Principais resultados

1. Introdución

O principal obxectivo desta operación estatística é coñecer o número de persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral segundo o concello de residencia, así como a súa distribución por sexo, idade e nacionalidade da persoa. Tamén se analiza a distribución das afiliacións por sectores de actividade e réximes de cotización.

Para obter o concello de residencia, crúzase o ficheiro de afiliacións recibido da Seguridade Social co Padrón municipal continuo de habitantes, recibido do Instituto Nacional de Estadística (INE).

Para unha mesma persoa traballadora poden figurar varias afiliacións en alta laboral, por exemplo, se desempeña varias actividades laborais nun mesmo réxime ou en varios. Cando se fala de afiliacións á Seguridade Social, cada persoa contabilízase tantas veces como situacións de cotización teña. Pola contra, cando se fala persoas afiliadas, cada traballador ou traballadora contabilízase unha única vez.


2. Situación da afiliación á Seguridade Social en Galicia


En maio de 2025 rexistráronse 1.096.790 afiliacións á Seguridade Social en Galicia, un 1,1% máis que no mes anterior. Destas, 1.070.669 (o 97,6%) corresponden a persoas cuxa residencia se atopa nun dos concellos de Galicia.

Como se expuxo na introdución, un mesmo traballador ou traballadora pode figurar varias veces no sistema da Seguridade Social, tantas como actividades laborais distintas desempeñe; máis correctamente, tantas como situacións de cotización distintas teña. Por exemplo, se un traballador ou unha traballadora desempeña un traballo remunerado por conta allea nunha empresa e, ao mesmo tempo, traballa por conta propia noutra empresa da que é propietario/a, figurará ao menos dúas veces no sistema: unha no réxime xeral e outra no réxime de autónomos/as.

Así, se contabilizamos, non o número de afiliacións, senón o de persoas afiliadas, a cifra baixa ás 1.028.565 persoas afiliadas en alta laboral ao Sistema da Seguridade Social en maio de 2025, un 0,9% máis que o mes pasado.


Afiliacións totais á Seguridade Social, afiliacións de residentes e persoas afiliadas con concello de residencia en Galicia. Maio de 2025
Unidade: afiliacións, persoas, taxas de variación
Variable 2025/Maio Variación relativa respecto a 2025/Abril Variación relativa respecto a 2024/Maio
Afiliacións totais á Seg. Social 1.096.790 1,1 2,0
Afiliacións á Seg. Social de residentes en Galicia 1.070.669 1,0 1,8
Persoas afiliadas á Seg. Social con residencia en Galicia 1.028.565 0,9 1,7
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)


3. Persoas afiliadas por sexo e grupos de idade


Para medir a estrutura da poboación afiliada á Seguridade Social en alta laboral pódese construír o seguinte indicador de estrutura: a poboación afiliada de 40 ou máis anos, dividida entre a poboación afiliada de 16 a 39 anos, multiplicado por cen.

En maio de 2025, por cada 100 afiliados e afiliadas á Seguridade Social en alta laboral menores de 40 anos, residían en Galicia 224 traballadores/as maiores desta idade. Dos sete grandes concellos galegos, os concellos da Coruña, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela atópanse por debaixo da media galega. Entre os grandes concellos que teñen valores superiores a media, estes variaban dende 224,4 no concello de Lugo ata 237,1 en Pontevedra.


Persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral. Galicia e sete grandes concellos. Maio de 2025
Unidade: persoas, taxas de variación
Concello 2025/Maio Variación relativa respecto a 2025/Abril Variación relativa respecto a 2024/Maio
Galicia 1.028.565 0,9 1,7
Coruña, A 96.254 0,7 2,5
Ferrol 19.555 0,6 2,2
Santiago de Compostela 41.763 0,9 1,7
Lugo 39.377 0,8 1,9
Ourense 38.461 0,7 2,9
Pontevedra 31.071 1,3 1,8
Vigo 113.823 0,9 2,0
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)

   

Índice de estrutura e taxa de substitución da poboación afiliada. Galicia e sete grandes concellos. Maio de 2025
Unidade: tanto por cento
Concello Índice de estrutura da poboación afiliada Taxa de substitución da poboación afiliada
Galicia 224,0 19,4
Coruña, A 203,3 20,3
Ferrol 230,3 19,5
Santiago de Compostela 222,3 15,9
Lugo 224,4 17,8
Ourense 207,4 18,5
Pontevedra 237,1 17,8
Vigo 221,7 19,8
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)


Outro indicador tomado das estatísticas demográficas é o da taxa de substitución da poboación activa. Aplicado ao tema que nos ocupa, definiríase como o cociente entre a poboación afiliada menor de 25 anos e a poboación afiliada maior de 55 anos, multiplicado por 100. Este indicador utilízase para comparar a poboación que acaba de ingresar como cotizantes ao sistema da Seguridade Social coa que está próxima a abandonalo e pasar á situación de pensionista.

En Galicia, por cada 100 persoas que están en idade de abandonar o mercado laboral contabilízanse 19 persoas que ingresan ao Sistema da Seguridade Social.

A continuación amósase a variación interanual do número de traballadores e traballadoras afiliados/as á Seguridade Social nos sete grandes municipios galegos.

Nos últimos doce meses (de maio de 2024 a maio de 2025), o número de persoas afiliadas aumentou nos sete grandes concellos galegos. O maior incremento experimentárono os concellos de Ourense (2,9%) e A Coruña (2,5%).


Persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral segundo o sexo e o grupo de idade. 2025/Maio

Unidade: persoas

   

Variación interanual do número de persoas afiliadas

Unidade: taxas de variación interanuais

A Coruña

   

A Coruña

Ferrol

   

Ferrol

Santiago de Compostela

   

Santiago de Compostela

Lugo

   

Lugo

Ourense

   

Ourense

Pontevedra

   

Pontevedra

Vigo

   

Vigo

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)


4. Persoas afiliadas de nacionalidade estranxeira


En maio de 2025, o 6,2% das persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral residentes en Galicia tiña nacionalidade estranxeira.

Aínda que os municipios con maior número de persoas afiliadas de nacionalidade distinta á española eran os correspondentes ás sete grandes cidades, en termos relativos, destacaban algúns concellos próximos á Rexión norte de Portugal, a Comarca de Valdeorras e a Mariña Lucense.

Persoas afiliadas á Seguridade Social de nacionalidade estranxeira por comarcas. Maio de 2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)

   

Táboa coas 15 comarcas de Galicia con maior porcentaxe de persoas afiliadas de nacionalidade estranxeira. Maio de 2025
Unidade: porcentaxe
Espazo Porcentaxe
Galicia 6,2
Valdeorras 11,6
A Mariña Central 11,4
Verín 11,0
Viana 10,2
Meira 9,7
A Mariña Occidental 9,6
Terra de Lemos 9,2
O Carballiño 8,7
A Ulloa 8,6
Ourense 8,3
Baixa Limia 8,2
Lugo 8,0
A Coruña 7,8
Terra de Melide 7,8
A Mariña Oriental 7,5
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)


5. Afiliacións á Seguridade Social por sectores de actividade


O 4,7% das afiliacións en alta laboral de persoas que residen en Galicia corresponden a actividades relacionadas coa agricultura e a pesca; o 13,7% rexístranse no sector industrial; o 7,4% na construción e o 73,6% corresponden a actividades do sector servizos.

Hai unha pequena porcentaxe das afiliacións (o 0,6%) que non foi posible asignar a ningún sector ante a falta de información ao respecto.

Nos seguintes mapas amósase a distribución das afiliacións en alta laboral segundo os sectores de actividade e o concello de residencia do traballador ou da traballadora, existentes a finais de maio de 2025.


   

Afiliacións en alta laboral de persoas con residencia en Galicia por sectores de actividade. Maio de 2025
Unidade: número, porcentaxe
Sector de actividade Afiliacións Porcentaxe
Total 1.070.669 100,0
Agricultura e pesca 50.480 4,7
Industria 146.669 13,7
Construción 79.069 7,4
Servizos 788.044 73,6
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)


Por sectores de actividade, os concellos cunha maior porcentaxe de traballadores e traballadoras afiliadas no sector primario atópanse no interior de Lugo (a excepción da capital de provincia, Rábade e Monforme de Lemos), nas comarcas coruñesas de Xallas, Terra de Melide e Arzúa, e na comarca do Deza (Pontevedra).

Debido ás afiliacións no Réxime especial do mar, municipios como A Illa de Arousa, Camariñas ou Muxía presentan altas porcentaxes de afiliacións no sector primario.


Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral na agricultura e pesca por concellos. Maio de 2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)

   

Táboa cos 15 concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral na agricultura e pesca. Maio de 2025
Unidade: porcentaxe
Espazo Datos
Rodeiro 40,8
Dozón 38,5
Pastoriza, A 37,2
Pol 36,9
Triacastela 36,2
Illa de Arousa, A 35,9
Paradela 35,6
Páramo, O 35,6
Toques 32,2
Láncara 32,2
Mazaricos 32,1
Baleira 31,4
Taboada 30,4
Guntín 29,2
Frades 29,0
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)


As afiliacións na industria teñen un maior peso nos municipios do sur da provincia de Pontevedra, na comarca de Valdeorras, Barbanza, Caldas e O Sar.


Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral na industria. Maio de 2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)

   

Táboa cos 15 concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral na industria. Maio de 2025
Unidade: porcentaxe
Espazo Datos
Carballeda de Valdeorras 39,0
Valga 33,1
Catoira 32,4
Pontecesures 31,0
Dodro 29,1
Piñor 27,2
Salceda de Caselas 26,8
Cerceda 26,3
Boiro 25,8
Pobra do Caramiñal, A 24,9
Salvaterra de Miño 24,9
Porriño, O 24,6
Rubiá 24,5
Somozas, As 23,8
Padrón 23,8
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)


No que respecta á construción, sobresaen os municipios da zona da Costa da Morte (excepto Corcubión e Fisterra) que, en maio de 2025, presentaban porcentaxes de afiliacións na construción superiores á media galega (7,4%); en Cabana de Bergantiños, por exemplo, esta porcentaxe acada o 18,3%.

Por outra banda, na meirande parte dos municipios do sur de Ourense e algúns do oeste da provincia o peso da construción tamén é superior á media galega; de feito, Gomesende é un dos concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións no sector da construción, cun 18,3% das afiliacións totais rexistradas en maio de 2025.

Outro dos concellos galegos cun elevado peso da construción é Cabanas, na comarca do Eume, cun 21,6% de persoas afiliadas neste sector.


Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral na construción. Maio de 2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)

   

Táboa cos 15 concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral na construción. Maio de 2025
Unidade: porcentaxe
Espazo Datos
Cabanas 21,6
Gudiña, A 19,2
Cabana de Bergantiños 18,3
Gomesende 18,3
Coristanco 18,0
Vimianzo 17,9
Ribeira de Piquín 17,1
Pontedeva 16,2
Laxe 16,1
Xunqueira de Ambía 15,5
Dumbría 15,4
Zas 15,3
Carballo 15,2
Malpica 14,8
Ramirás 14,6
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)


Para rematar, o sector servizos amosa un maior peso nos sete grandes concellos e nos seus municipios limítrofes. Entre eles, cabe destacar os concellos de Santiago de Compostela e da Coruña, onde máis do 85% das afiliacións existentes a finais de maio de 2025 correspondían ao sector servizos.


Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral nos servizos por concellos. Maio de 2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)

   

Táboa cos 15 concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral nos servizos. Maio de 2025
Unidade: porcentaxe
Espazo Datos
Santiago de Compostela 87,4
Coruña, A 85,4
Ames 83,9
Lugo 83,2
Oleiros 83,0
Pontevedra 81,6
Sada 80,9
Ourense 80,8
Teo 80,7
Mondariz-Balneario 80,6
Culleredo 80,5
Monforte de Lemos 79,6
Cambre 79,4
Avión 79,3
Vigo 79,3
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)


6. Afiliacións á Seguridade Social por seccións de actividade


No apartado anterior analizamos o peso de cada sector de actividade en Galicia e nos concellos que a conforman. Na meirande parte destes, o sector servizos é o que aglutina a maior parte dos traballadores e das traballadoras afiliadas á Seguridade Social. Agora ben, e aínda que o sector servizos sexa preponderante, no apartado anterior comprobamos que a estrutura porcentual varía dun concello a outro e difire da galega: hai concellos onde o sector primario ten máis peso que na media galega; outros nos que é o sector industrial o que presenta porcentaxes máis altas, a construción ou o sector servizos. No caso das comarcas repítese esta peculiaridade: a estrutura por sectores da comarca difire da galega.

Tomando como referencia o Índice de especialización produtiva calculado no marco da operación Produto interior bruto municipal, elaborouse un índice de especialización laboral partindo da información das afiliacións á Seguridade Social por ramas de actividade e comarca de residencia. Este indicador resulta de dividir o peso de cada rama na afiliación total da comarca entre o peso desa mesma rama na afiliación total de Galicia. A rama de especialización laboral da comarca será aquela na que se rexistre o indicador máis elevado.

Como se observa no mapa de abaixo, no que aparece representado o índice de especialización laboral de cada comarca no mes de maio, boa parte da provincia de Lugo, a Costa da Morte, o interior da provincia da Coruña e algunhas comarcas de Ourense están especializadas no sector primairo.

As comarcas onde se localizan os sete grandes concellos galegos, a excepción de Vigo, Ferrol e Ourense, están especializadas no sector servizos, ao igual que a comarca da Baixa Limia e a de Verín.

As comarcas de Ferrol e Vigo están especializadas, pola súa parte, na rama da fabricación de material de transporte e grandes reparacións industriais. Tamén esta é a rama de especialización laboral das comarcas da Paradanta e O Morrazo.

Hai tres comarcas con especialización produtiva na rama da enerxía, subministración de auga e xestión de residuos (Terra de Trives, Ordes e o Eume); tres están especializadas na industria agroalimentaria (O Ribeiro, O Salnés e O Barbanza).

A industria da madeira, papel e mobles sobresae nas comarcas de Betanzos, Tabeirós-Terra de Montes, Terra de Celanova e O Carballiño; as industrias extractivas e fabricación doutros produtos minerais non metálicos dán traballo a unha parte importante da poboación ocupada residente nas comarcas de Ortegal, Quiroga, Valdeorras, O Baixo Miño e O Condado.

A especialización laboral das comarcas ten moito que ver coa estrutura produtiva. De feito, se se compara o mapa de abaixo co que amosa a especialización produtiva comarcal en termos de Valor Engadido Bruto (VEB), obsérvanse as similitudes entre ambos. Con todo, tamén aparecen diferenzas que poden ter que ver, entre outros, con:


Especialización laboral por comarca de residencia. Maio de 2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada