Principais resultados

1 Poboación en relación coa actividade económica

No segundo trimestre, a poboación activa de Galicia rexistrou unha variación interanual do 0,1 %, situándose en 1.273.100 persoas. En paralelo, o número de persoas ocupadas experimentou unha taxa de variación interanual do 0,6 %, ata acadar as 1.172.000 persoas. O colectivo de persoas paradas diminue un 4,7 % interanual no mesmo intervalo temporal, quedando en 101.100 persoas.

Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Segundo trimestre de 2026
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Poboación Variación intertrimestral Variación interanual
Total 2.401,3 0,5 0,7
Activos 1.273,1 -1,6 0,1
Poboación ocupada 1.172,0 -0,5 0,6
Poboación parada 101,1 -12,8 -4,7
Inactivos 1.128,2 3,0 1,3
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

En relación co trimestre anterior o número de ocupados diminúe en 6.100 persoas e o de parados en 14.900.

Nos últimos dez trimestres, a taxa de variación interanual da poboación ocupada en Galicia situouse, en xeral, por debaixo da rexistrada no conxunto de España. Tras dous trimestres cunha taxa similar á española, no trimestre actual a taxa galega sitúase 1,7 puntos por baixo da española.


Taxa de variación interanual da poboación ocupada.

Unidade: Tanto por cento

Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

2 Poboación activa

A taxa de actividade baixou no segundo trimestre en 0,3 puntos porcentuais respecto ao mesmo período do ano anterior, situándose no 53 %. No caso dos homes, a taxa diminuíu en 0,8 puntos porcentuais ata alcanzar o 55,9 %, mentres que entre as mulleres aumentou 0,2 puntos porcentuais, situándose no 50,4 %. Con respecto ao pasado trimestre, a taxa de actividade diminúe en 1,2 puntos.

Taxas de actividade segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2026
Unidade: Tanto por cento
Taxa de actividade Variación absoluta trimestral Variación absoluta anual
Total 53,0 -1,2 -0,3
Homes 55,9 -0,8 -0,8
Mulleres 50,4 -1,4 0,2
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

3 Poboación ocupada

O número de persoas ocupadas en Galicia aumentou no primeiro trimestre un 0,6 % respecto ao mesmo período do ano anterior, situándose en 1.172.000 persoas. A poboación ocupada feminina aumentou un 1,7 %, mentres que a masculina diminuiu o 0,5% no mesmo período. Deste xeito, a poboación ocupada masculina, con 587.000 homes, é lixeiramente superior á feminina, que suma 585.000 mulleres.

Poboación ocupada segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2026
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Poboación ocupada Taxa intertrimestral (%) Taxa interanual (%)
Total 1.172 -0,5 0,6
Homes 587 -0,9 -0,5
Mulleres 585 -0,1 1,7
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por grupos de idade, os incrementos anuais rexístranse nos colectivos de 55 e máis anos (6,2 %) e de 16 a 24 anos (1,8 %). O número de ocupados de 25 a 54 diminúe un 1,4 % no período.

Poboación ocupada segundo idade. Galicia. Segundo trimestre de 2026
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Poboación ocupada Taxa intertrimestral (%) Taxa interanual (%)
Total 1.172,0 -0,5 0,6
de 16 a 24 anos 51,9 3,0 1,8
de 25 a 54 anos 821,3 -1,6 -1,4
de 55 e máis anos 298,9 2,0 6,2
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

Segundo a situación profesional, o 82,44 % da poboación ocupada en Galicia no primeiro trimestre é asalariada. Deste total, o 65,63 % corresponde ao sector privado e o 16,81 % ao sector público. Pola súa banda, os traballadores independentes e os empresarios sen asalariados representan o 11,60 %, mentres que os empresarios con persoal asalariado supoñen o 5,48 %.

Poboación ocupada segundo situación profesional. Galicia. Segundo trimestre de 2026
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Poboación ocupada Distribución (%)
Total 1.172,0 100,00
Empresario con asalariados 64,2 5,48
Traballador independente ou empresario sen asalariados 136,0 11,60
Asalariado do sector público 197,0 16,81
Asalariado do sector privado 769,2 65,63
Outra situación 5,6 0,48
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

4 Poboación parada

A taxa de paro diminuiu no segundo trimestre en Galicia en 0,4 puntos porcentuais en termos interanuais e en 1,1 puntos respecto do trimestre anterior, situándose no 7,9 %. Esta taxa é a máis baixa desde o ano 2008. A taxa de paro masculina baixou en 0,2 puntos porcentuais, situándose no 8,4 %, e a taxa de paro feminina quedou no 7,5 %, cunha diminución interanual de 0,5 puntos porcentuais.

Taxas de paro segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2026
Unidade: Tanto por cento
Taxa de paro Variación absoluta trimestral Variación absoluta anual
Total 7,9 -1,1 -0,4
Homes 8,4 0,0 -0,2
Mulleres 7,5 -2,0 -0,5
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

O número de persoas paradas en Galicia ascende a 101.100, cun descenso do 4,7% en termos interanuais e do 12,8% en termos intertrimestrais . Deste total, 53.600 son homes e 47.500 son mulleres.

Poboación parada segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2026
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Poboación Taxa intertrimestral (%) Taxa interanual (%)
Total 101,1 -12,8 -4,7
Homes 53,6 -1,5 -4,1
Mulleres 47,5 -22,8 -5,4
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

A taxa de paro en Galicia mantívose por debaixo da española nos últimos 10 trimestres, situándose no segundo trimestre de 2026 2 puntos porcentuais por baixo da española, ao situarse no 7,9%, fronte ao 9,9% a nivel estatal.


Taxa de paro

Unidade: Tanto por cento

Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

5 Notas metodolóxicas

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida aos fogares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

6 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

INE. Enquisa de poboación activa (EPA)