Principais resultados

1 Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964.

No marco desta operación desenvolveuse a Enquisa de poboación activa. Emprego das persoas con discapacidade que busca afondar no coñecemento sobre o colectivo particular das persoas con discapacidade e a súa integración no mercado laboral. Máis concretamente, investígase:

A poboación obxecto de investigación é o colectivo de persoas de 16 a 64 anos cun grao de discapacidade superior ou igual ao 33% e asimilados (Real Decreto Lexislativo 1/2013) e que residen en vivendas familiares principais.


2 Fogares con discapacidade

En 2024 en Galicia 127.000 fogares contaban entre os seus membros con algunha persoa de 16 a 64 anos con discapacidade; isto representa o 11,3% dos fogares galegos.

O 69,7% destes fogares contaba con algunha persoa en activo entre os seus membros; no 30,3% restante todos os seus membros eran persoas inactivas.


Distribución dos fogares con algunha persoa de idade entre 16 e 64 anos con discapacidade segundo a relación coa actividade. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Emprego das persoas con discapacidade (descarga da táboa)


3 Relación coa actividade da poboación con discapacidade

No ano 2024 había en Galicia 136.600 persoas con discapacidade en idade de traballar (de 16 a 64 anos), o que supuxo o 8,2% da poboación total en idade de traballar nese ano. Destas, o 29,4% (40.100 persoas) clasifícanse como activas e o 70,6% (96.500 persoas) como inactivas. A súa vez, dentro da poboación activa con discapacidade no 2024, o 83,5% estaba ocupada e o 16,5% restante en paro.

Poboación de 16 a 64 anos segundo a relación coa actividade e se teñen ou non discapacidade. Galicia. Ano 2024
Unidade: miles de persoas
Relación Total Persoas sen discapacidade Persoas con discapacidade
Total 1.659,2 1.522,6 136,6
Poboación activa 1.234,1 1.194,0 40,1
Poboación ocupada 1.116,7 1.083,2 33,5
Poboación parada 117,4 110,8 6,6
Poboación inactiva 425,1 328,6 96,5
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Emprego das persoas con discapacidade (descarga da táboa).

Ao comparar as taxas de actividade, emprego e paro da poboación con e sen discapacidade, destaca a baixa participación do colectivo de persoas con discapacidade no mercado laboral galego. En 2024 a súa taxa de actividade situouse no 29,4%, 49 puntos por debaixo da do colectivo de persoas sen discapacidade. A taxa de emprego foi do 24,5%, 46,6 puntos por debaixo da correspondente ás persoas sen discapacidade. A taxa de paro acadou o 16,5% para as persoas con discapacidade fronte a 9,3% para a poboación sen discapacidade.

Taxas de actividade, emprego e paro da poboación con e sen discapacidade. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Taxas Total Persoas sen discapacidade Persoas con discapacidade
Taxa de actividade 74,4 78,4 29,4
Taxa de emprego 67,3 71,1 24,5
Taxa de paro 9,5 9,3 16,5
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Emprego das persoas con discapacidade (descarga da táboa).

En contraste coa evolución positiva xeral do mercado laboral en Galicia no ano 2024, a taxa de actividade da poboación con discapacidade diminuiu 1,8 puntos respecto do ano 2023, a taxa de emprego baixou 1,9 puntos e a taxa de paro aumentou 1,1 puntos.


Evolución das taxas de actividade, emprego e paro da poboación con discapacidade. Galicia
Unidade: %

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Emprego das persoas con discapacidade (descarga da táboa)


4 Discapacidade e mercado laboral segundo as características da persoa

A diferencia do que ocorre no colectivo de persoas sen discapacidade, as mulleres con discapacidade teñen máis presenza no mercado laboral galego que os homes. Así, en relación ás persoas con discapacidade, en 2024 a taxa de actividade feminina é 3,6 puntos superior á masculina. A taxa de emprego amosa o mesmo patrón: a taxa feminina é superior á masculina en 3,1 puntos. Pola súa banda, a taxa de paro entre o colectivo feminino de persoas con discapacidade (16,1%) é lixeiramente inferior á do colectivo masculino (16,7%)

Taxas de actividade, emprego e paro da poboación con e sen discapacidade, segundo o sexo. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Persoas sen discapacidade
Persoas con discapacidade
Taxas Homes Mulleres Homes Mulleres
Taxa de actividade 82,3 74,7 27,8 31,4
Taxa de emprego 75,2 67,3 23,2 26,3
Taxa de paro 8,6 10,0 16,7 16,1
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Emprego das persoas con discapacidade (descarga da táboa).

A participación no mercado laboral da poboación con discapacidade vén determinada polo grao e o tipo de discapacidade que padeza a persoa. Así, das 40.100 persoas con discapacidade que formaban parte da poboación activa en 2024, a meirande parte (o 56,6%) tiña un grao de discapacidade de entre o 33% e o 44%.


Distribución da poboación activa con discapacidade segundo o grao de discapacidade. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Emprego das persoas con discapacidade (descarga da táboa)

Nota: o grupo “Non consta” está formado polos pensionistas que teñen recoñecida unha pensión de incapacidade permanente e que non están rexistrados na Base de Datos Estatal de Persoas con Discapacidade (BEPD)


Por tipo de discapacidade obsérvase que a taxa de actividade, é maior no caso das persoas con discapacidade física e outras: (41,6%). A continuación sitúase a taxa de actividade da poboación con discapacidade sensorial (40,5%).

Taxas de actividade e emprego da poboación con discapacidade segundo o tipo de discapacidade. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Tipo Taxa de actividade Taxa de emprego
Total 29,4 24,5
Física e outras 41,6 36,4
Intelectual 18,3 13,4
Mental 25,4 17,5
Sensorial 40,5 35,0
Non consta 16,0 13,8
Fonte: IG-INE. Enquisa de poboación activa. Emprego das persoas con discapacidade (descarga da táboa).

5 Discapacidade e mercado laboral segundo as características laborais

O 77,6% da poboación ocupada con discapacidade traballaba a xornada completa en 2024; esta porcentaxe é 9,5 puntos inferior á correspondente ao colectivo de poboación ocupada sen discapacidade.

Distribución da poboación ocupada con e sen discapacidade segundo a xornada laboral. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Emprego das persoas con discapacidade (descarga da táboa)

A meirande parte dos traballadores e das traballadoras con discapacidade de Galicia son asalariadas (85,1%). Destas, o 81,8% tiña contrato indefinido, 2,4 puntos menos que a poboación asalariada sen discapacidade.


Distribución da poboación asalariada con e sen discapacidade segundo o contrato laboral. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Emprego das persoas con discapacidade (descarga da táboa)


Para fomentar a inserción no mercado laboral do colectivo de persoas con discapacidade, o Sistema da Seguridade Social contempla reducións e bonificacións nas cotas de cotización, así como unha modalidade de contratación específica para traballadores e traballadoras con discapacidade (que, ademais de conlevar bonificacións nas cotas de cotización, contempla determinadas subvencións).

En 2024 16.000 persoas ocupadas con discapacidade tivo algún tipo de redución ou bonificación nas cotizacións á Seguridade Social; isto supón o 64% do colectivo de ocupados e ocupadas con discapacidade que cotizou á Seguridade Social.

Poboación ocupada con discapacidade que cotiza á Seguridade Social segundo se tiveron reducións/bonificacións por discapacidade. Galicia. Ano 2024
Unidade: miles de persoas, porcentaxe
Ano 2024
Colectivo Valores Distribución
Total de persoas ocupadas con discapacidade que cotizan á Seguridade Social 25,0 100,0
Sen bonificacións ou reducións nas cotas 9,0 36,0
Con bonificacións ou reducións nas cotas 16,0 64,0
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Emprego das persoas con discapacidade (descarga da táboa).

6 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos