ÍNDICE


Introdución

A Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia é unha actividade estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) froito da colaboración co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), con carácter anual. A información difundida mediante esta estatística procede das fianzas de alugueiro de vivenda depositadas e activas no IGVS ao último día do ano, combinado coa Base de datos Sociodemográfica dispoñible no IGE.

O obxectivo desta actividade é analizar as características socioeconómicas das persoas propietarias e inquilinas que alugan viviendas en Galicia.

Cada unha das fianzas depositadas no IGVS pode ter máis dunha persoa declarada como propietaria, e de distinta tipoloxía, e máis dunha persoa declarada como inquilina.

Persoas propietarias e fianzas segundo o tipo de persoa e tipo de alugueiro

A 31 de decembro do ano 2024 hai 154.169 fianzas activas en Galicia, nas que figuran como propietarias 114.063 persoas. Destas persoas o 97,0% son persoas físicas e o 3,0% son persoas xurídicas.

As persoas físicas residentes en Galicia, colectivo que estudaremos a continuación, representan o 81,5% das persoas propietarias. Dentro das persoas xurídicas o colectivo máis numeroso é o das sociedades limitadas, que respresenta o 2,0% das persoas propietarias totais. En número de fianzas cabe destacar os Organismos Públicos e outras Entidades Públicas, que figuran como propietarias no 2,0% das fianzas activas a 31 de decembro de 2024.

Persoas propietarias e fianzas segundo tipo de persoa. Ano 2024
Unidade: Número, porcentaxe e media
Tipo de persoa propietaria Número de persoas propietarias Porcentaxe de persoas propietarias Número de fianzas Porcentaxe de fianzas Número medio de fianzas por persoa propietaria
Total 114.063 100,00 154.169 100,00 1,35
Persoa física 110.596 96,96 145.507 94,38 1,32
  • Residente en Galicia
92.925 81,47 123.966 80,41 1,33
  • Residente fóra de Galicia
14.067 12,33 18.477 11,98 1,31
  • Morto
3.604 3,16 5.420 3,52 1,50
Persoa xurídica 3.467 3,04 17.872 11,59 5,15
  • Sociedade limitada
2.260 1,98 10.429 6,76 4,61
  • Sociedade anónima
147 0,13 932 0,60 6,34
  • Comunidades de bens
778 0,68 2.750 1,78 3,53
  • Asociacións e fundacións
39 0,03 199 0,13 5,10
  • Entidade relixiosa
14 0,01 148 0,10 10,57
  • Organismos Públicos e outras Entidades Públicas
16 0,01 3.139 2,04 196,19
  • Outro tipo de sociedades
213 0,19 353 0,23 1,66
Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa)

Nota: Unha fianza poder ter máis dunha persoa propietaria e clasificarase en tantas categorías como tipos de persoas propietarias diferentes posúa


Se nos fixamos no tipo de alugueiro (habitual ou de tempada), obsérvase que tan só o 4,1% das persoas propietarias teñen rexistrada a vivenda en aluguer como aluguer de tempada.

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa)

Características das persoas propietarias de vivendas de aluguer: persoas físicas residentes en Galicia

Neste apartado analizaremos as características socioeconómicas das persoas físicas residentes en Galicia que son propietarias dunha vivenda en aluguer na Comunidade Autónoma. No ano 2024, hai 92.925 persoas físicas propietarias de vivendas de aluguer residentes en Galicia, das cales o 52,3% son mulleres. A idade media das persoas propietarias de vivendas de aluguer é de 61,4 anos, 60,8 anos no caso dos homes e 61,9 anos as mulleres.

Persoas físicas residentes en Galicia propietarias de vivendas en alguer segundo o sexo. Ano 2024
Unidade: Número, porcentaxe e idade media
Sexo Número Porcentaxe Idade media
Total 92.925 100,00 61,4
Homes 44.354 47,73 60,8
Mulleres 48.571 52,27 61,9

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa)

A distribución da poboación propietaria de vivendas de aluguer no territoro é semellante á distribución da poboación de Galicia e concéntrase na costa das provincias atlánticas e nas capitais de provincia, xunto con Santiago de Compostela e Vigo. As provincias occidentais, na parte costeira da zona sur maioritariamente, presentan máis persoas propietarias de vivendas en aluguer que a parte oriental de Galicia que se corresponde coas zonas máis rurais e despoboadas.

Distribución das persoas físicas propietarias de vivendas de aluguer segundo o concello de residencia. Ano 2024

Unidade: Persoas

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa)

O 53,6% das persoas propietarias de vivendas de aluguer residen no mesmo concello onde se atopa a vivenda que proporcionan en aluguer.

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa)

Nota: Considerarase que unha persoa propietaria reside en distinto concello do que se atopa a vivenda de aluguer cando a lo menos unha das propiedades que alugue se atope en distinto concello do da residencia da persoa


Segundo a metodoloxía da actividade, as categorías nas que se divide ás persoas para o estudo da relación coa actividade económica: afiliada á SS, parada rexistrada, perceptora de pensións contributivas da SS e resto, son categorías excluíntes. É posible que unha mesma persoa poida compatibilizar dúas ou máis situacións das expresadas anteriormente no transcurso do ano, pero sempre se lle vai dar prioridade a unha sobre a outra, seguindo a orde na que aparecen relacionadas. Así, se analizamos a relación coa actividade da persoa física residente en Galicia propietaria dunha vivenda en aluguer, observamos que o colectivo máis representado é o de persoas traballadoras afiliadas á Seguridade Social, co 47,4% das persoas propietarias clasificadas nesta categoría. A idade media das persoas físicas propietarias de vivendas de aluguer afiliadas á Seguridade Social é de 50,7 anos. As persoas físicas que perciben unha pensión contributiva da Seguridade Social son o seguinte colectivo máis representado, neste caso co 35,3% das persoas propietarias e cunha idade media de 75,0 anos.

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa)

As persoas físicas propietarias de vivendas de aluger que cobran unha pensión contributiva da seguridade social, segundo colectivo con máis peso, teñen unha pensión media de 1.423,8 euros mensuais. A táboa seguinte mostra os importes medios das pensións contributivas segundo o réxime de cotización anterior das persoas físicas que son propietarias dunha vivenda en aluguer e que perciben unha prestación contributiva da Seguridade Social. O importe máis alto acádano os pensionistas que cotizaron con anterioridade no réxime xeral, sen ter en conta a categoría de “Outros”, cunha pensión media de 1.634,9 euros mensuais, un 62,3% máis que os pensionistas que cotizaron con anterioridade no réxime de autónomos.

Persoas físicas residentes en Galicia propietarias de vivendas en aluguer que perciben unha pensión contributiva da Seguridade Social segundo o réxime de cotización anterior. Ano 2024
Unidade: Número, porcentaxe e media
Réxime de cotización anterior Número Idade media Propiedades medias Importe medio da pensión
Total 32.769 75,0 1,6 1.423,8
Réxime xeral 19.941 74,4 1,4 1.634,9
Autónomos 10.918 76,4 1,8 1.007,3
Traballadores do mar 1.273 75,2 1,5 1.578,8
Outros 637 68,0 1,3 1.642,7

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa)

Persoas inquilinas e fianzas segundo o tipo de persoa e tipo de alugueiro

No tocante ás persoas ou outras entidades que figuran como inquilinas en vivendas de aluguer, 199.930 a 31 de decembro do ano 2024, observamos que o 98,3% corresponde a persoas físicas e o 1,7% son persoas xurídicas. As persoas físicas residentes en Galicia representan o 87,4% das persoas inquilinas.

Persoas inquilinas e fianzas segundo tipo de inquilino. Ano 2024
Unidade: Número, porcentaxe e media
Tipo de persoa inquilina Número de persoas inquilinas Porcentaxe de persoas inquilinas Número de fianzas Porcentaxe de fianzas Número medio de fianzas por persoa inquilina
Total 199.930 100,00 154.169 100,00 0,77
Persoa física 196.588 98,33 151.621 98,35 0,77
  • Residente en Galicia
174.798 87,43 137.185 88,98 0,78
  • Residente fóra de Galicia
20.463 10,24 18.212 11,81 0,89
  • Morto
1.327 0,66 1.349 0,88 1,02
Persoa xurídica 3.342 1,67 3.381 2,19 1,01
  • Sociedade limitada
560 0,28 756 0,49 1,35
  • Sociedade anónima
213 0,11 248 0,16 1,16
  • Comunidades de bens
90 0,05 80 0,05 0,89
  • Asociacións e fundacións
104 0,05 216 0,14 2,08
  • Entidade relixiosa
22 0,01 45 0,03 2,05
  • Organismos Públicos e outras Entidades Públicas
53 0,03 100 0,06 1,89
  • Outro tipo de sociedades
2.300 1,15 1.954 1,27 0,85
Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa)

Nota: Unha fianza poder ter máis dunha persoa inquilina e clasificarase en tantas categorías como tipos de persoas inquilinas diferentes posúa


Se atendemos á clasificación segundo tipo de alugueiro obtemos que o 5,3% das persoas inquilinas teñen alugada a vivenda como aluguer de tempada.

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa)

Características das persoas inquilinas de vivendas de aluguer: persoas físicas residentes en Galicia

No ano 2024, hai en Galicia 174.798 persoas físicas inquilinas en vivendas de aluguer e residentes en Galicia, das cales o 52,7% son mulleres. A idade idade media das persoas inquilinas de vivendas de aluguer é de 42,5 anos, 42,9 anos no caso dos homes e 42,1 anos as mulleres.

Persoas físicas residentes en Galicia inquilinas de vivendas en aluguer segundo o sexo. Ano 2024
Unidade: Número, porcentaxe e idade media
Sexo Número Porcentaxe Idade media
Total 174.798 100,0 42,5
Homes 82.682 47,3 42,9
Mulleres 92.116 52,7 42,1

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa

Se temos en conta o concello de residencia da persoa inquilina e o concello no que se atopa a vivenda que aluga, comprobamos que o 29,6% das persoas inquilinas de vivendas de aluguer teñen a súa residencia en distinto concello do que se atopa a vivenda que alugan.

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa)

Nota: Considerarase que unha persoa inquilina reside en distinto concello do que se atopa a vivenda de aluguer cando a lo menos unha das propiedades no que figura como inquino se atope en distinto concello do da residencia da persoa


Na clasificación segundo a relación coa actividade da persoa física inquilina dunha vivenda de aluguer en Galicia destaca notablemente a categoría das persoas traballadoras afiliadas á Seguridade Social, que representan o 76,0% do total das persoas inquilinas (persoas físicas residentes en Galicia). Cómpre tamén notar que o segundo grupo máis numeroso é o de “Resto”, categoría onde se engloban os/as estudantes.

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa)

Por sector de actividade, as persoas traballadoras afiliadas á Seguridade Social inquilinas dunha vivenda de aluguer en Galicia distribúense de xeito moi desigual. No ano 2024, as persoas traballadoras do sector servizos representan o 80,9% do total de persoas físicas inquilinas afiliadas á Seguridade Social e residentes en Galicia no ano de estudo, fronte ao 2,3% que se adican ao sector da agricultura e da pesca.

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa)

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos