Matemáticas. Probabilidade |
| Total | Homes | Mulleres | |
| Galicia | 2.714.741 | 1.306.827 | 1.407.914 |
A partir desta táboa a probabilidade de home calcúlase dividindo o número de homes (casos favorables) entre a poboación total (casos posibles).
Probabilidade (Home) = Homes/Poboación total = 1.306.827/2.714.741 = 0,48
Polo tanto, podemos concluír que preto da metade da poboación galega é masculina.
Os sucesos "Home" e "Muller" son contrarios, polo tanto podemos calcular:
Probabilidade (Muller) = 1-0,48 = 0,52

Para calcular esta porcentaxe necesitamos saber a poboación de Galicia segundo o seu lugar de nacemento. Para isto observa a táboa que se presenta a continuación:
| 2025 | |
| Total | 2.714.741 |
| No concello de residencia | 1.405.812 |
| Noutro concello da mesma provincia | 639.152 |
| Noutra provincia de Galicia | 178.041 |
| Noutra comunidade autónoma | 159.701 |
| No estranxeiro | 332.035 |
A partir desta información, a porcentaxe de residentes galegos que naceron no estranxeiro calcúlase dividindo o número de estranxeiros (casos favorables) entre a poboación total (casos posibles)
Porcentaxe de galegos que naceron no estranxeiro = Persoas que naceron no estranxeiro/Poboación total x 100= 332.035/ 2.714.741 x 100 = 12,2%
Polo tanto, algo máis do 12% da poboación que reside habitualmente en Galicia naceu no estranxeiro.

Para calcular esta porcentaxe necesitamos saber a poboación de Galicia segundo o seu lugar de nacemento e o xénero. Para isto observa a táboa que se presenta a continuación:
| Total | Homes | Mulleres | |
| Total | 2.714.741 | 1.306.827 | 1.407.916 |
| No concello de residencia | 1.405.812 | 689.050 | 716.762 |
| Noutro concello da mesma provincia | 639.152 | 302.047 | 337.105 |
| Noutra provincia de Galicia | 178.041 | 81.810 | 96.231 |
| Noutra comunidade autónoma | 159.701 | 78.476 | 81.225 |
| No estranxeiro | 332.035 | 155.444 | 176.591 |
A partir da táboa anterior pódese calcular a porcentaxe de persoas estranxeiras que son mulleres. Esta porcentaxe obtense dividindo o número de estranxeiras entre o total de poboación estranxeira:
Porcentaxe de estranxeiras mulleres = Mulleres estranxeiras/Total estranxeiros x 100= 155.444/ 332.035 x 100 = 53,2%
Polo tanto, na poboación residente en Galicia e que naceu no estranxeiro, encontramos unha maior porcentaxe de mulleres que de homes.

Temos H="Home", M="Muller", E="Naceu no estranxeiro", Ec="Non naceu no estranxeiro"
A probabilidade que nos piden é:
P(E/M)
Os datos cos que contamos polo momento son:
P(H)= 0,48 , P(M)= 1-P(H)= 0,52, P(E)=0,12, P(M/E)=0,53, P(H/E)=1-P(M/E)=0,47
Se aplicamos a definición de probabilidade condicionada, temos que:
P(E/M) = P(M ∩ E)/P(M) = P(M/E).P(E)/P(M) = 0,53 x 0,12/0,52 = 0,12
Hai polo tanto un 12% de posibilidades de que a muller elixida sexa estranxeira.

Pídennos agora a probabilidade de que se non naceu no estranxeiro sexa home; é dicir: P(H/Ec)
Observa en primeiro lugar o gráfico de árbore que aparece a continuación:
Polo momento non coñecemos nin a P(H/Ec) (x) nin a P(M/Ec) (1-x)
Por outra parte, segundo a lei das probabilidades totales temos:
P(H)=P(E).P(H/E)+P(Ec).P(H/Ec)
Na expresión anterior coñecemos todos as probabilidades menos a P(H/Ec), que é a que queremos calcular:
¡Recorda que a P(H) segundo calculamos no primeiro apartado é 0,48!.
Polo tanto:
0,48=0,12 x 0,47 + 0,88x P(H/Ec)
P(H/Ec)= (0,48-0,04)/0,88 = 0,48
É dicir, hai un 48% de posibilidades de que a persoa elixida sexa home.
Podes contestar ás preguntas formuladas na actividade cos datos da túa provincia e co último ano dispoñible que podes atopar na ligazón que aparece ao principio desta páxina.
Ademais, podes tratar de responder ás seguintes preguntas: