Principais resultados

     Gráfico coa evolución da variación neta do parque de vivendas. Galicia

Fonte: IGE. Construción de edificios (descarga da táboa)

1 Licenzas e edificios

Para interpretar os datos, cómpre distinguir entre licenzas, edificios e vivendas.

A licenza é a autorización municipal para realizar unha obra maior; pode afectar a un ou varios edificios (residenciais ou non residenciais) ou referirse a locais. As vivendas son as unidades residenciais que se prevé crear, rehabilitar ou demoler como resultado desas actuacións.

Por iso, o número de licenzas, edificios e vivendas non ten por que coincidir.

En xullo de 2026 contabilizáronse 357 licenzas de obra en Galicia, un 1,4% máis que no mesmo mes de 2025. No acumulado xaneiro-xullo de 2026 rexistráronse 2.397 licenzas, un 5,8% máis que no mesmo período do ano anterior.

Licenzas e edificios segundo actuación. Galicia
Unidade: Número, porcentaxe
Indicador Xullo 2026 Variación interanual Acumulado Xaneiro-Xullo 2026 Variación interanual do acumulado
Licenzas totais 357 1,4 2.397 5,8
Edificios de nova planta 170 -15,4 1.146 -10,8
Edificios a rehabilitar 192 6,1 1.251 10,9
Edificios a demoler 22 15,8 215 52,5
Fonte: IGE. Construción de edificios (descarga da táboa)

En xullo de 2026, 183 concellos non concederon ningunha licenza de obra.

2 Vivendas

As licenzas concedidas en xullo de 2026 prevén a creación de 521 vivendas de nova planta, un 55,5% máis que un ano antes, e de 129 vivendas mediante rehabilitación, un 21,7% máis. A variación neta do parque de vivendas1 sitúase en 626 vivendas.

No acumulado xaneiro-xullo de 2026, as licenzas concedidas prevén a creación de 2.267 vivendas de nova planta, un 10,9% menos que no mesmo período de 2025, e de 846 vivendas mediante rehabilitación, un 31,2% máis. As vivendas a crear mediante rehabilitación representan o 27,2% do total previsto, fronte ao 20,2% no mesmo período de 2025. A variación neta do parque sitúase en 2.935 vivendas, un 4,5% menos que un ano antes.



Vivendas segundo actuación. Galicia
Unidade: Número, porcentaxe
Indicador Xullo 2026 Variación interanual Acumulado Xaneiro-Xullo 2026 Variación interanual do acumulado
Vivendas a crear en nova planta 521 55,5 2.267 -10,9
Vivendas a crear en rehabilitación 129 21,7 846 31,2
Vivendas a demoler 24 200,0 178 54,8
Variación neta do parque de vivendas 626 44,6 2.935 -4,5
Fonte: IGE. Construción de edificios (descarga da táboa)

3 Distribución territorial de vivendas de nova planta

As vivendas de nova planta previstas en xullo de 2026 presentan unha elevada concentración territorial. Por provincias, Pontevedra (257 vivendas) e Lugo (157) concentran o 79,5% do total previsto. Entre os concellos, Cervo (130 vivendas), Sanxenxo (105) e Ponteareas (49) reúnen o 54,5% do total previsto en Galicia.


                         Fonte: IGE. Construción de edificios (descarga da táboa)

                         Fonte: IGE. Construción de edificios (descarga da táboa)



4 Notas metodolóxicas

A operación estatística Construción de edificios ofrece información sobre as licenzas de obra maior que conceden os concellos de Galicia. O colectivo de informantes constitúeo o conxunto dos promotores inmobiliarios e/ou técnicos colexiados que asinan os proxectos de edificación.

A estatística ofrece información sobre o número de edificacións de nova planta a construír (con distinción de se se trata de edificios residenciais ou non residenciais), a rehabilitar e a demoler. Tamén informa sobre as vivendas de nova planta ás que darán lugar as novas edificacións, o número de vivendas creadas en rehabilitación e a demoler, así como da variación neta do parque de vivendas.

5 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Construción de edificios.


  1. variación neta do parque de vivendas calcúlase como a suma do número de vivendas a crear en nova planta e o de vivendas a crear en rehabilitación, menos o número de vivendas a demoler.↩︎