Carencia material e social severa (estratexia Europa 2030)
Unha persoa está en situación de carencia material e social severa cando ten carencia, polo menos, en sete conceptos dos seguintes:
A nivel de fogar:
- Non se pode permitir ir de vacacións polo menos unha semana ao ano.
- Non se pode permitir unha comida de carne, polo ou pescado polo menos cada dous días.
- Non se pode permitir manter a vivenda cunha temperatura adecuada.
- Non ten capacidade para facer fronte a gastos imprevistos.
- Tivo atrasos no pagamento de gastos relacionados coa vivenda principal (hipoteca ou alugueiro, gas, comunidade...).
- Non se pode permitir dispoñer de coche.
- Non se pode permitir substituír os mobles deteriorados ou vellos.
- Non se pode permitir substituír as roupas deterioradas por outras novas.
- Non se pode permitir ter dous pares de zapatos.
- Non se pode permitir reunirse con amizades e/ou familiares para comer ou tomar algo ao menos unha vez ao mes.
- Non se pode permitir participar regularmente en actividades de ocio.
- Non se pode permitir gastar unha pequena cantidade de diñeiro en si mesmo cada semana.
- Non se pode permitir dispoñer de conexión a internet para uso persoal no fogar.
Operaciones relacionadas
Enquisa estrutural a fogares. Módulo xeral