A Enquisa estrutural a fogares (EEF) é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dous módulos: un primeiro de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñado para recoller información sobre variables básicas, e un segundo de carácter específico.
Os principais obxectivos do módulo xeral da Enquisa estrutural a fogares son:
O día 31 de decembro de 2023 existían en Galicia 1.103.240 fogares, dos cales o 23,78% correspondían a persoas que vivían soas. A tipoloxía máis habitual é a formada por unha parella con fillos (28,51% do total de fogares). Por provincias, Lugo e Ourense son as que contan cunha menor porcentaxe de fogares desta tipoloxía; ademais, Ourense é a provincia onde a porcentaxe de fogares unipersoais é maior.
En Galicia existen 271.605 fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos, o que supón o 24,62% do total de fogares galegos. Con respecto ao ano anterior, o número de fogares deste tipo aumentou un 6,79%. Por provincias, Pontevedra é a que conta cunha menor porcentaxe de fogares deste tipo (21,24%) e no outro extremo atópase Ourense, onde o 30,19% dos fogares está formado por persoas de 65 ou máis anos.
Fogares segundo a tipoloxía do fogar. Ano 2023
Unidade: porcentaxe (%)
| Tipoloxía | Galicia | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
|---|---|---|---|---|---|
| Total | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 |
| Unipersoal | 23,78 | 24,53 | 26,06 | 28,13 | 20,43 |
| Sen núcleo | 2,40 | 2,59 | 2,69 | 2,32 | 2,08 |
| Parella con fillos | 28,51 | 27,89 | 26,29 | 22,45 | 32,29 |
| Parella sen fillos | 25,24 | 25,87 | 25,56 | 28,22 | 23,25 |
| Monoparental | 10,38 | 9,68 | 10,47 | 10,67 | 11,12 |
| Un núcleo e outros | 6,49 | 6,34 | 5,88 | 5,85 | 7,15 |
| Varios núcleos | 3,20 | 3,10 | 3,05 | 2,35 | 3,68 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: os datos refírense a 31 de
decembro
Fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Ano
2023
Unidade: número de fogares, peso no total de fogares da
provincia/Galicia (%)
| Espazo | Número | Incidencia |
|---|---|---|
| Galicia | 271.605 | 24,62 |
| A Coruña | 114.250 | 24,60 |
| Lugo | 38.767 | 28,40 |
| Ourense | 40.207 | 30,19 |
| Pontevedra | 78.382 | 21,24 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Fogares compostos por persoas de 65 ou máis
anos
Unidade: peso no total de fogares da provincia/Galicia (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
En 878.882 fogares galegos, o 79,66% do total, non reside ningún menor
de 16 anos. A porcentaxe máis alta de fogares sen persoas menores de 16
anos dáse na provincia de Ourense (83,85%) e a máis baixa en Pontevedra
(77,88%). Por outra banda, o 93,76% dos fogares da comunidade autónoma
non conta con ningún menor de 5 anos.
Fogares segundo o número de persoas menores de 16 anos. Ano
2023
Unidade: porcentaxe (%)
| Espazo | Ningunha | Unha | Dúas ou máis |
|---|---|---|---|
| Galicia | 79,66 | 12,66 | 7,67 |
| A Coruña | 79,24 | 12,77 | 7,99 |
| Lugo | 81,82 | 11,82 | 6,36 |
| Ourense | 83,85 | 10,64 | 5,51 |
| Pontevedra | 77,88 | 13,57 | 8,54 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Fogares con algún menor de 5 anos
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
O 60,31% dos mozos e mozas galegas de entre 18 e 34 anos vive cos pais.
Dos que teñen entre 25 e 34 anos e que viven cos pais, o 13,48% non ten
ningún tipo de ingreso. Esta porcentaxe sobe ata o 42,74% entre os mozos
e mozas de 18 a 24 anos.
Mozos e mozas que viven cos pais segundo a tipoloxía de
ingresos por grupo de idade. Galicia. Ano 2023
Unidade: porcentaxe (%)
| Tipoloxía | De 18 a 24 anos | De 25 a 34 anos |
|---|---|---|
| Total | 100,00 | 100,00 |
| Sen ingresos | 42,74 | 13,48 |
| Ingresos do traballo | 36,08 | 78,14 |
| Outros ingresos | 21,18 | 8,38 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: “outros ingresos” inclúe “ingresos de
prestacións”, “ingresos de traballo e prestacións” e “outros
ingresos”
Mozos e mozas que viven cos pais. Galicia
Unidade: porcentaxe de mozos e mozas que viven cos pais sobre o
total nese grupo de idade (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Dos sete grandes concellos de Galicia, Pontevedra é o que presenta unha maior porcentaxe de fogares formados por unha parella con fillos (un 35,65%).
Por outra banda, na Coruña o 25,53% dos fogares está composto por persoas de 65 ou máis anos. No outro extremo atópase o concello de Pontevedra, onde esta porcentaxe é do 18,28%.
Situación demográfica nos grandes concellos. Ano 2023
| Fogares | Ferrol | A Coruña | Santiago de Compostela | Lugo | Ourense | Pontevedra | Vigo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Número de fogares | 29.045 | 108.391 | 41.438 | 41.642 | 45.595 | 31.739 | 116.350 |
| Número medio de persoas no fogar | 2,20 | 2,29 | 2,39 | 2,36 | 2,26 | 2,60 | 2,53 |
| Porcentaxe de fogares segundo a tipoloxía | |||||||
| Unipersoal | 27,74 | 29,04 | 28,05 | 22,77 | 28,54 | 19,83 | 18,89 |
| Parella con fillos | 23,84 | 26,47 | 25,09 | 30,70 | 25,62 | 35,65 | 31,85 |
| Parella sen fillos | 27,59 | 25,51 | 24,89 | 27,97 | 27,69 | 21,41 | 24,47 |
| Monoparental | 13,23 | 9,75 | 10,47 | 10,85 | 12,61 | 12,73 | 13,19 |
| Outro tipo | 7,61 | 9,24 | 11,50 | 7,71 | 5,54 | 10,37 | 11,60 |
| Porcentaxe de fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos | 23,37 | 25,53 | 23,58 | 25,05 | 24,58 | 18,28 | 22,13 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: a categoría “outro tipo” inclúe: “sen
núcleo”, “un núcleo e outros” e “varios núcleos”
Por áreas xeográficas, na área de Ourense sur o 36,83% dos fogares está composto por persoas de 65 ou máis anos. No extremo oposto sitúase a área de Caldas-O Salnés cun 19,21% de fogares desta tipoloxía.
A área da Barbanza-Noia é a que conta cunha maior porcentaxe de fogares con polo menos algún menor de 16 anos (24,87%).
Fogares con algún menor de 16 anos. Áreas
Ano 2023
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Áreas. Ano
2023
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
No ano 2023 o ingreso medio mensual dos fogares galegos situouse en 2.698 euros por fogar; aumenta un 5,89% respecto ao ano anterior. Nas catro provincias galegas rexístrase un incremento do ingreso medio mensual por fogar entre os anos 2022 e 2023, e é a de Pontevedra a que rexistra o maior incremento (7,58%).
A metade dos fogares galegos ingresa menos de 2.462 euros ao mes. Con respecto ao ano 2022, a mediana de ingresos rexistrou un aumento do 7,04%.
Media e mediana de ingresos mensuais
Unidade: euros, tanto por cento (%)
| Espazo | 2022 | 2023 | Taxa de variación | 2022 | 2023 | Taxa de variación |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Galicia | 2.548 | 2.698 | 5,89 | 2.300 | 2.462 | 7,04 |
| A Coruña | 2.631 | 2.754 | 4,68 | 2.368 | 2.500 | 5,57 |
| Lugo | 2.564 | 2.676 | 4,37 | 2.289 | 2.392 | 4,50 |
| Ourense | 2.249 | 2.419 | 7,56 | 2.088 | 2.200 | 5,36 |
| Pontevedra | 2.545 | 2.738 | 7,58 | 2.316 | 2.561 | 10,58 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
O 51,09% dos ingresos dos fogares galegos procede do traballo por conta allea, o 10,47% do traballo por conta propia, o 35,79% de prestacións e o 2,65% restante de rendas e outros ingresos. A Coruña e Pontevedra son as provincias con maiores porcentaxes de ingresos procedentes do traballo (62,47% e 63,67%, respectivamente), mentres que Lugo e Ourense son as que contan con maiores porcentaxes de ingresos procedentes de prestacións (38,53% e 41,87%).
Estrutura de ingresos dos fogares. Ano 2023
Unidade: porcentaxe (%)
| Tipo | Galicia | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
|---|---|---|---|---|---|
| Total | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 |
| Traballo conta allea | 51,09 | 52,89 | 43,88 | 45,38 | 53,25 |
| Traballo conta propia | 10,47 | 9,58 | 13,66 | 10,52 | 10,42 |
| Prestacións | 35,79 | 34,57 | 38,53 | 41,87 | 34,42 |
| Rendas e outros ingresos | 2,65 | 2,96 | 3,94 | 2,24 | 1,91 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Estrutura de ingresos dos fogares. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
A estrutura de ingresos dos fogares galegos no ano 2023 é
similar á do ano anterior. Con respecto ao ano 2022 produciuse un
aumento da porcentaxe de ingresos procedentes de prestacións (0,34
puntos). A porcentaxe de ingresos procedentes do traballo diminuíu, pola
contra, 0,29 puntos (de 61,85% a 61,56% entre 2022 e 2023).
No
28,85% dos fogares galegos o 100% dos seus ingresos provén das
prestacións. Na provincia de Ourense esta porcentaxe acada o 35,34%.
Ademais, para o 41,26% dos fogares galegos as prestacións representan
máis da metade dos seus ingresos.
Fogares nos que os ingresos por prestacións representan máis
do 50%, 75% ou o 100% do total dos seus ingresos. Ano
2023
Unidade: porcentaxe (%)
| Espazo | Máis dun 50% | Máis dun 75% | O 100% |
|---|---|---|---|
| Galicia | 41,26 | 32,37 | 28,85 |
| A Coruña | 39,98 | 31,56 | 27,84 |
| Lugo | 45,31 | 35,61 | 32,27 |
| Ourense | 47,63 | 38,75 | 35,34 |
| Pontevedra | 39,08 | 29,90 | 26,51 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Fogares nos que os ingresos por prestacións representan o
100% do total dos seus ingresos
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Limiar monetario de pobreza segundo a composición do fogar.
Galicia. Ano 2023
Unidade: euros por fogar
| Composición | 2023 |
|---|---|
| Fogar composto por unha persoa | 903,33 |
| Fogar composto por dous adultos | 1.355,00 |
| Fogar composto por dous adultos e dous menores de 14 anos | 1.897,00 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
No ano 2023 a taxa de risco de pobreza de Galicia diminuíu 0,93 puntos ata situarse no 13,61%. Esta taxa calcúlase como a porcentaxe de persoas cun ingreso equivalente inferior ao limiar de risco de pobreza, que se establece no 60% da mediana de ingresos equivalentes. Ao tomar ingresos equivalentes1 corríxese o efecto que produce o número de persoas do fogar no volume de ingresos. Para calcular as unidades de consumo asígnase un 1 ao primeiro adulto do fogar, 0,5 ao resto de adultos (persoas de 14 ou máis anos dese fogar) e 0,3 a cada neno ou nena do fogar (menores de 14 anos).
O limiar depende, polo tanto, do número de persoas que compoñen o fogar, así como da idade desas persoas. Para un fogar unipersoal o limiar en 2023 é de 903,33 euros/mes, mentres que para un fogar composto por dous adultos (1,5 unidades de consumo) o limiar é de 1.355,00 euros mes (1,5*903,33).
Por provincias, a taxa máis alta corresponde a Ourense (17,06%) e a máis baixa a Pontevedra (12,65%). Con respecto ao ano 2022, a taxa de risco de pobreza aumenta nas provincias da Coruña e Lugo (nesta última, en 1,35 puntos) e diminúe en Ourense e en Pontevedra.
Taxa de risco de pobreza
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Evolución da taxa de risco de pobreza por sexo.
Galicia
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
A poboación en risco de pobreza ou exclusión social é a que se atopa nalgunha das seguintes situacións:
En 2023 o 17,29% da poboación residente en Galicia está en risco de pobreza ou exclusión social, o que supón unha diminución de 1,33 puntos respecto ao ano anterior. Por idades, este indicador diminuíu en todos os grupos de idade.
Taxa de risco de pobreza ou exclusión social (estratexia
Europa 2030). Galicia
Unidade: porcentaxe (%)
| Idade | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Total | 24,27 | 21,41 | 21,56 | 19,47 | 19,38 | 19,90 | 19,22 | 18,62 | 17,29 |
| Menos de 16 anos | 25,80 | 22,86 | 25,05 | 20,52 | 21,44 | 24,58 | 23,27 | 23,92 | 21,48 |
| De 16 a 24 anos | 30,86 | 27,34 | 27,93 | 25,23 | 24,70 | 26,23 | 25,01 | 23,95 | 21,41 |
| De 25 a 49 anos | 24,34 | 21,05 | 21,27 | 19,19 | 18,00 | 20,94 | 18,42 | 18,20 | 16,67 |
| De 50 a 64 anos | 31,05 | 27,82 | 27,25 | 24,08 | 24,69 | 22,98 | 23,43 | 21,66 | 21,52 |
| De 65 ou máis anos | 15,46 | 13,78 | 13,29 | 13,61 | 13,91 | 11,71 | 12,88 | 12,38 | 11,15 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
En 2023 a porcentaxe de fogares galegos que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumenta 1,53 puntos, ata o 58,3%. A porcentaxe dos que chegan con dificultade aumenta 0,16 puntos e a dos que chegan con moita dificultade diminúe 1,69 puntos, ata situarse no 6,65%.
Fogares segundo o grado de dificultade para chegar a fin de
mes. Galicia. Ano 2023
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Para os sete grandes concellos, Santiago de Compostela e Vigo, con 3.010 e 3.005 euros, son os que presentan o maior ingreso medio mensual por fogar, mentres que o máis baixo corresponde a Ferrol (2.499 euros).
Por outra banda, o 67,82% dos ingresos dos fogares residentes no concello de Santiago de Compostela proceden do traballo. No concello de Ferrol esta porcentaxe sitúase no 56,37%. Neste concello, o 41,58% dos ingresos dos fogares proceden de prestacións.
Ingresos dos fogares. Grandes concellos. Ano 2023
| Variable | Ferrol | A Coruña | Santiago de Compostela | Lugo | Ourense | Pontevedra | Vigo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Ingreso medio mensual por fogar (euros) | 2.499 | 2.814 | 3.010 | 2.811 | 2.575 | 2.867 | 3.005 |
| Porcentaxe de fogares segundo o intervalo de ingresos mensuais | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 |
| Ata 1.000,00 euros | 14,09 | 8,62 | 9,26 | 11,62 | 15,59 | 8,50 | 5,95 |
| De 1.000,01 a 1.500,00 euros | 12,12 | 14,78 | 14,79 | 12,54 | 17,24 | 11,26 | 7,09 |
| De 1.500,01 a 2.000,00 euros | 15,55 | 15,60 | 12,34 | 10,76 | 10,61 | 14,82 | 10,71 |
| De 2.000,01 a 2.500,00 euros | 10,93 | 11,85 | 10,15 | 11,91 | 12,11 | 15,49 | 15,20 |
| De 2.500,01 a 3.000,00 euros | 16,83 | 10,63 | 12,17 | 12,11 | 9,47 | 9,50 | 12,66 |
| De 3.000,01 a 4.000,00 euros | 17,65 | 17,43 | 15,42 | 19,38 | 15,42 | 18,20 | 26,20 |
| Máis de 4.000,00 euros | 12,82 | 21,08 | 25,87 | 21,69 | 19,56 | 22,25 | 22,18 |
| Estrutura de ingresos dos fogares (porcentaxes) | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 |
| Traballo conta allea | 49,58 | 58,02 | 58,60 | 49,90 | 54,35 | 58,85 | 55,59 |
| Traballo conta propia | 6,79 | 6,46 | 9,22 | 11,32 | 8,95 | 8,57 | 9,25 |
| Prestacións | 41,58 | 32,04 | 29,09 | 36,01 | 34,14 | 30,46 | 33,52 |
| Rendas e outros ingresos | 2,05 | 3,49 | 3,09 | 2,76 | 2,57 | 2,13 | 1,64 |
| Taxa de risco de pobreza (porcentaxes) | 17,49 | 16,81 | 15,59 | 14,27 | 19,56 | 12,55 | 9,05 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Ingreso medio mensual por fogar. Áreas.
Ano 2023
Unidade: euros por fogar
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Fogares con ingresos procedentes unicamente de prestacións.
Áreas. Ano 2023
Unidade: porcentaxe sobre o total de fogares da área (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
O 15,88% dos fogares galegos ten gasto en hipoteca da vivenda principal, cun gasto medio de 466,19 euros ao mes. Por provincias, Pontevedra é a que conta cunha maior porcentaxe de fogares con gasto en hipoteca (18,19%). O maior gasto medio mensual en hipoteca da vivenda principal rexístrase na provincia de Pontevedra, con 482,12 euros mensuais.
No tocante ao aluguer, o 16,15% dos fogares ten gasto en aluguer da vivenda principal e o gasto medio mensual sitúase en 413,86 euros ao mes, unha vez tidas en conta as axudas públicas e descontados os gastos correntes que aparezan incluídos no recibo (comunidade, auga…). Por provincias, A Coruña é a que presenta unha maior porcentaxe de fogares con gasto en aluguer (19,28%) e Pontevedra a que rexistra un maior gasto medio mensual neste concepto (438,54 euros/mes).
Gasto dos fogares en aluguer e hipoteca da vivenda principal.
Ano 2023
Unidade: porcentaxes (%), euros por fogar
| Espazo | Porcentaxe de fogares con gasto | Gasto medio mensual | Porcentaxe de fogares con gasto | Gasto medio mensual |
|---|---|---|---|---|
| Galicia | 15,88 | 466,19 | 16,15 | 413,86 |
| A Coruña | 16,30 | 470,36 | 19,28 | 427,86 |
| Lugo | 13,30 | 380,57 | 11,58 | 330,17 |
| Ourense | 10,67 | 478,11 | 16,17 | 358,30 |
| Pontevedra | 18,19 | 482,12 | 13,90 | 438,54 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Dentro dos sete grandes concellos galegos, Pontevedra é o que conta cunha maior porcentaxe de fogares con gasto en hipoteca da vivenda principal (19,84%). O maior gasto medio en hipoteca rexístrase en Santiago de Compostela (557,10 euros/mes).
Respecto ao aluguer da vivenda principal, a maior porcentaxe de fogares con este gasto dáse no concello da Coruña (34,78%), e o gasto medio mensual máis elevado na Coruña (492,22 euros/mes).
Gasto dos fogares en aluguer e hipoteca da vivenda principal.
Grandes concellos. Ano 2023
Unidade: porcentaxes (%), euros por fogar
| Concepto | Ferrol | A Coruña | Santiago de Compostela | Lugo | Ourense | Pontevedra | Vigo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| HIPOTECA | |||||||
| Porcentaxe de fogares que teñen gasto en hipoteca da vivenda principal (incidencia) | 16,39 | 12,42 | 18,05 | 18,21 | 13,08 | 19,84 | 16,65 |
| Gasto medio do fogar en hipoteca da vivenda principal (euros) | 385,78 | 476,29 | 557,10 | 396,35 | 507,26 | 472,03 | 547,62 |
| ALUGUER | |||||||
| Porcentaxe de fogares que teñen gasto en aluguer da vivenda principal (incidencia) | 15,57 | 34,78 | 23,57 | 17,31 | 26,88 | 22,18 | 22,00 |
| Gasto medio do fogar en aluguer da vivenda principal (euros) | 318,42 | 492,22 | 424,83 | 371,93 | 383,82 | 472,41 | 483,66 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Fogares con aforro en alimentos segundo o tamaño do
municipio. Galicia
Unidade: porcentaxes (%)
| Tamaño | 2022 | 2023 |
|---|---|---|
| Total | 35,98 | 31,31 |
| Menos de 10.000 habitantes | 60,23 | 52,58 |
| Entre 10.000 e 20.000 habitantes | 35,07 | 29,43 |
| Entre 20.000 e 50.000 habitantes | 30,63 | 27,94 |
| Máis de 50.000 habitantes | 20,73 | 17,02 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: o aforro en alimentación refírese a
produtos que produciu o fogar ou ben que llos regalou algún familiar ou
amigo
En 2023 o 31,31% dos fogares galegos manifestou ter aforro en
alimentos, xa sexa porque os produciu o propio fogar ou ben porque llos
regalou algún familiar ou amigo. Nos municipios de menos de 10.000
habitantes esta porcentaxe sobe ata o 52,58%, mentres que nos municipios
de máis de 50.000 habitantes se sitúa no 17,02%.