en certos casos, a falta de división horizontal fai que varias vivendas compartan unha mesma RC.

Por este motivo, o IGE realizou un cruce de rexistros administrativos —Padrón Municipal de Habitantes, Censo de Poboación e Vivendas e ficheiros do Catastro— para identificar as vivendas familiares principais en Galicia.

A actividade estatística Vivendas familiares en Galicia ten como primeiro obxetivo asignar a cada vivenda principal un identificador único e permanente. Unha vez que estean identificadas, o segundo obxetivo é ofrecer a información sobre a distribución destas vivendas segundo as súas características máis importantes, por concellos e parroquias: tipoloxía, superficie e antigüidade. A información fai referencia ao 1 de xaneiro de cada ano.

2 Vivendas familiares principais en Galicia

No ano 2024 había en Galicia 1.116.478 vivendas familiares principais, un 0,75% máis que en 2023. Destas, o 41,82% estaban situadas na provincia de A Coruña, o 33,56% vivendas na provincia de Pontevedra, o 12,48% vivendas na provincia de Lugo e o 12,14% na provincia de Ourense.

Vivendas familiares principais en Galicia. Anos 2023-2024
Unidade: Número e Porcentaxe
Espazo Ano 2023 Ano 2024 Distribución 2024 Variación 2023-2024(%)
Galicia 1.108.207 1.116.478 100,00 0,75
A Coruña 462.713 466.901 41,82 0,91
Lugo 138.512 139.381 12,48 0,63
Ourense 134.774 135.522 12,14 0,56
Pontevedra 372.208 374.674 33,56 0,66
Fonte: IGE.Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa).

Os 7 grandes concellos de Galicia suman 420.449 vivendas, o 37,66% do total de Galicia. Vigo lidera con 120.223 vivendas, o 10,77% do total, seguido de A Coruña con 108.111 vivendas (9,68%).

Vivendas familiares principais nos 7 grandes concellos de Galicia. Ano 2024
Unidade: Número e Porcentaxe
Espazo Datos Porcentaxe
Galicia 1.116.478 100,00
Coruña, A 108.111 9,68
Ferrol 29.700 2,66
Santiago de Compostela 41.089 3,68
Lugo 42.308 3,79
Ourense 46.217 4,14
Pontevedra 32.801 2,94
Vigo 120.223 10,77
Fonte: IGE.Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa).

No mapa seguinte móstrase a distribución das vivendas familiares principais nas parroquias de Galicia. A maior concentración - en cor máis oscuro- está na costa atlántica, nas grandes cidades, nas vilas galegas (Monforte de Lemos, O Carballiño, Verín, Vilalba, O Barco de Valdeorras,…) e na costa lucense.

Fonte: IGE. Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa).

3 Vivendas familiares principais en Galicia segundo a súa tipoloxía

Das 1.116.478 vivendas familiares principais de Galicia o 53,94% son pisos e o 44,12% son vivendas unifamiliares. No cadro seguinte visualízase unha maior presenza de vivendas unifamiliares en Ourense e una maior presenza de pisos nas provincas de A Coruña e Pontevedra.

Vivendas familiares principais en Galicia segundo a súa tipoloxía. Ano 2024
Unidade: Número e Porcentaxe
Espazo Total Unifamiliares Pisos Non consta tipo % Unifamiliares % Pisos
Galicia 1.116.478 492.631 602.205 21.642 44,12 53,94
A Coruña 466.901 184.828 277.427 4.646 39,59 59,42
Lugo 139.381 68.562 68.999 1.820 49,19 49,50
Ourense 135.522 67.335 64.366 3.821 49,69 47,49
Pontevedra 374.674 171.906 191.413 11.355 45,88 51,09
Fonte: IGE. Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa).

No mapa seguinte preséntase a distribución por concellos da porcentaxe de vivendas unifamilares sobre o total de vivendas de cada concello. Obsérvase unha menor concentración deste tipo de vivendas nos concellos máis urbanos de Galicia.

Fonte: IGE. Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa).

4 Vivendas familiares principais en Galicia segundo a antigüidade

Das 1.116.478 vivendas familiares principais de Galicia, o 15,74% son vivendas construídas antes do ano 1951, o 16,25% entre 1991 e 2000 e o 18,61% son vivendas construídas entre o 2001 e o 2010. No cadro seguinte pódese ver unha maior concentración de vivendas construídas antes de 1951 nas provincias de Lugo e Ourense e unha maior presenza de vivendas máis novas nas provincias de A Coruña e Pontevedra.

Vivendas familiares principais en Galicia segundo a súa antigüidade Ano 2024
Unidade: Número e Porcentaxe
Antigüidade Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra % Galicia % A Coruña % Lugo % Ourense % Pontevedra
Total 1.116.478 466.901 139.381 135.522 374.674 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00
Antes de 1951 175.688 65.034 34.855 26.542 49.257 15,74 13,93 25,01 19,59 13,15
Entre 1951 e 1960 46.827 19.866 5.706 4.433 16.822 4,19 4,25 4,09 3,27 4,49
Entre 1961 e 1970 112.624 53.056 8.807 12.601 38.160 10,09 11,36 6,32 9,30 10,18
Entre 1971 e 1980 171.096 73.399 15.759 21.308 60.630 15,32 15,72 11,31 15,72 16,18
Entre 1981 e 1990 160.026 65.234 20.576 22.126 52.090 14,33 13,97 14,76 16,33 13,90
Entre 1991 e 2000 181.380 76.241 24.181 21.096 59.862 16,25 16,33 17,35 15,57 15,98
Entre 2001 e 2010 207.748 93.405 23.028 19.900 71.415 18,61 20,01 16,52 14,68 19,06
Despois de 2010 38.570 15.796 4.366 3.603 14.805 3,45 3,38 3,13 2,66 3,95
Non consta antigüidade 22.519 4.870 2.103 3.913 11.633 2,02 1,04 1,51 2,89 3,10
Fonte: IGE. Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa).

No mapa seguinte preséntase a distribución da mediana da antigüidade (en anos) das vivendas familiares por parroquias en Galicia. Obsérvase unha maior presenza de vivendas antigas no leste das parroquias da provincia de Ourense e Lugo.

Fonte: IGE. Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa).

5 Vivendas familiares principais en Galicia segundo a superficie construída

Das 1.116.478 vivendas familiares principais de Galicia o 17,75% son vivendas construídas cunha superficie de entre 90 m2 e 105 m2 e o 15,49% son vivendas cunha superfice de máis de 180 m2.

Vivendas familiares principais en Galicia segundo a súa superficie construída Ano 2024
Unidade: Número e Porcentaxe
Superficie Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra % Galicia % A Coruña % Lugo % Ourense % Pontevedra
Total 1.116.478 466.901 139.381 135.522 374.674 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00
Menos de 60 m2 69.784 27.911 5.687 10.413 25.773 6,25 5,98 4,08 7,68 6,88
De 60 m2 a 75 m2 111.312 52.749 9.841 12.210 36.512 9,97 11,30 7,06 9,01 9,75
De 75 m2 a 90 m2 162.570 75.310 15.086 19.549 52.625 14,56 16,13 10,82 14,42 14,05
De 90 m2 a 105 m2 198.229 84.009 21.659 25.503 67.058 17,75 17,99 15,54 18,82 17,90
De 105 m2 a 120 m2 138.630 54.635 20.798 17.429 45.768 12,42 11,70 14,92 12,86 12,22
De 120 m2 a 150 m2 149.581 59.066 23.453 18.663 48.399 13,40 12,65 16,83 13,77 12,92
De 150 m2 a 180 m2 89.224 37.043 13.495 10.072 28.614 7,99 7,93 9,68 7,43 7,64
Máis de 180 m2 172.980 71.169 27.211 16.662 57.938 15,49 15,24 19,52 12,29 15,46
Non consta superficie 24.168 5.009 2.151 5.021 11.987 2,16 1,07 1,54 3,70 3,20
Fonte: IGE. Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa).

No mapa seguinte preséntase a distribución da mediana da superficie construída (en m2) das vivendas por parroquias. En termos xerais, pódese ver que as vivendas das provincias de Lugo e A Coruña teñen maior superficie que as de Ourense e Pontevedra.

Fonte: IGE. Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa).

6 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos