ÍNDICE


Principais resultados

1 Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida aos fogares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo a súa compoñente humana. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Cada ano realízase un módulo específico no que se trata algún tema relacionado co mercado laboral e que complementa a información da EPA. O módulo de 2024 trata sobre a mocidade no mercado laboral.

2 Axuste do nivel de formación, a especialidade de estudos e habilidades aos requisitos do emprego

O 64,1% das persoas de 16 a 34 anos ocupadas ou non ocupadas con experiencia laboral previa considera que o seu nivel de formación se axusta aos requisitos do seu emprego principal ou aos do seu último emprego, mentres que o 29,5% declara que ten un nivel de estudos superior ao necesario para o emprego.

Axuste do nivel de formación aos requisitos do emprego. Poboación de 16 a 34 anos. Galicia. Ano 2024
Unidade: Porcentaxe
Total de 16 a 24 anos de 25 a 29 anos de 30 a 34 anos
Total 100,0 100,0 100,0 100,0
Si 64,1 57,6 62,3 70,0
Non, o nivel de estudos é superior 29,5 36,1 32,3 22,7
Non, o nivel de estudos é inferior 4,1 4,7 3,4 4,2
Non sabe/Non contesta 2,3 1,6 2,0 3,0
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa).

Entre os ocupados, o 25,4% percibe que ten un nivel de formación superior ao que require o seu emprego principal, mentres que esta porcentaxe sobe ata o 41,7% entre os non ocupados con respecto ao seu último emprego. Por sexo, obsérvase unha maior percepción de sobrecualificación entre as mulleres. A adecuación entre os estudos e o emprego aumenta conforme se avanza no grupo de idade.

Con respecto á especialidade dos seus estudos, o 46,9% das persoas de 16 a 34 anos ocupadas ou con experiencia laboral previa considera que se axusta por completo ou en gran medida aos requisitos do seu emprego principal ou do seu último emprego. O 19,1% cre que se axusta en certa medida ou pouco. E o 11,4% responde que non se axusta en absoluto.

Axuste da especialidade dos estudos aos requisitos do emprego. Poboación de 16 a 34 anos. Galicia. Ano 2024

Unidade: Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


En relación ás habilidades da persoa, o 77,6% das persoas ocupadas ou non ocupadas con experiencia laboral previa declara que se axustan aos requisitos do seu emprego principal ou do seu último emprego e o 20 % que son superiores.

Axuste das habilidades persoais aos requisitos do emprego. Poboación de 16 a 34 anos. Galicia. Ano 2024

Unidade: Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


3 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos