Principais resultados

     Gráfico coa evolución da variación neta do parque de vivendas. Galicia

Fonte: IGE. Construción de edificios (descarga da táboa)

1 Licenzas e edificios

Para interpretar os datos, cómpre distinguir entre licenzas, edificios e vivendas.

A licenza é a autorización municipal para realizar unha obra maior; pode afectar a un ou varios edificios (residenciais ou non residenciais) ou referirse a locais. As vivendas son as unidades residenciais que se prevé crear, rehabiliar ou demoler como resultado desas actuacións.

Por iso, o número de licenzas, edificios e vivendas non ten por que coincidir.

En xuño de 2026 contabilizáronse 370 licenzas de obra en Galicia, un 1,1% menos que no mesmo mes de 2025. No acumulado xaneiro-xuño de 2026 rexistráronse 2.040 licenzas, un 6,6% máis que no primeiro semestre do ano anterior.

En canto aos edificios, en xuño de 2026 diminuíron os de nova planta e aumentaron os destinados a rehabilitación e demolición. A mesma pauta mantense no conxunto do primeiro semestre de 2026.

Licencias e edificios segundo actuación. Galicia
Unidade: Número, porcentaxe
Indicador Xuño 2026 Variación interanual Acumulado Xanerio-Xuño 2026 Variación interanual do acumulado
Licencias totais 370 -1,1 2.040 6,6
Edificios de nova planta 186 -17,0 976 -10,0
Edificios a rehabilitar 186 12,0 1.059 11,8
Edificios a demoler 49 75,0 193 58,2
Fonte: IGE. Construción de edificios (descarga da táboa)

En xuño de 2026, 193 concellos non concederon ningunha licenza de obra.

2 Vivendas

As licenzas concedidas en xuño de 2026 prevén a creación de 453 vivendas de nova planta, un 8,1% máis que un ano antes, e de 138 vivendas mediante rehabilitación, un 40,8% máis. A variación neta do parque de vivendas1 sitúase en 555 vivendas.

No primeiro semestre de 2026, as vivendas de nova planta diminuíron un 20,9% e as creadas mediante rehabilitación aumentaron un 33,0%. Estas últimas representaron o 29,1% das vivendas previstas a crear, fronte ao 19,6% no mesmo período de 2025. A variación neta do parque de vivendas sitúase en 2.309 vivendas, un 12,5% menos ca un ano antes.



Vivendas segundo actuación. Galicia
Unidade: Número, porcentaxe
Indicador Xuño 2026 Variación interanual Acumulado Xanerio-Xuño 2026 Variación interanual do acumulado
Vivendas a crear en nova planta 453 8,1 1.746 -20,9
Vivendas a crear en rehabilitación 138 40,8 717 33,0
Vivendas a demoler 36 44,0 154 43,9
Variación neta do parque de vivendas 555 12,8 2.309 -12,5
Fonte: IGE. Construción de edificios (descarga da táboa)

3 Distribución territorial da obra nova

As vivendas de obra nova previstas en xuño de 2026 presentan unha elevada concentración territorial. Por provincias, Lugo (206 vivendas) e Pontevedra (182) concentran o 85,7% do total previsto. Entre os concellos, Lugo (115 vivendas), Vilagarcía de Arousa (107) e Monforte de Lemos (70) reúnen o 64,5% do total previsto en Galicia.


                         Fonte: IGE. Construción de edificios (descarga da táboa)

                         Fonte: IGE. Construción de edificios (descarga da táboa)



4 Notas metodolóxicas

A operación estatística Construción de edificios ofrece información sobre as licenzas de obra maior que conceden os concellos de Galicia. O colectivo de informantes constitúeo o conxunto dos promotores inmobiliarios e/ou técnicos colexiados que asinan os proxectos de edificación.

A estatística ofrece información sobre o número de edificacións de nova planta a construír (con distinción de se se trata de edificios residenciais ou non residenciais), a rehabilitar e a demoler. Tamén informa sobre as vivendas de nova planta ás que darán lugar as novas edificacións, o número de vivendas creadas en rehabilitación e a demoler, así como da variación neta do parque de vivendas.

5 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Construción de edificios.


  1. variación neta do parque de vivendas calcúlase como a suma do número de vivendas a crear en nova planta e o de vivendas a crear en rehabilitación, menos o número de vivendas a demoler.↩︎