Principais resultados

1. Introdución

O principal obxectivo do Estudo sobre o emprego autónomo en Galicia que elabora o Instituto Galego de Estatística é proporcionar información sobre o traballo por conta propia en Galicia, abordando distintos ámbitos deste, como…

O colectivo obxecto deste estudo son as persoas que cotizan ao Réxime Especial de Autónomos e Autónomas e ao Réxime Especial de Traballadores e Traballadoras do Mar por conta propia, con actividade laboral en Galicia (residan ou non na Comunidade Autónoma galega).

Este estudo nútrese, fundamentalmente, de dúas fontes de información principais:

O período de referencia da información é o mes de decembro de 2025 para a información procedente dos ficheiros de afiliacións á Seguridade Social, e o ano 2023 no caso da información procedente da MCVL.


2. Clasificación e caracterización das afiliacións por conta propia

En decembro de 2025 había 211.680 afiliacións en alta laboral á Seguridade Social de persoas que traballaban por conta propia en Galicia, ben no Réxime Especial de Autónomos/as (204.064 afiliacións), ben no Réxime Especial do Mar conta propia (7.616 afiliacións).

O peso do emprego por conta propia na Comunidade Autónoma galega é elevado se se compara co resto de Comunidades Autónomas e con España. Así, en Galicia o 19,5% das afiliacións rexistradas a último día hábil de decembro/2025 pertencían ao Réxime de Autónomos/as (incluído mar conta propia), mentres que en España esta porcentaxe situouse nese mesmo período no 15,8%.


Peso do Réxime Especial de Autónomos (inclúe mar conta propia) no conxunto de réximes da Seguridade Social por Comunidades Autónomas. Decembro/2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Estudo sobre o emprego autónomo en Galicia (descarga da táboa)

Nota: o peso do Réxime Especial de Autónomos e Autónomas sobre o total de réximes calculouse tendo en conta unicamente as afiliacións en alta laboral a último día hábil do mes de decembro de 2025. A variable ámbito xeográfico reflicte o concello de traballo da persoa afiliada.

Se analizamos as afiliacións no segundo dos réximes que integran o estudo do emprego autónomo, o Réxime Especial do Mar conta propia, as diferenzas entre Galicia e os resto de Comunidades Autónomas son aínda máis acusadas. Este réxime non ten un peso elevado no conxunto das afiliacións rexistradas a último día hábil do mes de decembro de 2025 no Sistema da Seguridade Social, nin en Galicia nin no resto das Comunidades Autónomas; no territorio galego supón o 0,7% das afiliacións totais. Agora ben, se se analiza o peso de Galicia no conxunto do Estado, obtense que as afiliacións rexistradas neste réxime no territorio galego representan o 64% das afiliacións rexistradas neste réxime en España, mentres que para o conxunto do Sistema da Seguridade Social, Galicia supón o 5% das afiliacións totais rexistradas no Estado.


Peso do Réxime Especial do Mar conta propia no conxunto de España por Comunidades Autónomas. Decembro/2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Estudo sobre o emprego autónomo en Galicia (descarga da táboa)

Nota: o peso do Réxime Especial do Mar conta propia sobre o total de réximes calculouse tendo en conta unicamente as afiliacións en alta laboral a último día hábil do mes de decembro de 2025. A variable ámbito xeográfico reflicte o concello de traballo da persoa afiliada.


En decembro de 2025, había en Galicia 211.680 afiliacións no emprego autónomo. Delas, o 12,5% correspondía ao comercio ao retallo, que é a actividade con máis emprego autónomo na comunidade.

A continuación sitúanse as actividades de agricultura e gandaría, co 9,8% das afiliacións. En terceiro lugar está a restauración —servizos de comidas e bebidas—, co 8,9%. En cuarto lugar figuran as actividades de construción especializada, co 8,8%.


Afiliacións ao Réxime Especial de Autónomos/as (inclúe mar conta propia) da Seguridade Social en alta laboral, nas 10 ramas de actividade con maior volume de emprego autónomo. Galicia. Decembro/2025

Unidade: afiliacións, porcentaxe

CNAE-2009 Datos Peso
47 Comercio ao retallo, salvo de vehículos de motor e motocilcetas 26.530 12,5
01 Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas 20.649 9,8
56 Servizos de comidas e bebidas 18.814 8,9
43 Actividades de construción especializada 18.563 8,8
46 Comercio por xunto e intermediarios do comercio, salvo de vehículos de motor e motocicletas 10.564 5,0
96 Outros servizos persoais 10.455 4,9
49 Transporte terrestre e por tubaxe 9.736 4,6
41 Construción de edificios 8.253 3,9
03 Pesca e acuicultura 7.522 3,6
86 Actividades sanitarias 7.213 3,4

Fonte: IGE. Estudo sobre o emprego autónomo en Galicia (descarga da táboa)

Nota: os datos están referidos ao último día hábil do mes. A variable ámbito xeográfico reflicte o concello de traballo da persoa afiliada ou o concello de residencia, no caso de que non se dispoña do primeiro no ficheiro de microdatos.


Neste estudo sobre o emprego autónomo en Galicia tamén se analizou a antigüidade das afiliacións, isto é, canto tempo levaba en alta laboral cada afiliación. Obtívose que o 66,8% levaba 5 ou máis anos en activo. O 9,8% levaba de 3 a 5 anos en activo, o 13,4% máis de 1 ano pero menos de 3, e o 9,9% das afiliacións deste tipo levaba menos de 1 ano en activo.


Afiliacións ao Réxime Especial de Autónomos/as (inclúe mar conta propia) da Seguridade Social en alta laboral, segundo a antigüidade da afiliación. Galicia. Decembro/2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Estudo sobre o emprego autónomo en Galicia (descarga da táboa)

Nota: os datos están referidos ao último día hábil do mes. A variable ámbito xeográfico reflicte o concello de traballo da persoa afiliada ou o concello de residencia, no caso de que non se dispoña do primeiro no ficheiro de microdatos.

 

Outra variable analizada para as persoas afiliadas ao Réxime Especial de Autónomos é a súa relación laboral con outras entidades. A maioría das persoas que traballan por conta propia en Galicia non manteñen ningún vínculo de pertenza ou exclusividade con outras entidades (o 59% das persoas afiliadas). Non obstante, o 16,9% das persoas afiliadas neste réxime son socias de empresas colectivas e o 13,8% pertencen a órganos de administración de sociedades mercantís.

Ademais, en torno a 16.852 traballadores e traballadoras por conta propia en Galicia son familiares de socios/as de sociedades mercantís ou colaboradores de titulares de explotación (o 8,3% das afiliacións no Réxime Especial de Autónomos/as). A fonte tamén permite calcular o número de traballadores e traballadoras autónomas dependentes economicamente doutras entidades (TRADE) de Galicia, que no mes en estudo se cifra en 358 persoas en Galicia (o 0,2% do colectivo en estudo).


Afiliacións ao Réxime Especial de Autónomos/as da Seguridade Social en alta laboral, segundo a relación do autónomo ou da autónoma con outras entidades. Galicia. Decembro/2025

Unidade: afiliacións

Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Total 204.065 83.601 30.645 22.211 67.608
Socio ou socia cooperativo ou de empresa colectiva 34.561 12.236 5.667 4.419 12.239
Membro de órgano de administración de sociedades mercantís 28.261 12.724 2.757 1.825 10.955
Familiar de socio ou socia de sociedade mercantil 4.257 1.843 489 270 1.655
Familiar colaborador de titular de explotación 12.595 5.615 2.232 1.306 3.442
TRADE 358 171 32 35 120
Outra 3.623 1.497 610 403 1.113
Sen relación 120.410 49.515 18.858 13.953 38.084

Fonte: IGE. Estudo sobre o emprego autónomo en Galicia (descarga da táboa)

Nota: nesta táboa non se inclúen as afiliacións ao Réxime Especial do Mar conta propia. Os datos están referidos ao último día hábil do mes. A variable ámbito xeográfico reflicte o concello de traballo da persoa afiliada ou o concello de residencia, no caso de que non se dispoña do primeiro no ficheiro de microdatos. A definición de TRADE pode consultarse no artigo 11.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo.

 

3. Peso do emprego autónomo no territorio

Ata agora, os resultados presentáronse segundo o lugar de traballo da persoa autónoma. Porén, a información de partida —o ficheiro de afiliacións á Seguridade Social, xunto co Padrón municipal de habitantes do Instituto Nacional de Estatística— tamén permite saber en que concello reside cada unha das persoas analizadas.

O mapa de abaixo mostra a distribución do emprego autónomo en Galicia segundo o concello de residencia da persoa afiliada. Para iso, relaciónase o número de persoas afiliadas nos réximes do emprego autónomo co total de persoas afiliadas que residen en cada concello.

As maiores concentracións de emprego autónomo danse nos concellos das comarcas de Xallas e Terra de Soneira, así como en Muxía e Fisterra, na comarca de Fisterra, e en Tordoia, na comarca de Ordes. Tamén destacan o interior da provincia de Lugo —agás os concellos de Lugo, Begonte e Outeiro de Rei—, algúns concellos do interior de Ourense, próximos ás fronteiras con León e Portugal, e o oeste das provincias da Coruña e Pontevedra.

En conxunto, pode dicirse que o emprego autónomo ten máis peso nas zonas rurais de Galicia, é dicir, nas áreas con menor densidade de poboación.


Peso das afiliacións ao Réxime Especial de Autónomos/as (inclúe mar conta propia) no conxunto das afiliacións á Seguridade Social en alta laboral, segundo o concello de residencia da persoa afiliada. Decembro/2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Estudo sobre o emprego autónomo en Galicia (descarga da táboa)

Nota: os datos están referidos ao último día hábil do mes. A variable ámbito xeográfico reflicte o concello de residencia da persoa segundo o Padrón Municipal de Habitantes do Instituto Nacional de Estadística (INE).

 

4. Supervivencia do emprego autónomo

Como se indicou na introdución, este estudo baséase en dúas fontes de información. Os datos dos apartados anteriores proceden da explotación dos ficheiros mensuais de afiliacións á Seguridade Social. A partir deste punto empréganse os datos da MCVL.

Esta segunda fonte, dispoñible desde 2013, permite calcular o número de altas no Réxime Especial de Autónomos e Autónomas rexistradas en Galicia ao longo dos anos, así como a taxa de supervivencia destes emprendementos por conta propia.

A taxa de supervivencia do emprego autónomo é a proporción de afiliacións dadas de alta nun ano de referencia que seguen en alta laboral ao final do período analizado: un ano despois, dous anos despois, etc. Esta situación mídese sempre no último día hábil do período correspondente.

Como mostra a gráfica de abaixo, o número de altas neste réxime diminuíu entre 2013 e 2020. O valor máximo rexistrouse en 2014, con 36.500 altas, e o mínimo en 2020, ano no que comezou a pandemia da COVID-19, con 23.125 altas. A partir dese momento, a serie volve medrar e en 2023 rexístranse 25.525 altas no réxime.

Pola súa parte, a taxa de supervivencia a un ano —é dicir, a porcentaxe de emprendementos por conta propia que seguen en alta laboral un ano despois de comezar— mostra unha evolución descendente ata 2016. A partir dese ano, a tendencia pasa a ser ascendente, agás en 2019, cando baixa lixeiramente.

En 2013, a taxa de supervivencia do emprego autónomo en Galicia era do 50,5% un ano despois da alta. En 2022 acadou o 53,5%. Isto significa que, de cada 100 afiliacións dadas de alta en 2022 no Réxime Especial de Autónomos e Autónomas en Galicia, 53 seguían en alta laboral no último día hábil de 2023.


Evolución das altas no Réxime Especial de Autónomos e Autónomas e da taxa de supervivencia destas afiliacións 1 ano despois. Galicia

Unidade: afiliacións, porcentaxe

Fonte: IGE. Estudo sobre o emprego autónomo en Galicia (descarga da táboa)

Nota: a taxa de supervivencia do emprego autónomo defínese como a proporción de afiliacións no Réxime Especial de Autónomos e Autónomas que seguen en alta laboral a último día hábil do período considerado (1 ano despois, 2 anos despois, etc.) en relación a todas as afiliacións que se deran de alta neste réxime no ano de referencia. A situación de alta laboral determínase a último día hábil do período considerado.


A supervivencia tamén se pode observar 2 anos despois do inicio do emprendemento, 3 anos despois, 4 anos despois, etc. Por exemplo, das 24.925 afiliacións dadas de alta en 2021 no Réxime Especial de Autónomos/as en Galicia, o 44,6% seguían en alta a último día hábil de 2023, isto é, 2 anos despois de comezar a súa actividade. E se nos remontamos máis atrás no tempo, obsérvase que das 36.500 afiliacións dadas de alta en 2014, a último día hábil de 2023 seguían en alta o 20,3% destas (taxa de supervivencia aos 9 anos).


Evolución da taxa de supervivencia do emprego autónomo. Galicia

Unidade: afiliacións

Duración do emprendemento 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Número de altas no ano 100,0 100,0 100,0 100,0 100,0 100,0 100,0 100,0 100,0 100,0 100
Seguen en alta 1 ano despois 50,5 52,0 50,5 47,9 50,9 54,0 53,4 55,8 55,7 53,5
Seguen en alta 2 anos despois 40,6 42,1 40,4 37,5 40,6 44,9 44,0 44,3 44,6
Seguen en alta 3 anos despois 34,8 36,1 32,3 33,7 35,1 37,5 36,5 37,3
Seguen en alta 4 anos despois 31,0 31,7 28,5 30,5 32,4 33,0 31,6
Seguen en alta 5 anos despois 27,1 27,9 25,3 27,9 28,6 28,4
Seguen en alta 6 anos despois 23,5 24,9 23,9 25,1 26,2
Seguen en alta 7 anos despois 21,7 23,2 21,8 23,0
Seguen en alta 8 anos despois 20,0 22,1 20,2
Seguen en alta 9 anos despois 19,3 20,3

Fonte: IGE. Estudo sobre o emprego autónomo en Galicia (descarga da táboa)

Nota: (-) Non procede.

A taxa de supervivencia do emprego autónomo defínese como a proporción de afiliacións no Réxime Especial de Autónomos e Autónomas que seguen en alta laboral a último día hábil do período considerado (1 ano despois, 2 anos despois, etc.) en relación a todas as afiliacións que se deran de alta neste réxime no ano de referencia.A situación de alta laboral determínase a último día hábil do período considerado.


5. Bases de cotización das persoas que traballaron por conta propia

A MCVL tamén permite coñecer a base de cotización mensual das persoas afiliadas no Réxime Especial de Autónomos e Autónomas en Galicia. No ano 2023, a base media deste colectivo situouse nos 1.263,7 euros ao mes, sendo 137,3 euros superior no caso dos homes ao das mulleres en media (1.320,5 para o xénero masculino e 1.183,2 para o feminino.)

Por grupos de idade, a media das bases de cotización ten unha clara tendencia ascendente ao aumentar a idade. Así, a base de cotización dos autónomos de máis de 60 anos é un 35,2% maior á dos menores de 30.


Media e mediana das bases de cotización no Réxime Especial de Autónomos e Autónomas da Seguridade Social das persoas afiliadas en alta laboral nalgún momento do ano, segundo o xénero. Galicia. Ano 2023

Unidade: euros ao mes/persoa

Fonte: IGE. Estudo sobre o emprego autónomo en Galicia (descarga da táboa)


Media e mediana das bases de cotización no Réxime Especial de Autónomos e Autónomas da Seguridade Social das persoas afiliadas en alta laboral nalgún momento do ano, segundo o grupo de idade. Galicia. Ano 2023

Unidade: euros ao mes/persoa

Fonte: IGE. Estudo sobre o emprego autónomo en Galicia (descarga da táboa)


Definicións, metodoloxía, fontes e máis información

Definicións

Metodoloxía

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Estudo sobre o emprego autónomo en Galicia