Principais resultados

1. Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

O regulamento (CE) nº 1372/2007 do Parlamento Europeo e do Consello establece a obrigatoriedade de incluír a variable salario do traballo principal na Enquisa de Forza de Traballo da Unión Europea (Enquisa de poboación activa en España). Así, introdúcese o nivel de remuneración como variable de clasificación na análise das características do emprego principal para as persoas asalariadas. Na Enquisa de poboación activa o INE obtén esta información a partir de rexistros administrativos (ver metodoloxía).

O salario bruto mensual calculouse dividindo por doce o salario bruto percibido no ano, prorratearondo así os pagos salariais que non teñen periodicidade mensual, como as pagas extraordinarias. O regulamento esixe que o salario se codifique en deciles, polo que, unha vez estimados os salarios mensuais, calculáronse os deciles da distribución salarial e clasificouse a cada persoa no decil ao que pertencía. Así, o decil 01 inclúe o 10% das persoas asalariadas con salarios máis baixos, mentres que o decil 10 recolle o 10% cos salarios máis altos.


2. Salario medio e mediano

En 2024, o salario medio foi en Galicia de 2.229,70 euros brutos ao mes, 93,6 euros máis que en 2023 (4,4%). Pola súa banda, o salario mediano (valor que divide á poboación en dous metades, a que cobra menos e a que cobra máis dese valor) situouse en 1.918,0 euros, cun aumento de 62,4 euros (3,4%) respecto do ano anterior.

Salario medio e mediano en Galicia
Unidade: euros

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal (descarga da táboa).


O salario medio das persoas asalariadas a tempo completo foi de 2.437,1 euros brutos ao mes, mentres que para os traballadores a tempo parcial foi de 995,5 euros.

Os homes gañaron de media 382,9 euros máis que as mulleres; os primeiros ingresaron 2.419,1 euros brutos ao mes, mentres que o salario medio mensual das mulleres situouse nos 2.036,2 euros brutos ao mes en 2024. O salario mediano tamén foi superior nos homes que nas mulleres.

Salario medio e mediano por tipo de xornada e sexo. Galicia. Ano 2024
Unidade: euros/persoa
Media
Mediana
Xornada Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Total 2.229,7 2.419,1 2.036,2 1.918,0 2.061,5 1.694,0
Completa 2.437,1 2.517,2 2.339,4 2.059,2 2.128,9 1.968,1
Parcial 995,5 1.095,0 963,6 923,5 914,1 923,7
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal (descarga da táboa).

3. Decil de salarios

En 2024 a poboación asalariada en Galicia foi de 939.600 persoas, o que implica que en cada decil hai aproximadamente 93.960 persoas asalariadas. Na parte baixa da escala salarial (3 primeiros deciles) sitúase o 30% de persoas asalariadas, que perciben un salario bruto mensual inferior a 1.559,1 euros. No tramo superior (3 últimos deciles) hai outro 30% de persoas asalariadas que cobran máis de 2.433,3 euros brutos mensuais. Entre estas dúas cantidades (1.559,1 e 2.433,3) está o salario do 40% restante das persoas asalariadas.

3.1. Tipo de xornada

Un factor determinante á hora de analizar os salarios das persoas traballadoras é o tipo de xornada laboral que realizan. Deste xeito, os traballadores e as traballadoras con xornada parcial concentraranse con maior frecuencia nos tramos salariais máis baixos.

O colectivo de persoas asalariadas con xornada completa representaba en 2024 o 85,61% do total de asalariados e asalariadas de Galicia. O 20,3% destas persoas ingresou menos de 1.559,1 euros ao mes, o 44,83% entre 1.559,1 e 2.433,3 e o 34,88% máis de 2.433,3 euros mensuais.

Pola súa parte, en 2024 o 65,68% das persoas asalariadas de Galicia con xornada parcial gañou menos de 1.102,6 euros mensuais (en termos brutos); o 18,34% entre 1.102,6 e 1.393,0 euros e, finalmente, o 15,98% restante máis de 1.393,0 euros mensuais.

Persoas asalariadas por tipo de xornada e decil salarial. Galicia. Ano 2024
Unidade: Porcentaxe sobre o total de persoas asalariadas asalariadas por tipo de xornada
Decil Total Completa Parcial
Total 100 100,00 100,00
Menos de 1.102,6 euros 10 0,62 65,68
De 1.102,6 a < 1.393,0 euros 10 8,60 18,34
De 1.393,0 a < 1.559,1 euros 10 11,08 3,55
De 1.559,1 a < 1.725,7 euros 10 10,77 5,40
De 1.725,7 a < 1.918,0 euros 10 11,04 3,48
De 1.918,0 a < 2.132,1 euros 10 11,67 0,52
De 2.132,1 a < 2.433,3 euros 10 11,35 1,70
De 2.433,3 a < 2.944,8 euros 10 11,65 0,37
De 2.944,8 a < 3.670,0 euros 10 11,52 0,89
3.670,0 ou máis euros 10 11,71 0,00
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal (descarga da táboa).


3.2. Sexo

Segundo o sexo da persoa, o 18,07% dos homes recibiu un salario inferior aos 1.559,1 euros mensuais en 2024; o 47,39% gañou entre 1.559,1 e 2.433,3 e o 34,56% percibiu máis de 2.433,3 euros.

Entre as mulleres, a porcentaxe incluída no primeiro dos intervalos (menos de 1.559,1 euros/mes) sobe ata o 42,15%. Hai que ter en conta que en 2024 o 6,91% dos homes tiña xornada parcial fronte ao 22,03% das mulleres.

Persoas asalariadas por sexo e decil salarial. Galicia. Ano 2024
Unidade: Porcentaxe sobre o total de persoas asalariadas por sexo
Decil Total Homes Mulleres
Total 100 100,00 100,00
Menos de 1.102,6 euros 10 4,40 15,68
De 1.102,6 a < 1.393,0 euros 10 6,09 14,01
De 1.393,0 a < 1.559,1 euros 10 7,58 12,46
De 1.559,1 a < 1.725,7 euros 10 10,19 9,81
De 1.725,7 a < 1.918,0 euros 10 12,47 7,38
De 1.918,0 a < 2.132,1 euros 10 12,62 7,47
De 2.132,1 a < 2.433,3 euros 10 12,11 7,75
De 2.433,3 a < 2.944,8 euros 10 12,53 7,47
De 2.944,8 a < 3.670,0 euros 10 10,68 9,32
3.670,0 ou máis euros 10 11,35 8,67
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal (descarga da táboa).

Distribución das persoas asalariadas segundo o decil salarial e o sexo. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe sobre o total de persoas asalariadas por sexo (%)

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal (descarga da táboa).

3.3. Nivel de estudos

Na seguinte táboa pódese observar como, en termos xerais, o salario increméntase a medida que aumenta o nivel de formación da persoa.

En 2024, case a metade (o 46,41%) das persoas asalariadas con estudos superiores ingresou máis de 2.433,3 euros ao mes. Nesta banda salarial sitúase o 18,62% das persoas con educación secundaria de segunda etapa completada, o 11,14% das persoas que non completaron a segunda etapa da educación secundaria e o 6,83% para as persoas analfabetas ou con estudos primarios.

En 2024 o 45,73% da poboación con menor nivel de formación (analfabeta ou con estudos primarios) percibiu un salario inferior aos 1.559,1 euros ao mes.

Persoas asalariadas por nivel de estudos e decil salarial. Galicia. Ano 2024
Unidade: Porcentaxe sobre o total de persoas asalariadas por nivel de estudos
Decil Total Analfabetos e estudos primarios Educación secundaria. Primeira etapa Educación secundaria. Segunda etapa Estudos superiores
Total 100 100,00 100,00 100,00 100,00
Menos de 1.102,6 euros 10 26,50 11,14 13,31 6,91
De 1.102,6 a < 1.393,0 euros 10 8,97 14,09 11,24 7,39
De 1.393,0 a < 1.559,1 euros 10 10,26 14,01 11,55 7,20
De 1.559,1 a < 1.725,7 euros 10 17,52 14,22 12,74 6,13
De 1.725,7 a < 1.918,0 euros 10 15,38 13,48 11,77 6,98
De 1.918,0 a < 2.132,1 euros 10 9,83 12,74 9,27 9,12
De 2.132,1 a < 2.433,3 euros 10 4,27 9,18 11,59 9,84
De 2.433,3 a < 2.944,8 euros 10 2,56 7,18 8,87 12,43
De 2.944,8 a < 3.670,0 euros 10 3,42 2,87 5,49 16,16
3.670,0 ou máis euros 10 0,85 1,09 4,26 17,82
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal (descarga da táboa).

4. Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

4.1.Metodoloxía

4.2.Definicións

4.3. Descarga de datos