Principais resultados


1 Introdución

A partir do “Censo de población” de 2021, o Instituto Nacional de Estadística (INE) proporciona en decembro de cada ano as cifras de poboación referidas ao 1 de xaneiro dese ano. Esta información obtense a partir de rexistros administrativos cunha desagregación territorial ata o nivel de sección censual.

Estas cifras de poboación son as utilizadas na produción estatística como poboación de referencia para enquisas, sistemas de contas, indicadores, proxeccións de poboación, etc.


2 Cifras de poboación

No 1 de xaneiro de 2025 a poboación residente en Galicia cifrouse en 2.714.741 habitantes; o seu incremento durante 2024 foi de 8.908 persoas (o 0,33%).

No total de España residían 49.128.297 habitantes no 1 de xaneiro de 2025, un 1,05% máis que o rexistrado un ano antes; o peso relativo da poboación galega con respecto ao total de España quedou, por tanto, no 5,53% en 2025.

Poboación residente. Galicia e España. Datos a partir de 2021
Unidade: persoas, porcentaxe
Tempo Galicia España % Gal/Esp
1 de xaneiro de 2021 2.698.177 47.400.798 5,69%
1 de xaneiro de 2022 2.692.825 47.486.727 5,67%
1 de xaneiro de 2023 2.699.424 48.085.361 5,61%
1 de xaneiro de 2024 2.705.833 48.619.695 5,57%
1 de xaneiro de 2025 2.714.741 49.128.297 5,53%
Fonte: INE. Censo anual de población (descarga da táboa).


                                   Fonte: INE. Estadística Continua de Población e Censo anual de población (descarga da táboa).


2.1 Información por sexo e idade

Na clasificación da poboación por grupos quinquenais de idade, os máis numerosos son os que inclúen á poboación de entre 40 e 65 anos, como se pode comprobar na pirámide de poboación seguinte, referida ao 1 de xaneiro de 2025.

                                                       Fonte: INE. Censo anual de población (descarga da táboa).


O incremento da poboación durante o ano 2024 produciuse nos rangos de idades de 15 a 29 anos, de 50 a 69 anos, de 75 a 84 anos e no de persoas de 90 ou máis anos. Pola contra, diminuíu a poboación de menores de 15 anos, o grupo de 30 a 49 anos, o de persoas de 70 a 74 anos e o de 85 a 89 anos.

Poboación residente por grupos quinquenais de idade. Galicia
Unidade: persoas, porcentaxe
Ambos sexos 01/01/2025 Homes 01/01/2025 Mulleres 01/01/2025 Var.relat.Ambos sexos (%) Ano 2024
Total 2.714.741 1.306.827 1.407.914 0,33%
0-4 75.516 38.645 36.871 -2,57%
5-9 99.403 51.242 48.161 -2,50%
10-14 115.247 59.556 55.691 -0,79%
15-19 123.879 63.761 60.118 2,35%
20-24 120.741 62.198 58.543 3,06%
25-29 118.322 60.376 57.946 1,92%
30-34 131.395 66.400 64.995 -0,70%
35-39 150.307 74.909 75.398 -2,08%
40-44 190.578 94.977 95.601 -4,04%
45-49 231.117 114.390 116.727 -0,31%
50-54 221.570 109.373 112.197 1,65%
55-59 210.507 102.032 108.475 1,40%
60-64 196.330 94.272 102.058 1,10%
65-69 180.406 85.440 94.966 2,38%
70-74 157.098 72.739 84.359 -0,15%
75-79 146.869 65.113 81.756 1,21%
80-84 111.635 46.231 65.404 7,09%
85-89 74.123 27.234 46.889 -7,18%
90-94 45.824 14.481 31.343 4,20%
95-99 12.333 3.173 9.160 5,65%
100 e máis 1.541 285 1.256 4,05%
Fonte: INE. Censo anual de población (descarga da táboa).

 

Fonte: INE. Censo anual de población (descarga da táboa).

   

Poboación e taxa de variación anual. Galicia
Unidade: persoas, porcentaxe
Grupo de idade Poboación 01/01/2025 Var.relat. (%) Ano 2024
Total 2.714.741 0,33%
De 0 a 14 anos 290.166 -1,84%
De 15 a 24 anos 244.620 2,70%
De 25 a 44 anos 590.602 -1,65%
De 45 a 64 anos 859.524 0,93%
De 65 a 84 anos 596.008 2,25%
De 85 e máis anos 133.821 -2,31%
Fonte: INE. Censo anual de población (descarga da táboa).



2.2 Información por nacionalidade e por lugar de nacemento

Durante o ano 2024 o número de persoas de nacionalidade estranxeira residentes en Galicia aumentou en 19.213 persoas, un 12,37%, ata situarse en 174.494 persoas (o 6,43% do total de poboación residente en Galicia); aumentou tamén a cifra de residentes de nacionalidade española en Galicia nados no estranxeiro nun 5,04%, e nun 5,41% o número de persoas nadas en España pero con nacionalidade estranxeira.

Poboación residente por nacionalidade e lugar de nacemento. Galicia. 1 de xaneiro de 2025
Unidade: persoas
Total Nados en España Nados no estranxeiro
Total 2.714.741 2.382.744 331.997
Nacionalidade española 2.540.247 2.375.980 164.267
Nacionalidade estranxeira 174.494 6.764 167.730
Variación absoluta de poboación. Galicia. Ano 2024
Unidade: persoas
Total Nados en España Nados no estranxeiro
Total 8.908 -17.838 26.746
Nacionalidade española -10.305 -18.185 7.880
Nacionalidade estranxeira 19.213 347 18.866
Variación relativa de poboación. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Total Nados en España Nados no estranxeiro
Total 0,33% -0,74% 8,76%
Nacionalidade española -0,40% -0,76% 5,04%
Nacionalidade estranxeira 12,37% 5,41% 12,67%

                                        Fonte: INE. Censo anual de población (descarga da táboa).



Como pode comprobarse nas seguintes gráficas, a estrutura por idades é diferente segundo sexa a nacionalidade española ou estranxeira dos residentes en Galicia; a poboación estranxeira está concentrada nos grupos de idade de entre 25 e 45 anos.

                                                       Fonte: INE. Censo anual de población (descarga da táboa).


                                                       Fonte: INE. Censo anual de población (descarga da táboa).




Segundo o lugar de nacemento, a principios do ano 2025 o 51,78% da poboación de Galicia nacera no mesmo concello no que residía e o 12,23% nacera no estranxeiro.

Poboación residente por lugar de nacemento. Galicia. Ano 2025
Unidade: persoas, porcentaxe
Persoas Porcentaxe sobre o total
Total 2.714.741 100,00%
Naceu no mesmo concello que reside 1.405.812 51,78%
Naceu noutro concello da mesma provincia na que reside 639.152 23,54%
Naceu en provincia galega distinta da que reside 178.041 6,56%
Naceu no resto de España 159.701 5,88%
Naceu no estranxeiro 332.035 12,23%
Fonte: INE. Censo anual de población (descarga da táboa).



2.3 Información por provincias

Durante 2024 as provincias da Coruña, Lugo e Ourense gañaron poboación, mentres que Pontevedra permaneceu practicamente estable cunha diminución de 51 persoas durante o ano. Como en anos anteriores, aumenta a concentración de poboación nas provincias occidentais, A Coruña e Pontevedra, nas que reside no seu conxunto o 76,75% da poboación de toda Galicia.

Poboación residente. Provincias. Anos 2024 e 2025
Unidade: persoas, porcentaxe
01/01/2024 01/01/2025 % Var.Anual
Galicia 2.705.833 2.714.741 0,33%
A Coruña 1.128.449 1.135.623 0,64%
Lugo 325.048 326.022 0,30%
Ourense 304.467 305.278 0,27%
Pontevedra 947.869 947.818 -0,01%
Fonte: INE. Censo anual de población (descarga da táboa).



2.4 Información por comunidades e cidades autónomas

No conxunto de España, a poboación incrementouse en 508.602 persoas durante 2025. Aumentou a poboación en todas as comunidades e cidades autónomas, agás en Estremadura; en Cataluña, na Comunidade Valenciana e na Comunidade de Madrid este incremento foi superior ás 100.000 persoas. En termos relativos os maiores incrementos rexistráronse na Comunidade Valenciana ( 1,99%), na Comunidade de Madrid ( 1,49%) e nas Illas Baleares ( 1,47%).

Poboación residente. Comunidades e cidades autónomas. Anos 2024 e 2025
Unidade: persoas, porcentaxe
01/01/2024 01/01/2025 Variac.absoluta % Var.anual
España 48.619.695 49.128.297 508.602 1,05%
Andalucía 8.631.862 8.676.713 44.851 0,52%
Aragón 1.351.591 1.364.621 13.030 0,96%
Asturias, Principado de 1.009.599 1.015.128 5.529 0,55%
Baleares, Illas 1.231.768 1.249.844 18.076 1,47%
Canarias 2.238.754 2.258.866 20.112 0,90%
Cantabria 590.851 593.623 2.772 0,47%
Castela - A Mancha 2.104.433 2.126.378 21.945 1,04%
Castela e León 2.391.682 2.401.221 9.539 0,40%
Cataluña 8.012.231 8.124.126 111.895 1,40%
Comunidade Valenciana 5.319.285 5.425.182 105.897 1,99%
Estremadura 1.054.681 1.053.345 -1.336 -0,13%
Galicia 2.705.833 2.714.741 8.908 0,33%
Madrid, Comunidade de 7.009.268 7.113.886 104.618 1,49%
Murcia, Rexión de 1.568.492 1.586.989 18.497 1,18%
Navarra, Comunidade Foral de 678.333 683.854 5.521 0,81%
País Vasco 2.227.684 2.242.343 14.659 0,66%
Rioxa, A 324.184 326.803 2.619 0,81%
Ceuta 83.179 83.567 388 0,47%
Melilla 85.985 87.067 1.082 1,26%
Fonte: INE. Censo anual de población (descarga da táboa).


 

3 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos